14/06/11

‘RIP! A Remix Manifesto’




Mércores 15 de xuño | 20:30 e 23:00 horas | Cinebox | 4,00 eur (reducida para estudantes con carné universitario e maiores de 65 anos) | V. O. S. galego

O primeiro semestre do Espazo de Cinema chega á súa fin con RIP! A Remix Manifesto, terceira e última proposta do ciclo Docuficción. A fita canadiana, dirixida por Brent Gaylor, traza pasado, presente e futuro dos conceptos de propiedade intelectual, copyright e copyleft, orixinalidade, creatividade e, en última instancia, cultura. RIP! ... é o resultado de seis anos de traballo en que se mesturan obras de diversos autores (tanto música coma imaxe) para dar lugar á primeira película mash-up da historia. Pódese ver o tráiler aquí.

Máis información, aquí.

07/06/11

‘I'm Still Here’

Mércores 8 de xuño | 20:30 + 23:00 horas | Cinebox | 4€ | V. O. S.

Unha das películas que xerou máis expectativas ao longo de 2010, tanto pola propia evolución do seu protagonista, Joaquin Phoenix, como pola dúbida que deixou no ar. I’m Still Here é a película que Festival de Cine Internacional de Ourense e Cineclube Padre Feijoo ofrecen este mércores dentro do ciclo Docuficción. Dirixida por Casey Affleck, trátase dun mockumentary ou falso documental que amosa un ano tumultuoso na vida de Joaquin Phoenix desde que anunciou publicamente, en outono de 2008, que abandonaba a súa carreira cinematográfica para reinventarse como músico de hip hop.
A cita é mañá, mércores 8 de xuño nos Cinebox en dobre pase de 20:30h e 23:00 h, cunha entrada a 4 euros (reducida para estudantes con carné universitario e maiores de 65 anos).

Máis información, aquí.