04/11/11

Encontro de Cineclubes

O vindeiro fin de semana; 5-6 de novembro, o cineclube, xunto coa Federación de Cineclubes de Galicia, programamos o Encontro de cineclubes, que xuntará a cineclubes de todo Galicia, Portugal e unha representación da Federació de cineclubs de Catalunya. O programa é como se detalla a continuación.

Día 5 (sábado)

10’00 h: Recollida acreditacións e material para o mercadillo

10’00-14’00 h: Mercadillo de libros, filmes, e merchandising.

11’00 h: Inauguración oficial

11’30 h: Mesa redonda: Debate sobre a situación actual dos cineclubes e a distribución do cine de autor e independente. (Interveñen Julio Lamana da Federació Catalana de Cineclubs, un representante da Federación Portuguesa de Cineclubes, e Manuel Precedo da Federación de Cineclubes de Galicia)

13’45 h: Pausa para o xantar

16’00 h: Proxección “La vida útil” (2010 Uruguai)

-Director: Federico Veiroj

-Premios: (BAFICI 2011: Mellor Actor (Jorge Jellinek), Valdivia 2010: Mellor Director, seleccionada por Uruguai, aos Óscar 2010)

-Guión: Inés Bortagaray, Gonzalo Delgado, Arauco Hernández Holz, Federico Veiroj

-Música:Leo Masliah, Macunaima, Eduardo Fabini

-Fotografía: Arauco Hernández Holz

-Reparto:Jorge Jellinek, Manuel Martinez Carril, Paola Venditto

-Sipnose: Jorge ten 45 anos, vive cos seus pais e traballa nunha cinemateca desde fai 25 anos. Desempeña tareas técnicas, de programación, e conduce un programa de radio sobre cine. A cinemateca está nunha situación cada vez máis crítica e Jorge, que nunca traballou fora do cine, se queda sen emprego. “A vida útil” conta como Jorge debe mudar o seu modo de ser para adaptarse a un mundo novo. Talvez, despois de todo, o cine o axude a sobrevivir...

La vida útil referencia o oficio do propio cine, é dicir unha metaficción, unha idea de revalorizar o cine nunha ficción”

17’30 h: Conferencia “As catros partes dun filme: a distribución cinematográfica” Pepe Coira.

-Produtos, crítico e xornalista cinematográfico, ex-vicepresidente da Axencia Galega do Audiovisual e ex-director do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI).

19’00 h: Proxección “ The trap” -Klopka- (2007 Serbia)

-Director: Srdan Golubovic

-Guión:Melina Pota Koljevic, Srdjan Koljevic, Nenad Teofilovic

-Música:Mario Schneider

-Fotografía: Aleksandar Ilic

-Reparto:Nebojsa Glogovac, Natasa Ninkovic, Miki Manojlovic, Anica Dobra, Bogdan Diklic, Vuk Kostic, Vojin Cetkovic, Dejan Cukic

-Sipnose: No Belgrado da posguerra conviven as formas novas e vellas de corrupción, e a distancia entre os ricos e os pobres faise cada vez maior. Belgrado loita por encontrar a súa identidade, cuxo turbulento e recente pasado deixou a moitos nun deserto moral e existencial. Neste contexto sitúase no fogar de Mladen, a súa esposa Marija e o seu fillo Nemanja. Cando a Nemanja selle diagnostica unha seria afección cardíaca, e os médicos insisten en que sexa operado no extranxeiro.

"Dosifica a súa trama con maestría (...) Manojlovic realiza unha das composicións máis memorables nun filme excelente" (Jordi Costa: Diario El País)

20:45: Pausa para a cea.

22’00 h: Concerto “Ondas Martenot”, no Café Cultural Auriense (Praza Correxidor,11)

-Formación integrada por Amil, Antón “Papaqueixos”, Cristina (O sonoro Maxín), e Leo “Arremecaghona”, que tributa unha homenaxe musical ao poeta Lois Pereiro, coas cancións das que gostaba; Lou Reed, Parálisis permanente, Radio océano, The doors,etc.

Día 6 (domingo)

11’00 h: Proxección “La chica que saltaba a través del tiempo” (2006 Xapón)

-Director: Mamoru Hosoda

-Premios:Festival de Sitges 2006: Mellor filme de animación

-Guión:Satoko Okudera (Novela: Yasutaka Tsutsui)

-Música:Kiyoshi Yoshida

-Fotografía: Animación

-Reparto:Animación

-Sipnose: O tempo do instituto é un dos máis entrañables durante a adolescencia. Para a xove Makoto e os seus amigos Chiaki e Kosuke é realmente importante pasalo ben xuntos tanto tempo como poidan, xogando ao béisbol despois da clase, xa que os tres están a piques de subir de grao e ao ano seguinte talvez non sigan xuntos. Pero un día, Makoto recibe un peculiar don: a capacidad de ir cara atrás no tempo dando brincos xigantes. Makoto usará esta habilidade para evadir os problemas e alongar a súa diversión

"Divertida e creativa ...(Ty Burr: Boston Globe)

12’00-14’00 h: : Mercadillo de libros, filmes, e merchandising.

13’00 h: Presentación da carta dos dereitos dos espectadores, e das conclusións do encontro.

13’45 h: Pausa para xantar

16’00 h: Proxección “Animal Kingdom” (2010 Australia)

-Director: David Michôd

-Premios:Sundance 2010: Premio do xurado ao mellor filme internacional. Nominada á mellor actriz secundaria nos Óscar 2010 (Jacki Weaver)

-Guión:David Michôd

-Música:Antony Partos

-Fotografía: Adam Arkapaw

-Reparto:Ben Mendelsohn, Joel Edgerton, Guy Pearce, Luke Ford, Jacki Weaver, Sullivan Stapleton, James Frecheville, Dan Wyllie, Anthony Hayes

-Sipnose: Trala morte da súa nai, Joshua “J” Cody, ten que trasladarse a casa da súa avoa Janine, que vive en Melbourne cos seus tres fillos, Andrew, Darren e Craig, todos implicados en negocios ilegais. Inevitablemente, o rapaz mestúrase nos turbios asuntos dos seus tíos, sobre todo cando se produza un enfrontamento entre os seus familiares e as autoridades locais, situación que provocará unha serie de asasinatos a sangue fría.

"Vibrante (...) é imposible prever o que sucederá ao final de cada escea. (...) verosimilitude brutal e nada efectista ... (Federico Marín Bellón: Diario ABC)

18’00 h: Proxección “Inside Job” (2010 EE.UU)

-Director: Charles Ferguson

-Premios:Oscar 2010: Mellor película documental

-Guión:Charles Ferguson

-Música:Alex Heffes

-Fotografía: Kalyanee Mam, Svetlana Cvetko

-Reparto: Documental ( Con entrevistas, entre outros/-as a; Barney Frank, Charles Morris, Daniel Alpert, Dominique Strauss Kahn, Glenn Hubbard, Eliot Spitzer, George Soros, Christine LaGarde,etc.)

-Sipnose: Documental non só sobre as causas, senón tamén sobre os responsables da crise económica mundial de 2008, que signíficou a ruina de millóns de persoas que perderon os seus fogares e empregos, e que, ademáis, provocou a inestabilidade económica dos países desenvoltos. Ao través dunha extensa investigación e de entrevistas a financeiros, políticos e xornalistas, amósase o auxe de empresarios sen escrúpulos e a degradación da política e a educación.

"A perpetua historia da infamia. (...) o contado provoca estupor e anguría; o final pon os pelos de punta" (Carlos Boyero: Diario El País)


Todas as actividades son no Auditorio Municipal de Ourense(Rúa da Canle,2), agás o conerto tributo a Lois Pereiro, que é no Café cultural Auriense (Praza do Correxidor,11). O aforo reservado aos cineclubes participantes é de 55 prazas, sendo o resto (154) de libre acceso. Prégase, en razón do respecto aos espectadores, PUNTUALIDADE no acceso ás proxeccións, porque non se permitirá a entrada, unha vez comenzada a sesión.




Publicar un comentario