10/01/13

Ciclo de Comedia (I)

Para apurar este ano, cheo de malos augurios, e cunha terminación que non invita ao optimismo, propoñemos vitaminar un pouco, as nosas amargadas vidas por culpa, segurísimo, de quen non vai, ou nunca foi ao cinema.

A programación que temos preparada coa procura de saude, e agarimo necesario para o primeiro trimestre do 2013, proxéctase no Cinebox Ourense, todos os mércores -agás a semana do entroido- en sesións ás 18, 20:30 e 23 horas. (En versión orixinal subtitulada)

Por último antes de detallar a programación que preparamos, advertimos que a pesar da espectacular suba do IVE, e a falta de programas de apoio da Administración, mantemos de momento as mesmas cotas de entrada ás sesións; 4 euros xeral, e 3 euros a cota reducida, (ou sexa os descontos son aplicables a  estudantes universitarios con carné vixente, xubilados e parados).

Este é o detalle do programa;


  • mércores, 16 de xaneiro de 2013
SUBMARINE
(2010, Reino Unido)

Dirección: Richard Ayoade | Guión: Richard Ayoade (Novela: Joe Dunthorne) | Música: Andrew Hewitt (Cancións: Alex Turner) | Fotografía: Erik Wilson | Intérpretes: Craig Roberts, Yasmin Paige, Sally Hawkins, Paddy Considine, Noah Taylor, Darren Evans, Elinor Crawley, Steffan Rhodri, Gemma Chan |

Productora: Coproducción Reino Unido-EEUU; Film4 / Film Agency for Wales / Red Hour Films | Distribuídora: Versus entertaiment | 

Formato disponible exhibición: Blu-Ray | Cor | Duración: 97 min. | Lingua: V.O inglés, con subtítulos en castelán (VOSc)










Premios e mencións:

2011: Premios BAFTA: Nominada ao mellor debut británico 2011: Premios do cine independente británico: Mellor guión. 5 nominacións

Xénero: Comedia dramática. Adolescencia 

Sinopse:

Oliver Tate (Craig Roberts) é un peculiar rapaz de 15 anos que ten dous obxectivos: impedir que a súa nai abandone ao seu pai e atoparse a sí mesmo aínda que sexa ao través dunha moza.

Crítica:

“En ocasións, aproxímase ao emocionante e mordaz sentido da dor e liberdade da xuventude, que captou François Truffaut en < Os 400 golpes > ”
(A. O. Scott, The New York Times)


  • mércores, 23 de xaneiro 2013

THE ANGELS´ SHARE (A PARTE DOS ANXOS)
( 2012, Reino Unido)



Dirección: Ken Loach | Guión: Paul Laverty | Música: George Fenton | Fotografía: Robbie Ryan | Intérpretes: Roger Allam, John Henshaw, William Ruane, Daniel Portman, Paul Donnelly, Lorne MacFadyen, John Joe Hay, Siobhan Reilly, Barrie Hunter, David Goodall, Jim Sweeney, Gary Maitland, Lynsey-Anne Moffat, Finlay Harris, Nick Farr, Scott Kyle, Jasmine Riggins, Gordon Taylor, David Graham, Roderick Cowie, Fernando Velasquez, Robert J. Goodwin | 

Productora: Entertainment One / Sixteen Films / Why Not Productions / Wild Bunch | Distribuídora: Alta classic | 

Formato exhibición: 35 mm | Cor | Duración: 106 min| Lingua: V. O. inglés con subtítulos en castelán (VOSc)


Premios e mencións:

2012: Festival de Cannes: Premio especial do xurado 2012: Premios do Cine Europeo: Nominada á mellor música

Xénero: Comedia. Drama social 

Sinopse:

Tralo nacimento do seu fillo, parece que Robbie, un rapaz sen traballo, disponse a sentar a cabeza e darlle ao seu meniño unha vida moi distinta á súa. Nun cursillo de formación ao que asiste, un profesor inicia aos seus alumnos na arte de saborear whisky. Robbie descubre entón que posúe un talento excepcional como degustador e moi pronto é capaz de identificar os destilados máis caros e selectos.

Crítica:

"Loach e Laverty recuperan o ton e a gracia (...) un filme que sinte cariño polos seus persoaxes (...) que logra que non perdas o interese nunca polo que contan, cun punto conmovedor e risoño."
(Carlos Boyero, El País )


  • mércores, 30 xaneiro 2013


RUBY SPARKS
( 2012, EE.UU)


Dirección: Jonathan Dayton, Valerie Faris | Guión: Zoe Kazan | Música: Nick Urata | Fotografía: Matthew Libatique | Intérpretes: Paul Dano, Zoe Kazan, Chris Messina, Antonio Banderas, Annette Bening, Steve Coogan, Elliott Gould, Aasif Mandvi, Deborah Ann Woll, Toni Trucks, Alia Shawkat, Wallace Langham, John F. Beach, Jane Anne Thomas, Eleanor Seigler, Emma Jacobs | 

Productora: Fox Searchlight Pictures / Bona Fide Productions | Distribuídora: Hispano Foxfilm | 

Formato exhibición: 35 mm | Cor | Duración: 104 min | Lingua: V.O inglés con subtítulos en castelán (VOSc)



Premios e mencións:

2012: Independent Spirit Awards: Nominada ao mellor guión


Xénero: Comedia romántica

Sinopse:

Os directores de "Little Miss Sunshine" relatan a historia dun escritor que namórase dun dos seus persoaxes femeninos.
Calvin Weir-Fields (Paul Dano) fora un neno prodixio, cuxa primeira novela tivera certa sona. Pero, desde entóns, sofre un sistemático bloqueo creativo agravado pola deprimente vida amorosa. Finalmente, conquire crear unha persoaxe femenina, Ruby Sparks (Zoe Kazan), que acaba materializándose e compartindo a vida con él.

Crítica:

"Non busques algo doce e achuchable. A película non ten medo de ensinar as súas poutas. Como o enérxico traballo en equipo de Kazan e Dano, 'Ruby Sparks' é honesta, profunda e verdadeira”
(Peter Travers, Rolling Stone)

  • mércores, 6 febreiro 2013
THE GUARD (O IRLANDÉS)

(2011, Irlanda)



Director: John Michael McDonagh | Guión: John Michael McDonagh | Música: Calexico | Fotografia: Larry Smith | Intérpretes: Brendan Gleeson, Don Cheadle, Liam Cunningham, David Wilmot, Rory Keenan, Mark Strong, Fionnula Flanagan, Dominique McElligott, Sarah Greene, Katarina Cas, Pat Shortt, Darren Healy, Laurence Kinlan, Gary Lydon | 

Productora: Reprisal Films / Element Pictures / Crescendo Productions | web oficial: http://www.sonyclassics.com/theguard/ | Distribuídora: A Contracorriente films | 

Formato exhibición: 35mm | Cor | Duración: 96 min. | Lingua: VO inglés con subtítulos en castelán (VOSc)



Premios e mencións:

2011: Globos de Ouro: Nominada ao mellor actor comedia / musical (B. Gleeson) 2011: Premios BAFTA: Nominada ao mellor guión orixinal 2011: Festival de Valladolid - Seminci: Sección oficial longametraxes a concurso 2011: Satellite Awards: Mellor montaxe. 4 nominacións, incluíndo mellor director e guión


Xénero: Thriller. Comedia negra.


Sinopse:

Un policía irlandés pouco ortodoxo vese forzado a colaborar cun axente do FBI para investigar un asunto internacional relacionado con drogas.

Crítica:

“Unha das comedias negras máis corrosivas e insolentes dos últimos anos (...) unha desas xoias aparentemente sinxelas que mataríamos por ver cada semana na grella cinematográfica"
(Noel Ceballos, Fotogramas)


  • Semana do entroido; sen programación!

O resto da programación, continúa desde o 20 de febreiro ata o 20 de marzo, con "Unha pistola en cada man" de Cesc Gay, "A Roma con amor" de Woody Allen, "O amigo da miña irmá" de Lynn Shelton, "As sesións" de Ben Lewin, e "Hasta la vista" de Geoffrey Enthoven


Descarga aqui abaixo o folleto de todo o trimestre






Publicar un comentario