26/04/12

Os imperdibles

Este mes de maio, o adicamos a recuperar aqueles filmes, que por unha causa ou outra, non puideron programarse nalgún dos ciclos anteriores, e porque queremos que non se perdan no esquencemento.


As proxeccións, serán no Cinebox (Centro c. Pontevella), todos os mércores -en sesións ás 18:00, 20:30 e 23 h.-



ATENTOS, 
non descansamos entre os festivos deste mes!



Este é o detalle da programación:

  • 2 de maio de 2012
SOMEWHERE

(EE.UU, 2010)

Dirección: Sofia Coppola | Guión: Sofia Coppola | Música: Phoenix | Fotografía: Harris Savides | Reparto: Stephen Dorff, Elle Fanning, Chris Pontius, Michelle Monaghan, Kristina Shannon, Karissa Shannon, Alden Ehrenreich, Lala Sloatman | Productora: Focus Features / Pathé / Medusa Film / Tohokushinsha / American Zoetrope | Web: http://www.somewherethemovie.com | Formato:35 mm | Xénero: drama , comedia e cine dentro de cine | Duración: 98 min. | V.O.S.

Premios:
2010: Festival de Venecia: León de Ouro - mellor película
2010: NBR - National Board of Review: Premio logro especial (Sofia Coppola)

Sipnose: 
Johnny Marco (Stephen Dorff) é un actor de grande sona, cuxa vida de excesos e luxo muda por completo cando, sen previo aviso, se presenta a súa filla de once anos (Elle Fanning), froito dun matrimonio fracasado.

  • 9 de maio de 2012
SHAME
(Reino Unido, 2011)

Dirección: Steve McQueen | Guión: Steve McQueen, Abi Morgan | Música: Harry Escott | Fotografía: Sean Bobbitt | Reparto: Michael Fassbender, Carey Mulligan, James Badge Dale, Nicole Beharie, Jake Richard Siciliano, Hannah Ware, Alex Manette, Chris Miskiewicz, Jay Ferraro, Anna Rose Hopkins, Eric Miller | Productora: Film4 / UK Film Council / See-Saw Films | Formato:35 mm | Xénero: Drama, erótico | Duración: 99 min. | V.O.S.

Premios
2011: Festival de Venecia: Copa Volpi ao Mellor actor (Fassbender), Premio FIPRESCI
2011: Festival de Sevilla: Mellor director, mellor actor (Michael Fassbender) (ex-aequo)

Sipnose:
Brandon (Michael Fassbender) é un trintañeiro neoiorquino con serios problemas para controlar e gozar da súa vida sexual. Pasa o día mirando páxinas pornográficas e mantendo contactos con solteiras de Manhattan...

  • 16 de maio de 2012
KYNODONTAS 
(CANINO)
(Grecia, 2009)

Dirección: Giorgos Lanthimos | Guión: Efthymis Filippou, Giorgos Lanthimos | Música:Varios | Fotografía: Thimios Bakatatakis | Reparto: Christos Stergioglou, Michelle Valley, Aggeliki Papoulia, Mary Tsoni, Hristos Passalis, Anna Kalaitzidou | Productora: Boo Productions / Greek Film Center / Horsefly Productions | Formato:35 mm | Xénero: Comedia negra, drama psicolóxico, adolescencia| Duración: 94 min. | V.O.S.


Premios
2009: Cannes: Premio "Unha certa mirada" (Un certain regard)

Sipnose: 
Un matrimonio con tres fillos vive nunha mansión nos arredores da cidade. Os rapaces nunca saíron da casa, son educados consonte os métodos que os seus pais xulgan máis apropiados e sen recibir ningunha influencia do exterior.

  • 23 de maio de 2012
LA GUERRE EST DÉCLARÉE 
(DECLARACIÓN DE GUERRA)
(2011, Francia)


Dirección: Valérie Donzelli | Guión: Valérie Donzelli, Jérémie Elkaïm | Música: Pascal Mayer| Fotografía: Sébastien Buchmann | Reparto: Valérie Donzelli, Jérémie Elkaïm, Gabriel Elkaïm, César Desseix, Brigitte Sy, Elina Löwensohn, Michèle Moretti, Phillipe Laudenbach, Bastien Bouillon, Béatrice de Staël, Anne Le Ny, Frédéric Pierrot | Productora: Wild Bunch Distribution / Rectangle Productions | Formato:35 mm | Xénero: Drama | Duración: 100 min. | V.O.S.

Premios:
2011: Festival de Xixón: Mellor película (ex-aequo), actriz (Donzelli) e actor (Jérémie Elkaïm)

Sipnose: 
Unha parella, Roméo e Juliette. Un neno, Adam. Un combate, a enfermidade. E, sobre todo, unha grande historia de amor...

  • 30 de maio de 2012

CIRKUS COLUMBIA
(2010, Bosnia / Herzegovina)

Dirección: Danis Tanovic | Guión: Danis Tanovic (Novela: Ivica Djikic) | Fotografía: Walther van den Ende | Reparto: Miki Manojlovic, Boris Ler, Mira Furlan, Jelena Stupljanin, Mario Knezovic, Milan Strljic, Svetislav Goncic, Almir Mehic, Ermin Bravo, Mirza Tanovic | Productora: Coproducción Bosnia-Herzegovina-Francia-Reino Unido-Alemaña-Eslovenia-Bélxica-Serbia; 2006 / Art & Popcorn / Asap Films / Autonomous / Man's Films / Razor Film Produktion GmbH / Studio Maj | Formato:35 mm | Xénero: Drama, guerra de Bosnia | Duración: 113 min. | V.O.S.

Premios
2010: Laranxa de ouro, mellor filme de lingua extranxeira; Antalya Golden Orange Film Festival (Turquía)

Sipnose: Bosnia-Herzegovina, 1991. Os comunistas perderon o poder e Divko Buntic volta ao seu pobo a reclamar a casa familiar. Tras vinte anos de exilio en Alemaña, regresa, nun ostentoso “Mercedes” cunha moza moi nova, con Bonny, o gato negro da sorte, e cos petos cheos de marcos alemáns. Utiliza o seu diñeiro e as súas relacións para desafiuzar á forza, á súa ex-esposa Lucija. Ocupados nas actividades cotiás, os habitantes do pobo, non fan caso dos rumores de guerra...


 .................................



Como sempre, vos pedimos PUNTUALIDADE, agradecemos que veñades merendados e que APAGUEDES os teléfonos móbiles.

Tamén nos gostaría moito, que vos atrevérades a presentar algún dos filmes programados, polo que podedes poñervos en contacto, polo correo,facebook, twiter... (tanto ao noso, como o do OUFF)


Por último, e non menos importante, a programación conta co apoio, da Federación de Cineclubes de Galicia, da Axencia galega de industrias culturais da Xunta de Galicia (AGADIC), e da Concellaría de cultura do Concello de Ourense 


Podes aqui ver/descargar cartaz | Folleto e ver o tráiler

(As follas de sala, podes descargalas na Sala de máquinas)
Publicar un comentario