29/03/11

Mediametraxes e ‘El concierto’



Ciclo CINE e MÚSICA:

[martes 29 de marzo | Campus de Ourense | 19:00 h | de balde]

• REVOLUTION, de Mayckell Pedrero. Cuba 2010. 50'. Radiografía do movemento hip hop cubano.
• SIXTY TOLOS, de Xaime Fandiño. Galiza 2009. 61'. Os anos da movida ye-yé en Vigo.


[mércores 30 de marzo | Cinebox | 20:30 + 23:00 h | 4 €]

• EL CONCIERTO, de Radu Mihaileanu. Francia 2009. 119'.
Sinopse: Tres décadas despois de ser represaliado por non despedir os seus músicos xudeus, o director da orquestra de cámara do teatro Bolshoi decide revivir épocas pasadas cun concerto en París. Un canto á tolerancia e á diversidade por medio da música narrado en tono de comedia.


O tríptico coa programación completa até o mes de xuño pode descargarse AQUÍ.

15/03/11

‘I'm Not There’


Máis información, aquí.

01/03/11

Programación de marzo: ciclo especial Cine e Muller

Para celebrar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Concellería de Igualdade súmase á programación conxunta de OUff e Cineclube Padre Feijoo ofrecendo un especial Cine e Muller: filmes que falan da muller en diferentes lugares do mundo, como Exipto, América Latina ou España.

[Hora e Lugar] Os pases serán no horario habitual, 20:30 e 23:00 horas, no Cinebox. (Inicialmente estaba previsto unha soa sesión, pero a grande afluencia de público obríganos a seguir coa dobre.)


[Entrada] Gratuíta: recollerase na billeteira o mesmo día de cada proxección desde as 17:00 h.


[Martes 1 de marzo]
Mulleres de El Cairo (Dir. Yousry Nasrallah)
134 min. v.o.s.

[Mércores 2 de marzo]
Campo de Batalla (Amancay Tapia) + Luchadoras (Benet Román)
91 min. v.o. castelán

[Xoves 3 de marzo]
Planes para mañana (Juana Macías)
96 min. v.o. castelán


Hoxe: Mujeres de El Cairo