14/02/13

Ciclo de Comedia (e II)


Despois do entroido e  dun tirón ata a semana santa, continuamos co ciclo de comedia, que siguen co mesmo horario (18, 20:30 e 23 horas), mesmo prezo ( de momento resistimos as subas do IVE e demáis), e mesmo lugar; no Cinebox Ourense e día (mércores). 

(Podes reservar as entradas; aqui *+custes xestión)

Este é o detalle do programado...



  • 20 febreiro de 2013


Unha pistola en cada man (Una pistola en cada mano)

(2012, España)

Dirección: Cesc Gay | Guión: Cesc Gay, Tomás Aragay | Música: Jordi Prats | Fotografía: Andreu Rebés | Intérpretes: Ricardo Darín, Luis Tosar, Javier Cámara, Leonor Watling, Eduardo Noriega, Leonardo Sbaraglia, Candela Peña, Eduard Fernández, Alberto San Juan, Cayetana Guillén Cuervo, Jordi Mollà, Clara Segura | Productora: Impossible Films / Televisió de Catalunya (TV3) / Televisión Española (TVE) | Distribuídora: Castelao Pictures S.l. | Formato exhibición: 35 mm | Cor | Aspecto ratio; 1,85:1 | Duración: 95 min. | Lingua: VO castelán

Xénero:

Comedia romántica.

Sipnose:

Historias cruzadas sobre as carencias e debilidades dos homes de hoxe, que parecen ter perdida a identidade. Película de episodios.

A pesar de telo todo, J. (Sbaraglia) está deprimido e é carne de psicoanalista. En cambio, E. (Fernández) vive apaciblemente, aínda que tivo que voltar á casa da súa nai. S. (Cámara) tenta regresar coa súa muller (Segura) dous anos despois da súa ruptura. G. (Darín) recurre aos ansiolíticos para tentar comprender o porqué da aventura da súa muller. P. (Noriega) pretende seducir á súa compañeira Mamen (Peña). María e Sara (Watling e Guillén Cuervo) intercambian aos seus maridos (Mollà e San Juan) co fin de descubrir as súas intimidades. L. (Tosar) chama á súa amante polo nome do seu can.

Unha radiografía da vida amorosa de oito homes de hoxe.

Crítica:

"Ordeada a partir de duelos interpretativos de altísimo nivel entre actores e actrices en estado de gracia, nunha sorte de episodios cuxa suma actúa coma o debuxo dun caleidoscopio"

(M. Torreiro: Fotogramas)



  • 27 febreiro 2013



Moonrise Kingdom 
(Sustitúe á previamente anunciada por un erro noso; A Roma con amor)
(2012, EE.UU)


Dirección: Wes Anderson | Guión: Roman Coppola, Wes Anderson | Música: Alexandre Desplat | Fotografía: Robert D. Yeoman   | Intérpretes: Jared Gilman, Kara Hayward, Bruce Willis, Edward Norton, Bill Murray, Frances McDormand, Tilda Swinton, Jason Schwartzman, Bob Balaban, Harvel Keitel | Productora: Focus Features, American empirical, Indian Paintbrush | Distribuídora: Alta Classic | Formato exhibición: 35mm | Cor | Aspecto ratio: 1,85:1 | Dolby dixital | Duración: 94 min. | Lingua: VO inglés con subtítulos en castelán VOSc

Premios:

Premio  Gothan 2012 ao mellor filme

Xénero:


Comedia adolescencia. Drama


Sipnose:

Anos 60. A fuxida de dous amantes do seu pobo natal, leva aos familiares e amigos ao sair na súa procura. Suceden entón, os rancores, e ocultas relacións...

Crítica:


"Perfecta de principio a fin. Tan intelixente como emotiva...Tal Real como soñada. Tan cautivadora como precisa"


(Luís Martínez, El Mundo)


  • 6 marzo 2013



O amigo da miña irmá (Your Sister's Sister)

(2011, EE.UU)

Dirección: Lynn Shelton | Guión: Lynn Shelton | Música: Vince Smith | Fotografía: Benjamin Kasulke | Intérpretes: Emily Blunt, Rosemarie DeWitt, Mark Duplass, Mike Birbiglia, Mel Eslyn | Productora: Ada Films | Distribuídora: Avalon | Formato exhibición: 35mm | Cor | Dolby | Duración: 90 min. | Lingua: VO inglés con subtítulos en castelán (VOSc)


Premios e mencións:

2012: Premios Gotham: Mellor reparto
2012: Independent Spirit Awards: Nominada á mellor actriz secundaria (Rosemarie DeWitt)

Xénero:

Comedia romántica. Drama amizade

Sipnose:

Mirando a Jack (Mark Duplass) tan abatido pola morte do seu irmán Tom, Iris (Emily Blunt) dalle as chaves dunha cabana situada nunha illa lonxana, coa esperanza de que a soidade tranquilice a súa dor; mais resulta que a casiña, xa está ocupada por Hannah (Rosemarie DeWitt), a irmá de Iris, que tamén refuxiouse alí para esquecer as súas penas: a Hannah deixouna a noiva Pam despois de estar xuntas durante sete anos. Ao día seguinte chega Iris...

Crítica:

"Conta non só con algúns dos diálogos máis divertidos, realistas e emotivos escoitados recentemente, se non tamén con tres actores cuxo traballo non merece outro calificativo co de impresionante."

(Antonio Trashorras, Fotogramas)



  • 13 marzo 2013




As Sesións (The Sessions)

(2012, EE.UU)

Dirección: Ben Lewin | Guión: Ben Lewin | Música: Marco Beltrami | Fotografía: Geoffrey Simpson | Intérpretes: John Hawkes, Helen Hunt, William H. Macy, Moon Bloodgood, Annika Marks, W. Earl Brown, Blake Lindsley, Adam Arkin, Ming Lo, Jennifer Kumiyama, Robin Weigert, Jarrod Bailey, Rusty Schwimmer | Productora: Fox Searchlight Pictures | Web oficial: http://www.foxsearchlight.com/thesessions/ | Distribuídora: Hispano Foxfilm | Formato disponible exhibición: 35mm | Cor | Aspecto ratio: 1,85:1 | Dolby | Duración: 98 min. | Lingua: VO inglés con subtítulos en castelán (VOSc)

Premios e mencións:

2012: Globos de Ouro: 2 Nominacións: mellor actor drama (Hawkes) e actriz sec. (Hunt) 2012: Festival de Sundance: Premio do público (mellor película) e mellor reparto
2012: Festival de San Sebastián: Premio do público
2012: Independent Spirit Awards: Nominada ao mellor actor (Hawkes) e actriz sec. (Hunt) 2012: Satellite Awards: 5 nominacións, incluíndo mellor película

Xénero:

Comedia. Dramática. Baseada en feitos reais.Discapacidade.

Sipnose:

Mark O'Brien (John Hawkes), un poeta e xornalista tetrapléxico e cun pulmón de aceiro que decide que, aos seus 38 anos, xa é hora de perder a virxinidade. Coa axuda do seu terapeuta e a orientación dun sacerdote (William H. Macy), Mark ponse en contacto con Cheryl Cohen-Greene (Helen Hunt), unha profesional do sexo.

Crítica:

"John Hawkes fai un tipo de interpretación para o cal inventáronse os premios neste estimulante agasallo de película que é divertida, emocionante e vital (...)"

(Peter Travers: Rolling Stone)



  • 20 marzo 2013




Deica a vista (Hasta la vista)

(2011, Bélxica)

Dirección: Geoffrey Enthoven | Guión: Pierre De Clercq | Música: Meuris 1 Fotografía: Gerd Schelfhout | Intérpretes: Robrecht Vanden Thoren, Gilles De Schrijver, Tom Audenaert, Isabelle de Hertogh, Kimke Desart, Johan Heldenbergh, Karlijn Sileghem, Katelijne Verbeke, Karel Vingerhoets, Marilou Mermans, Itziar Luengo | Productora: Fobic Films | Distribuídora: Karma Films | Formato exhibición: 35mm, disponible; DCP 2k/4k | Cor | Aspecto ratio: 2,35:1 | Son dixital | Duración: 109 min. | Lingua: VO Alemán, Francés, Inglés e castelán, con subtítulos en castelán (VOSc)

Premios e mencións:

2011: Festival de Valladolid - Seminci: Espiga de Ouro (mellor película)
2012: Premios do Cine Europeo: Premio do público á mellor película europea

Xénero:

Comedia. Dramática discapacidade. Road Movie

Sipnose

Tres rapaces de apenas vinte anos, que aman o viño e as mulleres, pero que nunca gostaron da compañía íntima dunha muller, co pretexto de facer un itinerario enolóxico, veñen a España coa esperanza de perder a súa virxinidade. Nada os deterá, nin siquiera as súas respectivas discapacidades: un deles é cego, outro está postrado nunha cadeira de rodas e o terceiro é completamente paralítico.

Crítica:

"Unha pequena xoia que convén descubrir (...) "

(Lluís Bonet Mojica, La Vanguardia)


...................................................


Voltamos despois da semana santa, com máis cine!

Publicar un comentario