20/01/14

«Díaz: Non pulire questo sangue» · Díaz: Non limpedes esta sangue

no salón de actos da de Ourense (rúa Concello 1), en sesións de 18, 20:30 e 23  h. e cunha cota xeral de entrada socios de 4  

«Díaz: Non pulire questo sangue» Díaz: Non limpedes esta sangue
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 21'4 Mb]

Título: «Díaz: Non pulire questo sangue» · Díaz: No limpiéis esta sangre (Díaz: Non limpedes esta sangue)
Ano:
País:
Director:
Guión: Daniele Vicari, , i
Música:
Fotografía:
Reparto: , Jennifer Ulrich, Elio Germano, Davide Iacopini, Ralph Amoussou
Duración: 120 min.
Productora: Fandango | Le Pacte | Mandragora Movies
Distribuidora:
Exhibición: Dixital 1'9 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: italiano, alemán, francés, inglés e castelán · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Un filme baseado nos feitos acontecidos no 2001, en Xénova, durante a conferencia do G8. Aínda que a cidade estaba blindada para recibir aos dirixentes das potencias mundiais, un grupo de activistas, a maioría estudantes, pecháronse na escola Díaz e foron desaloxados brutalmente pola policía. Tal como denunciou Amnistía Internacional, en Xénova tivo lugar a violación dos dereitos humanos máis grave desde a II Guerra Mundial (1939-1945).

Premios e mencións:
2012 · David di Donatello (Italia): 4 Premios :: Festival de Valladolid Seminci: premio do público

Crítica:
"Que pode pasar pola cabeza dun policía para pegar porrazos a un cidadán indefenso tirado no chan? Só podo pensar nunha resposta: un casco. Se eres dos que todavía non comprenden que un funcionario teña entre as súas atribucións repartir estopa para conter manifestacións, dos que escandalízanse cando escoitan falar de «despregues contra o inimigo» a comisarios, e estreméceste cando o ves no YouTube a última mostra de matonismo uniformado, achégate a «Diaz: Non limpedes esta sangue» con sumo cuidado… a dureza da violencia do Estado que retrata… non é definitivamente para todos os estómagos…"
Manuel Piñón (Cinemanía)



Folla de sala: Díaz: Non pulire questo sangue [.pdf • 731 Kb]


 
Lembrade tamén que os luns, temos «sesión de Filmoteca» as 20:30 e 23 h. e este mes, con entrada de balde.
 

Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.

(horarios CUT+1)
Publicar un comentario