01/01/13

O Apóstolo


Diante da actual condena das nosas vidas, nunha pertinaz crise ideolóxica que ameaza rematar coa educación e sanidade pública, e por suposto a cultura, aproveitamos o comezo de ano 2013 con facer medrar a emoción, por enriba doutras recomendacións sobrenaturais que nos suxiren algúns dos que nos gobernan. 

En calquera caso, a proxección especial que inicia o 2013, ven un pouco dada,  polas coincidencias de nadal, a súa fallida campaña de distribución a pesar da inversión publicitaria, e sobre todo, porque é un excepcional filme galego. 

          (ás 18, 20:30 e 23 h);

    O Apóstolo
    (2012, España)




















    Dirección: Fernando Cortizo | Guión: Fernando Cortizo | Música: Xavier Font, Arturo Vaquero, Philip Glass | Fotografía: Matthew Hazelrig | Intérpretes: Animación (Voces de: Carlos Blanco, Xosé Manuel Oliveira “Pico”, Paul Naschy, Jorge Sanz, Celso Bugallo, Geraldine Chaplin, Manuel Manquiña, Luis Tosar, Isabel Blanco, Pedro Alonso, Atilano Franco, Jacobo Rey) 

    Productora: Artefacto producciones | Web oficial: http://www.oapostolo.es/ | Distribuídora: Artefacto producciones | Formato disponible exhibición: Blu-Ray | Cor | Duración: 80 min.| Lingua: Versión Orixinal (Galego) VOG



    Premios e mencións:


    2012: Festival de Sitges: Nominada á mellor película de animación

    Xénero:

    Fantástico. Intriga. Terror

    Sipnose:

    Un preso recén fuxido da cárcere tenta recuperar o botín que escondeu uns anos antes, nunha remota e solitaria aldea; pero o que alí se atopa supón unha condea peor que a cadea. Sinistros anciáns, extranas desaparicións, espíritus, un peculiar sacerdote e ata o mesmo arquipreste de Santiago protagonizan unha historia de terror, humor e fantasía.

    Primeira producción de stop-motion (Claymation) con plastilina feita en España.

    Crítica:

    "Aparte duns persoaxes absolutamente ben definidos e carismáticos, tamén hai unha traballada atmósfera, que inqueta e da medo e frío (...) pero, á súa vez, unha simpática e entretida película de aventuras“

    (Pere Vall, Fotogramas)



    Aproveitaremos a ocasión, para presentarvos a programación que temos preparada xa, para o primeiro trismestre deste ano, onde só podemos dicir, que 2013, será emocionante.

     Mira o tráiler que avanza esta película

    As cotas xerais de entrada, permanecen de momento invariables, aínda que nesta sesión especial, só existe a cota xeral (4 Eu.). (Lamentamos por mor das  actuais políticas culturais dun, e doutro bando, e da espectacular suba do I.V.E., non manter nesta ocasión os habituais descontos)

    Se queres descagar o cartaz, preme na imaxe de abaixo.







    Publicar un comentario