01/02/11

‘Somers Town’













Febreiro, o mes do Cine Británico en VOS
O Cineclube Padre Feijóo e mais o Festival de Cine de Ourense celebran o éxito de asistencia ás proxeccións de Cine Social no mes de xaneiro, nas que o cartel de aforo completo foi unha constante, e só queda lamentar non dispor de máis espazo para os espectadores.

Co cambio de mes, cambiamos tamén de ciclo: a programación de febreiro é unha escolla de catro películas con denominación de orixe Reino Unido:
Somers Town, de Shane Meadows, este mércores, seguida dos títulos In The Loop, London River e Tamara Drewe os vindeiros mércores de mes no Cinebox e en dobre pase: ás 20:30 e ás 23:00h. Podes descargar o cartel do mes aquí.
Publicar un comentario