29/11/12

Filmes Seleccionados


Neste ano de records de asistencia e compromiso dos abonados á programación do Cineclube, anímándose incluso a presentar algún dos filmes programados, queríamos antes de que o mundo remate (polo calendario Maia ou polos recortes neoliberais), adicar un ciclo de filmes seleccionados por vós, a modo de agradecemento ou consideración da fidelidade.

Por iso, deste ciclo que vos presentamos; os dous primeiros filmes, son o resultado do inquérito previo ás persoas que presentaron algún dos filmes desta tempada, e o terceiro e último do ciclo (19 de decembro), depende aínda de ti.

Este é o detalle da programación, no que advertimos que, o primeiro filme ten un horario distinto, motivado pola duración. O resto será nos horarios habituais. (No Cinebox, Centro C. Pontevella)

As cotas por sesión, son 4 euros; distinguindo un desconto para xubilados, parados e universitarios con carnet vixente, no que quedaría en tres euros por sesión.

  • mércores 5 decembro 2012

Pases 18 e 21 h.Cinebox Ourense (Atención ao horario deste filme!!! )


R.A.F. Facción do Exército Vermello (Der Baader Meinhof Komplex)

(2008, Alemaña)

Dirección: Uli Edel
Guión: Bernd Eichinger (baseado no libro de Stefan Aust)  
Música: Peter Hinderthür, Florian Tessloff
Fotografía: Rainer Klausmann
Intérpretes: Martina Gedeck, Moritz Bleibtreu, Bruno Ganz, Johanna Wokalek, Alexandra Maria Lara, Nadja Uhl, Jan Josef Liefers
Produtora: Constantin Film
Distribuidora en España: Aurum
Duración: 150 min.
Cor
Formato: 35mm (1.85:1)
Son: DTS
Linguas: Alemán, Inglés, Francés e Sueco (VOS castelán)
Estrea en España: 13/03/2009, en Ourense; 5/12/2012

Premios e mencións

Nominada ao Oscar ,Globo de ouro e BAFTA 2008: Mellor película de fala non inglesa

3 Nominacións Premios do cine europeo 2009, incluíndo actor e premio do público

Sipnose

Alemaña, década dos 70: violentos atentados terroristas sacuden os alicercer da aínda fráxil democracia xermana. Os fillos radicalizados da xeración nazi, dirixidos por Andreas Baader (Moritz Bleibtreu), Ulrike Meinhof (Martina Gedeck) e Gudrun Ensslin (Johanna Wokalek) libran unha guerra mortal contra o que consideran o novo do fascismo: o imperialismo americano respaldado polo goberno alemán. O seu obxectivo é criar unha sociedade máis humana pero, ao empregar medios inhumanos, non só provocan terror e morte, se non que eles mesmos vóltanse inhumanos. O home encargado de darlles caza, o xefe da policía alemana Horst Herold (Bruno Ganz), aínda que no fondo os comprende, sabe que o que representan é a punta dunha iceberg...

(A banda Baader-Meinhof" -ou "Fracción do exército vermello"- foi un movimento armado antisistema fundado nos anos 60. Entre os seus mortais atentados destacan os cometidos contra Hans-Martin Schleyer; o xefe da patronal, e contra Siegfried Buback; o fiscal xeral do estado. Detidos pola policía en 1972, foron atopados mortos nunha cela de seguridade 5 anos despois. A versión oficial foi suicidio. O filme baséase en feitos reais, e representa dun xeito realista a crónica histórica dos anos 70, nunha época de crise e incertidume política)

  • mércores 12 decembro 2012

Pases 18, 20:30 e 23 h. Cinebox Ourense (Horario normalizado)

As neves do Kilimanxaro (Les neiges du Kilimandjaro)

(2011, Francia)

Dirección: Robert Guédiguian
Guión: Robert Guédiguian (Baseado nun poema de Victor Hugo)
Música: Pascal Mayer
Fotografía: Pierre Milon
Intérptetes: Ariane Ascaride, Jean-Pierre Darroussin, Gérard Meylan
Produtora: Agat Films & Cie / Ex Nihilo / France 3 Cinéma
Distribuídora en España: Golem
Duración: 109 min.
Cor
Formato: 35 mm (1.85:1)
Son: Dolby dixital
Lingua: Francés VOS castelán
Estrea en España: 27/04/2012, en Ourense; 12/12/2012

Premios e mencións

Premio do Público e Espiga de Plata na SEMINCI 2011 (Festival de Valladolid)

Nominada á mellor actriz (Ariane Ascaride) nos Premios Cesar 2011 e sección oficial a concurso (sección "Un certain regard") no Festival de Cannes

Sipnose

A pesar de perder o seu traballo, Michel vive feliz con Marie-Claire desde fai trinta anos.

Os seu fillos e netos o enchen de ledicia. Ten amigos moi cercanos. Están orgullosos das súas actividades sindicais e políticas.

As súas conciencias son tan transparentes como as súas miradas. Pero ese benestar salta polos aires cando dous homes armados e enmascarados os golpean, atan e fuxen coas súas tarxetas de crédito.


  • mércores 19 decembro 2012

Pases 18, 20:30 e 23 h. Cinebox Ourense (Horario normalizado)

Proxección sopresa (depende da túa elección)


(Un trhiller ou unha comedia?)

Pistas sobre os filmes opcionais;

A crítica dixo sobre eles...

Opción 1:

"Thriller contemporáneo delicioso. (...) pura e desagradable diversión. (Stephen Holden, The New York Times)

"Thriller apaixoante(Anna Smith, Empire)

Opción 2:

"Espléndidamente fotografada cun tono monocromático que evoca á 'Manhattan' de Woody Allen(Patrick Peters, Empire)

"Romántica comedia, con diálogos brilantes e persoaxes que van medrando en intensidade” (Jordi Batlle, Fotogramas)

..........

Temos un clip que anuncia a programación de decembro, mírao, porque aparecen algunhas imaxes das opcións, e elixe antes do 19 de decembro o filme que descoñeces, pero que... te sorprenderá !!!

Como elexir?

Manda un simple correo, e no asunto pon 1 ou 2, dependendo da túa preferencia. (ollo, no apartado destinatario cumprimentas o noso destino - cineclubepf@gmail.com -, e no asunto do correo, poñes a túa opción. Non contarán nin se abrirán, aqueles correos con ficheiros adxuntos.)

Tamén podes comentar, conquerir máis pistas, e participar, no twiter e no facebook do cineclube. (Búscanos) [ht: #FilmesSeleccionados]

...........


Por último e non menos importante, a programación do Cineclube, conta sempre coa colaboración da Federación de cineclubes de Galicia, (apoiada polo Axencia Galega de Industrias culturais) , e en teoria, coa Concellaría de cultura do Concello de Ourense (que aínda a estas alturas do ano, -finais de novembro de 2012- non resolveu se merecemos ou non, axuda pola programación desenvolta durante todo o ano)
Publicar un comentario