Para rematar o ciclo adicado ao Festival Euroárabe Amal nas sesións de «Filmoteca» de xaneiro, un filme que tiñamos pensado proxectar o luns da pasada semana e, que por un erro na información que tiñamos sobre a súa duración, (a súa ficha dicía 62 minutos, cando nas probas de cabina, o monitor amosa a duración de hora e media), agardando pois sepades desculparnos por este contratempo.
O luns 3 de febreiro, na Casa de Cultura (salón de actos da biblioteca nodal) de Ourense, rúa Concello 1, as 20:30 e 23 h. (horario CUT+1) e con entrada de balde:
luns 3 de febreiro do 2014
«Rabat»
Ano: 2011
País: Bélxica | Marrocos
Director: Jim Taihuttu e Victor Ponten
Guión: Jim Taihuttu e Victor Ponten
Música: Mark van den Oever
Fotografía: Lennart Verstegen e Alex Wuijts
Reparto: Achmed Akkabi, Mohamed Benbrahim, Jacqueline Bir, Stéphane Caillard…
Duración: 90 min.
Produtores: Daniel Ashes, Kees de Koning… Hicham El Ghorfi
Exhibición: Dixital HD Br · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idioma: Francés, árabe e holandés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Nadir, Abdel e Zakaria son tres amigos que poñen rumbo a Marrocos desde Holanda para cumprir cun favor aparentemente sinxelo: entregar o taxi do pai de Nadir ó home que o mercou. Durante o camiño vivirán situacións inesperadas e encontros con persoas que marcarán as súas decisións. «Rabat» non só fala da amizade dos tres mozos, senón tamén do conflito entre os valores de modernidade e tradición que vive a poboación inmigrante nas sociedades occidentais.
Premios e mencións:
2012 · Festival AMAL: premios ao mellor longametraxe de ficción, mellor dirección e mellor interpretación masculina.
Ver o avance do filme en:
You Tube [. mp4 • 24'8 Mb] · VOS inglés
Víctor Ponten (Arnhem, Holanda
1981) e Jim Taihuttu (Veno, Dinamarca
1981) coñecéronse por casualidade no
2000, os dous tiñan a mesma melodía nos seus teléfonos móbiles. Foi o comezo dunha fermosa amizade que os levou a crear a súa propia produtora:
Habbekrats. Con ela escriben, dirixen e producen no
2010 a súa primeira longametraxe «Rabat», que se estreou con éxito nos cines holandeses no
2011.
O ciclo «Amal» proxéctouse os luns de xaneiro, nas sesións de «Filmoteca» e estivo composto polos seguintes filmes:
Ensemble · Le thé ou l’electricité · Eid · Blague à part? · Rabat
Ningún comentario:
Publicar un comentario