26/10/10

Charla sobre cinema con Pepe Coira

Esta é a nota de prensa enviada hoxe aos medios (se queres recibir información sobre as actividades do Cineclube, únete ao grupo de correo en http://groups.google.es/group/cineclubepf ou a través de Facebook)


CHARLA SOBRE CINEMA
CON PEPE COIRA

Este
xoves, 28 de outubro, ás 20:15 h, o Cineclube Padre Feijoo, en colaboración coa Federación de Cineclubes de Galicia, desenvolverá unha charla aberta con baixo o título de Pepe Coira«As catro vidas dunha película». A súa charla tratará sobre a produción e a distribución cinematográfica. O acto será no café Grândola (praza de San Marcial, esquina coa rúa Liberdade, no casco histórico de Ourense). A entrada é libre e gratuíta.

As catro vidas dunha película
é o libro escrito por Pepe Coira, produtor, crítico e xornalista cinematográfico. Foi vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual, e director do CGAI desde 1990 até 1997. Profesor da entre 1997 e 2000, dirixiu a área de desenvolvemento de proxectos na Escola de Imaxe e Son da CoruñaProdutora NTR (Video Voz) entre 2001 e 2006. Foi produtor executivo e editor de guión en series como Mareas vivas, Terra de Miranda ou As leis de Celavella. É autor dos libros As catro vidas dunha película (1995) e Antonio Román. Director de cine (1999). Realizou a tradución ao galego do libro de Robert Bresson Notas sobre o cinematógrafo. Foi un dos coordinadores do Diccionario do cine en Galicia 1896-2000 (2002) e colaborou no Libro branco da Cinematografía e Artes Visuais en Galicia (2004). Na actualidade traballa para a produtora Filmax como responsábel de desenvolvemento, e é profesor de Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo.
Publicar un comentario