23/03/13

Cinema de Autor (I)

Deseño de Iñaki N Bastida
A pesar da decisión da Xunta de Galicia + Agadic, de non renovar o convenio que tiña suscrito, coa Federación de Cineclubes de Galicia, (Polo cal os cineclubes de toda Galicia proxectaban cine de calidade; 330 filmes o ano pasado, que foron vistas por máis de 25 mil persoas) continuamos coma sempre, no borde do precipio, ata a caída mortal.

A nivel local, tampouco soplan ventos ilusionantes, coa desaparición do consorcio do OUFF, e -sobre todo- dos traballadores do Festival internacional de cine, aos cales queremos darlle un GRAZAS moi grande, polo seu esforzo de profesionalidade, no máis adverso dos panoramas. (Nin que dicir ten, que no mesmo saco, metemos á oposición, pouco preocupada da política cultural da cidade)

Así pois, vitaminados da comedia, necesitamos reconstituíntes de carácter, para equilibrar a dose exacta de emocións que nos "iluminen" a realidade sucia que nos axexa.

Este é o noso repaso primaveral aos directores consagrados, xunto con autores novos nas pantallas do cineclube. Con eles, rematamos a primeira parte da témpada 2013 co ciclo denominado “CINE DE AUTOR”. 

As proxeccións, serán no Cinebox Ourense; Centro C. Pontevella, ás 18, 20:30 e 23 horas. (As cotas de entrada, de momento permanecen invariables, incluso para os descontos habituais)

Este é con detalle a programación de abril:





  • Mércores, 3 de abril de 2013

Na  casa (Dans la maison)
(Francia, 2012) 105 min.

Director: François Ozon | Guión: François Ozon (Baseada na obra: Juan Mayorga) | Música: Philippe Rombi | Fotografía: Jérôme Alméras | Reparto: Fabrice Luchini, Ernst Umhauer, Kristin Scott Thomas, Emmanuelle Seigner, Diana Stewart, Denis Ménochet, Jean-François Balmer, Fabrice Colson, Bastien Ughetto, Stéphanie Campion, Yolande Moreau | Productora: Mandarin Cinéma | Web oficial:http://www.danslamaison-lefilm.com/ | Distribuídora: Golem | Formato de exhibición: 35 mm, Cor, Ratio; 1.85:1 , Dolby, VOSc (Versión orixinal en francés con subtítulos en castelán)




Premios
2012: Festival de Toronto: Premio FIPRESCI
2012: Festival de San Sebastián: Cuncha de ouro mellor filme, mellor guión

Xénero 
Drama. Comedia | Ensinanza

Sinopse
Un profesor de literatura francesa, desalentado e enfastiado polas insulsas e torpes redaccións dos seus novos alumnos, descobre entusiasmado que, pola contra, o rapaz que se senta ao fondo da clase, mostra nos seus traballos un agudo e sutil sentido da observación. Este rapaz, que se sente estrañamente fascinado pola familia dun dos seus compañeiros, escribirá, animado polo profesor, unha especie de novela sobre esa familia (e tamén sobre o profesor), na que é difícil distinguir entre realidade e ficción. 

Crítica
"Unha obra maestra (...) un milimetrado xogo de espellos na que a realidade e a ficción, o drama e a comedia (...) crúzanse cunha elegancia e maestría poucas veces contemplada." 
(Luis Martínez, El Mundo)  




  • Mércores, 10 de abril de 2013

Elena
(2011, Rusia) 109 min.

Director: Andrei Zvyagintsev | Guión: Oleg Negin | Música: Philip Glass | Fotografía: Mikhail Krichman | Reparto: Nadezhda Markina, Elena Lyadova, Aleksey Rozin, Andrey Smirnov | Productora: Non-Stop Production | Distribuídora: Golem | Formato de exhibición: 35 mm, Cor, Ratio; 2.35:1, Dolby dixital, VOSc (Versión orixinal en ruso, con subtítulos en castelán)









Premios
2011: Festival de Cannes: Premio especial do xurado (sección "Unha certa mirada")
2011: Festival de Sevilla: Mellor actriz (Nadehhda Markina) (ex-aequo)

Xénero 
Drama | Enfermidade

Sinopse
Unha muller de avanzada idade debe elexir entre un saudable marido e un fillo alcohólico cuxa enfermidad esta conducindo a familia directamente á pobreza . 

Crítica
"Zvyagintsev, austero, simbólico, meticuloso (...) envolve a súa crónica sobre a familia como tumba nunha sobriedade que, nos seus mellores momentos (...) exponse en tempo real, angustiando ao espectador mentres as súas criaturas sofren o mesmo desvarío. " 
(Javier Ocaña, El País) 




  • Mércores, 17 de abril de 2013

The Master
(2012, EE.UU) 137 min.

Director: Paul Thomas Anderson | Guión: Paul Thomas Anderson | Música: Jonny Greenwood | Fotografía: Mihai Malaimare Jr. | Reparto: Joaquin Phoenix, Philip Seymour Hoffman, Amy Adams, Laura Dern, Kevin J. O'Connor, Rami Malek, Jesse Plemons, Fiona Dourif, David Warshofsky, Lena Endre, Ambyr Childers | Productora: The Weinstein Company / Annapurna Pictures / Ghoulardi Film Company | Web oficial: http://www.themasterfilm.com/ | Distribuídora: Alta classic | Formato de exhibición: 35 mm, Cor, Ratio; 1.85:1, Dolby dixital, VOSc (Versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán)



Premios
2012: Festival de Venecia: Mellor director, Mellor actor (Phoenix & Hoffman), FIPRESCI

Xénero
Drama | Anos 50

Sinopse
Drama sobre a Igrexa da Ciencioloxía. Lancaster Dodd (Seymour Hoffman), un intelectual brillante e de fortes conviccións, crea unha organización relixiosa que empeza a facerse popular en Estados Unidos cara a 1952. Freddie Quell (Joaquin Phoenix), un mozo vagabundo, converterase na man dereita deste líder relixioso. Non obstante, cando a seita triunfa e consegue atraer numerosos e ferventes seguidores, a Freddie xurdiranlle dúbidas.


Crítica  
"Eu creo na igrexa de Paul Thomas Anderson. Feroz e ferozmente divertida, 'The Master' é unha gran película, a mellor do ano con diferenza e un novo clásico americano (...) " 
(Peter Travers, Rolling Stone)




  • Mércores, 24 de abril de 2013

César debe morrer  (Cesare deve morire)
(2012, Italia) 76 min.

Director: Paolo Taviani, Vittorio Taviani | Guión: Paolo Taviani, Vittorio Taviani (Historia: William Shakespeare) | Música: Giuliano Taviani, Carmelo Travia | Fotografía: Simone Zampagni | Reparto: Fabio Cavalli, Salvatore Striano, Giovanni Arcuri, Antonio Frasca, Juan Dario Bonetti, Vincenzo Gallo, Rosario Majorana, Francesco De Masi, Gennaro Solito, Vittorio Parrella, Pasquale Crapetti, Francesco Carusone, Fabio Rizzuto, Fabio Cavalli, Maurilio Giaffreda | Productora: Kaos Cinematografica / Rai Cinema / Stemal Entertainment / Le Talee | Distribuídora: Golem | Formato de exhibición: 35 mm, Cor / Blanco e negro, Ratio; 1.85:1, Dolby dixital, VOSc (Versión orixinal en italiano con subtítulos en castelán)


Premios:
2011: 5 Premios David di Donatello, incluíndo mellor película  e director. 
2012: Festival de Berlín: Oso de ouro mellor película

Xénero:
Drama | Cárcere.Teatro

Sinopse: 
Docuficción sobre os talleres teatrais que organiza no cárcere romano de Rebibbia o director Fabio Cavalli, que ensaia cos presos obras de Shakespeare. Os ensaios e a representación final do "Xulio César" altérnanse coa vida cotiá dos reclusos.

Crítica
"Unha montaxe tan orixinal como posibilista do 'Xulio Cesar' de Shakespeare. (...) representando con veracidade e forza expresiva esa traxedia sobre os dilemas morais" 
(Carlos Boyero, El País)



En maio, agás o festivo do 1 de maio, quedaría cos seguintes títulos; Tabú (de Miguel Gomes), Bestas do sur Salvaxe (de Benh Zeitlin), Amor (de Michael Haneke) e Holy Motors (de Leo Carax)





> Este é tráiler que anuncia toda a programación do ciclo de primavera


Publicar un comentario