01/04/11

Cine e MITEU: ‘Fausto, o camiño do momento’


O Festival de Cine Internacional de Ourense e o Cineclube Padre Feijóo inician este domingo as proxeccións do programa «Un Espazo de Cine» do mes de abril. FAUSTO: O CAMIÑO DO MOMENTO, do director romanés Laurentiu Damian, inaugura o ciclo «Cine e MITEU». Para adaptar a programación deste mes á da MITEU, a proxección será este domingo, 3 de abril no Auditorio ás 20:30 horas, e terá un prezo de 2 €.
Publicar un comentario