29/11/06

Novidades para decembro

Moita xente segue a preguntar cando volverá o Cineclube Padre Feijoo á actividade. De momento, as cousas seguen como estaban (este artigo, por exemplo, dá unha certa idea do que ocorre), e só podemos ir facendo actividade testemuñal mentres sigamos sen local de proxección. Iso si, podemos ir adiantando que en decembro teremos outro mini-ciclo de tres películas (cun extra moi interesante), do cal daremos información en breve, nesta mesma páxina.
Publicar un comentario