20/10/13

Programación outono 2013

De seguido presentámosvos os filmes que compoñen a programación de outono deste ano, non sen antes advertirvos, do cambio de lugar de proxección, que volta a ser (despois de 9 anos) a , no salón de actos da Biblioteca nodal de Ourense.

ciclo Love
Cartaz do ciclo «Love» deseñado por Iñaki Nóvoa do cineclupePF



A cota xeral por pase, segue a ser a mesma que a do ano pasado (4 euros), e polo momento non podemos aplicar descontos nin venda anticipada.

O día e horario tamén segue inalterable, mércores, as 18, 20:30 e 23 horas e non se permitirá a entrada unha vez comezada a proxección, polo que vos pregamos puntualidade (aparte de apagar os dispositivos móbiles) e xa de paso, para axudarnos, poderíades vir co cambio xusto de moedas, evitar traer billetes grandes.

A principal razón para este troco, ven dada pola situación do , propietario do Cinebox de Ourense, que se quedou cunha parte da taquilla dos ciclos de e .
A débeda reclámouse e, aínda hoxe, non sabemos o que poderemos recuperar do seis mil e pico euros, que nos deben. Alén diso, tamén tivemos que pagar o IVE por anticipado, e como sabedes o imposto non axuda moito ao cine, e menos a unha asociación cultural coma a nosa.

O cineclube, sen axudas públicas directas, fixo un enorme esforzo para readaptar como sala cinematográfica, o vello salón de actos da rúa Concello. Resumindo ao xeito dun teletipo, instalamos un novo equipo de son (Dolby dixital SR, Stereo 5.1), rehabilitamos o proxector OSSA VI C coa adaptación da lámpada (de xenon), adquirimos tamén un proxector dixital e unha nova pantalla, co seu correspondente aforo —para evitar os reflexos— na caixa escénica; na sala de máquinas do cineclube tedes máis información polo miúdo dos traballos inxentes realizados até o momento, e unha sección de fotos do «working progress» no Pinterest.
Esa remodelación está pendente da inversión nunhas butacas (de segunda man), por parte da Xunta de Galicia, a instancia da directora da Biblioteca pública, que agardemos sexa axiña.

Por último, destacarvos os datos de asistencia e resultados da enquisa desta última xeira que pechamos, que pensamos debería facer reflexionar á industria e á administración pública (sobre todo aos insignes munícipes que tanto din que nos apoian).

Lembrade…

Lugar das proxeccións:
(Casa da Cultura), Rúa Concello 11 www.ir.gl/mapa-ccPF
Cota de entrada única: 4 
Día e sesións: mércores, ás 18, 20:30 e 23 h.
Atención!:
Non se permite a entrada unha vez comezada a proxección.


Eu Vou a Biblioteca!
Vídeo «Eu vou a Biblioteca!» [. mp4 • 1'4 Mb]

E ao son dun tema dos RAMONES «Baby I Love You» velaquí tedes o [. mp4 • 6 Mb] e de seguido, refletimos todos os filmes que compoñen o ciclo «Love» para este outono, e como dín na súa letra "…ainda que estamos realmente cansos… estamos ledos de voltar a veros… "


23 de outubro do 2013

Before Midnight
Ver avance vídeo: You Tube [. mp4 • 24'3 Mb]



Título: «Before Midnight» · Antes del anochecer
(Antes do anoitecer)

Ano:
País:
Director: [+ Info]
Guionistas: , e
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 108 min.
Productora: Sony Pictures Classic | Castle Rock
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital
Idiomas: inglés, greco e francés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
terceira entrega da triloxía «Antes de… amencer, atardecer», na que nos atoparemos unha década despois a Jesse e Celine na fermosa Grecia.

Premios e mencións:
2013 · Hollywood Film Award: Premio guión do ano
2013 · Festival de Berlin: Sección oficial de longametraxes (fora de concurso)

Crítica:
"Un dos máis fermosos e ferintes documentos sobre o que signifca amar (e deixar de facelo) do cine recente…"
Sergi Sánchez (Fotogramas)





30 de outubro do 2013

Weekend
Ver avance vídeo: You Tube [. mp4 • 6'9 Mb]



Título: «Weekend»
Ano:
País:
Director: [+ Info]
Guión:
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 96 min.
Productora: Glendale Picture Company
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 1.85:1 · HD-DTS
Idioma: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Un venres noite, tras unha festa en casa cos seus amigos heteros, Russell visita un clube gai onde a última hora coñece a Glen. Ambos comezan entón unha relación de fin de semana, pero o que parecía que ía ser o rolo dunha noite comeza a ter a intensidade dun shock emocional de longo alcance.

Premios e mencións:
2011 · British Independent Film Award: Premio mellor producción e actor novel máis prometedor (Tom Cullen)

Críticas:
"Un traballo perfecto. Unha emotiva, actual e intensa exploración de sexo, intimidade e amor.…"
Anthony Oliver Scott (The New York Times)

"Un filme dunha inmediatez case documental e un logrado realismo sucio (…) a Haigh bástalle a mirada dos seus actores para extraer estalidos de verdade e gran cinema deste romance de fin de semana"
David Bernal (Cinemanía)





6 de novembro do 2013

Un Amour de Jeunesse
Ver avance vídeo: You Tube [. mp4 • 15'9 Mb]



Título: «Un Amour de Jeunesse» · Primer amor
(Un amor de xuventude)

Ano:
País:
Director: [+ Info]
Guión:
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 110 min.
Productora: Les Films Pelléas | Razor Film Produktion GmbH | arte France Cinéma
Distribuidora: |
Exhibición: Dixital DV d · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital
Idiomas: francés, alemán e danés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
En París de 1999, Camille de 15 anos (Lola Créton) e Sullivan de 19 (Sebastian Urzendowky), a pesar de vivir un amor apaixonado, Sullivan quere irse un ano a viaxar por América do Sur. Anos máis tarde, Camille, que forma unha sólida parella con Lorenz (Magne-Håvard Brekke), volverá atoparse con Sullivan.

Premios e mencións:
2011 · Festival Internacional de Cine de Locarno: mención especial (4 nominacións)
2011 · Festival Internacional de Cine de Xixón: sección oficial de longametraxes a competición

Crítica:
Un amour de jeunesse» toca o ceo grazas ao audaz uso da elipse e á transparencia cristalina das súas imaxes (…) Por momentos, dá a impresión de que a directora xoga sen risco, pero o seu talento e delicadeza son indiscutibles…"
Manuel Yáñez Murillo (Fotogramas)

"Educación sentimental de primeiro grao…"
Daniel De Partearroyo (Cinemanía)




13 de novembro do 2013

Shan Zha Shu Zhi Lian
Ver avance vídeo: You Tube [. mp4 • 6'7 Mb]



Título: «Shan Zha Shu Zhi Lian»Under the Hawthorn Tree— · Amor bajo el espino blanco
(Amor baixo o espiño branco)

Ano:
País:
Director: [+ Info]
Guionistas: e
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 114 min.
Productora: Beijing New Picture Film Co.
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 2.31:1 · HD-DTS
Idiomas: chino mandarín · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Na República Popular China durante a Revolución Cultural, Jing, unha universitaria da cidade, é enviada a un remoto pobo da montaña para someterse a un programa de «reeducación». Jing é a personificación da inocencia, pero ao seu pai o encarceraron por ser un «contrarrevolucionario», co que a súa nai non ten máis remedio que manter ela soa aos seus tres fillos. Jing sabe que non só o seu propio futuro, senón tamén o da súa propia familia, dependen do veredicto das autoridades sobre o seu proceso de «reeducación». Mais o seu comportamento cauteloso e discreto chega ao seu fin cando namora de Sun, o atractivo fillo dun oficial de alta graduación. Os dous pertencen a mundos completamente distintos, polo que o seu amor non só és imposible, senón tamén moi perigoso.

Premios e mencións:
2011 · Festival Valladolid Seminci: mellor atriz (Zhou Dongyu)
2011 · Festival Internacional de Cine de Xixón: sección oficial de longametraxes a competición

Crítica:
"Preciosa e pura historia de amor do Zhang Yimou máis poético…"
Irene Crespo (Cinemanía)







E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados para este ciclo, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moitísimo os vosos comentarios. Esperemos que gocedes e sexades partícipes do cineclube, sen vós non somos nada.




Publicar un comentario