13/01/14

Programación xaneiro 2014

Abrimos o ano con importantes novidades: a piques de asinar por fin, un convenio co Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). Deste xeito podemos ver un vello soño cumprido, que os cidadáns de Ourense poidan desfrutar tamén —como os de Coruña—, da programación que a institución galega dispón.
Asemesmo grazas ao apoio da Fundación Araguaney (quen organiza o Festival Euroárabe ), é posible proxectar neste mes de xaneiro, os filmes gañadores en pasadas edicións.

Pensamos proxectar todos estos filmes, os luns as 20:30 e 23 h. (horario CUT+1) e que lle dimos por chamar «sesións de Filmoteca», e todo esto sen que vos custe un peso, que xa sabemos que a costa de xaneiro é empinada, por iso este mes é de balde.

Tamén informarvos, que no nadal estivemos traballando a reo para sustituir as vellas butacas por unhas novas, deste xeito teredes un mellor acomodo para as vosas costas e con espazo suficiente para estirar as pernas; esto foi grazas ao valioso apoio e decidido da (nunca nos cansaremos de repetilo), ao compromiso de colaboración da (por medio da «Feciga»), e por último, salientar a profunda decepción que nos causa a Deputación Provincial e a do concello de Ourense, polas súas promesas —incumpridas— e a súa falta de apoio, a pesares da devandita capitalidade cultural do Eixo Atlántico.

Deste xeito o aforo reducíuse a 112 butacas polas melloras implementadas para o voso confort (antes había 144); a pesares deso, a cota xeral de socios para este ano de crise mántense en 4 Euros, e polo momento, non podemos aplicar descontos nin ofrecer a venda anticipada e lembrade, que non se permite a entrada unha vez comezada a proxección.

 

mércores 15 de xaneiro do 2014

Sesión especial: «Entreparadas»


«Entreparadas»
Para presentarvos todas estas novidades, o facemos coa estrea de «Entreparadas» de Toño Chouza, o mércores 15 nas sesións habituais do cineclube (horario CUT+1), as 18, 20:30 e 23 h. e cunha cota xeral de 4 .

Obtivo no pasado festival de Collado Villalba (Fecidiscovi) o premio ao mellor filme. A recadación será doada íntegramente á asociación de prevención de accidentes de tráfico P(A)T.


Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 15'1 Mb]

Título: «Entreparadas»
Ano:
País: , España
Director: [+ info]
Guión: Toño Chouza
Música: e
Fotografía: Toño Chouza e
Reparto: Silvia Adán , Maguett Anne, Teresa Da Silva, Marisol Delgado, Beatriz Docabo…
Duración: 62 min.
Productores: Galicia | (Maxi Cid, María Liaño, Jorge Coira)
Exhibición: HDV 16:9 · Cor
Idiomas: castelán e galego · VOS (versión orixinal subtitulada)

Sipnose:
Esta historia conxuga teatro e inclusión social nun escenario diferente; as liñas dun autobús municipal. Conta unha experiencia e reflicte os momentos máis emotivos de 16 persoas que son heores reais da vida cotiá.

Premios e mencións:
2013 Collado Villalba · Fecidiscovi: Mellor filme

Crítica:
"A potencia das historias alí recollidas era tal que era imposible desconectar nin un segundo do que os protagonistas contaban. Un grupo de persoas con diversos problemas xúntanse para realizar varias pezas teatrais nun autobús. Historia de superación, de valor e, sobre todo, de optimismo. Un optimismo e unha vitalidade que provoca que sexa imposible non romper a chorar ante unhas historias que abraian en todos os sentidos. Agardo que o documental chegue ao maior número de pantallas posible, non só polo seu carácter narrativo senón polo seu alto valor didáctico. Non dubiden en ir a velo se teñen ocasión!…"
Brais Romero (Praza Pública)



Folla de sala: Entreparadas [.pdf • 64 Kb]



cartaz programación xaneiro 2014 · cineclubePF
Deseño do cartaz: Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
 
 
luns 20 de xaneiro do 2014

Sesións de Filmoteca: «Premios Amal»


Dende 2003 o ofrece a espectadores e espectadoras de todas as idades, a posibilidade de acceder a un cinema que non chega aos circuítos comerciais pola falta de distribución. O Festival no só é cinema, é cultura en estado puro: concertos, exposicións de pintura, ciclos de cine experimental e infantil, campañas informativas, xornadas adicadas ás mulleres, talleres de análise da linguaxe cinematográfica, cursos de cociña, danza, caligrafía, música… etc., fan de «Amal» unha inmersión integral na cultura árabe, tan próxima e afastada ao mesmo tempo.


Ensemble · Le thé ou l’electricité


Título: «Ensemble»

Ensemble

Ano:
País:
Director:
Guión: Mohamed Fekrane e
Fotografía:
Reparto: , ,
Duración: 17 min.
Produtores: Bruno Chatelin, Christophe Kay Kourdouly
Exhibición: Dixital HD Br · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idioma: Francés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
París, 1942. Isaac, un neno xudeu, escapa dos nazis e refúxiase na gran mesquita de París. O Imán desta, Ahmed, axúdao e acólleo. Esta curta, baseada nunha historia real, amósanos a hospitalidade e cooperación xurdida entre a cultura musulmá e xudía no contexto de intolerancia e racismo do holocausto nazi.

Premios e mencións:
2012 · Festival AMAL: premio á mellor curtametraxe de ficción

Podes ollar a curta en: Vimeo [. mp4 • 88 Mb] · VOS inglés

Mohamed Fekrane é un director de cine francomarroquí. Licenciouse en Comunicación Audiovisual en París e en Dijon, e desde o 1994 traballou para a Paramount, Showtime TV e realizou dous capítulos de «24» para a Fox. Presentouse a distintos festivais de cine internacionais como Toronto, Sundance, Berlín e Dubai e está a preparar a súa primeira longametraxe que roda en Marrocos: «Injuste», sobre a vida do líder rifeño Abdelkrim El Khattabi.


Título: «Le thé ou l’electricité»

Le thé ou l’electricité

Ano:
País: |
Director:
Guión: Jérôme le Maire

Duración: 93 min.
Produtores: Isabelle Truc, Isabelle Mathy e Khadija Alami
Exhibición: Dixital HD Br · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idioma: Francés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
«Le thé ou l´électricité» é a historia da modernización dunha pequena vila illada no corazón do Alto Atlas marroquí. No proceso enfróntanse dúas visións de futuro: mentres uns pensan que o progreso pasa pola construción dunha estrada, outros apostan pola chegada da electricidade. Pronto se decatan do complicado que resultará chegar a un acordo.

Premios e mencións:
2012 · Festival AMAL: premio ao mellor longametraxe documental.

Podes ollar o filme en: You Tube [. mp4 • 88 Mb] · VOS francés


Jérôme le Maire (Liege, Bélxica 1969) é un guionista e cámara belga. É tamén o director da longa de ficción «Le Grand’Tour» (seleccionado no Festival International de Rotterdam e en Cannes) e do documental «Où est l’amour dans a palmeraie?» nominado nos «European Academy Awards» aos premios «ARTE».

mércores 22 de xaneiro do 2014

ciclo «Erro do sistema»


«Díaz: Non pulire questo sangue» Díaz: Non limpedes esta sangue
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 21'4 Mb]

Título: «Díaz: Non pulire questo sangue» · Díaz: No limpiéis esta sangre (Díaz: Non limpedes esta sangue)
Ano:
País:
Director:
Guión: Daniele Vicari, , i
Música:
Fotografía:
Reparto: Claudio Santamaria, Jennifer Ulrich, Elio Germano, Davide Iacopini, Ralph Amoussou
Duración: 120 min.
Productora: Fandango | Le Pacte | Mandragora Movies
Distribuidora:
Exhibición: Dixital 1'9 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: italiano, alemán, francés, inglés e castelán · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Un filme baseado nos feitos acontecidos no 2001, en Xénova, durante a conferencia do G8. Aínda que a cidade estaba blindada para recibir aos dirixentes das potencias mundiais, un grupo de activistas, a maioría estudantes, pecháronse na escola Díaz e foron desaloxados brutalmente pola policía. Tal como denunciou Amnistía Internacional, en Xénova tivo lugar a violación dos dereitos humanos máis grave desde a II Guerra Mundial (1939-1945).

Premios e mencións:
2012 · David di Donatello (Italia): 4 Premios :: Festival de Valladolid Seminci: premio do público

Crítica:
"Que pode pasar pola cabeza dun policía para pegar porrazos a un cidadán indefenso tirado no chan? Só podo pensar nunha resposta: un casco. Se eres dos que todavía non comprenden que un funcionario teña entre as súas atribucións repartir estopa para conter manifestacións, dos que escandalízanse cando escoitan falar de «despregues contra o inimigo» a comisarios, e estreméceste cando o ves no YouTube a última mostra de matonismo uniformado, achégate a «Diaz: Non limpedes esta sangue» con sumo cuidado… a dureza da violencia do Estado que retrata… non é definitivamente para todos os estómagos…"
Manuel Piñón (Cinemanía)

luns 27 de xaneiro do 2014

Sesións de Filmoteca: «Premios Amal»


O «Amal» está organizado pola — Puente de Culturas; unha entidade cultural privada sen ánimo de lucro, naceu en 1984 en Santiago de Compostela. A prioridade fundamental é promover o intercambio cultural entre España, América Latina e o Mundo Árabe, cunha clara vocación universal.

Eid · Blague à part?


Título: «Eid»

Eid

Ano:
País:
Director:
Reparto: e
Duración: 9 min.
Produtores: Saaheb Collective
Exhibición: Dixital HD Br · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idioma: Árabe · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Eid Suliman é un artesán do plástico que vive en Palestina baixo a ocupación israelí, onde se adica á fabricación de obxectos con pezas que os demais considerarían refugallo. A pesar de non contar coa aprobación da súa comunidade, conságrase con paciencia e paixón á construción de miniaturas, unha tarefa que lle fai ser optimista ante a situación de conflito que se vive nos territorios palestinos.

Premios e mencións:
2012 · Festival AMAL: premio á mellor curtametraxe documental

Podes ollar a curta en: Vimeo [. mp4 • 42 Mb] · VOS castelán

O Colectivo Saaheb está composto por un grupo de amigos que cren no poder da arte e da creatividade como medios de transformación social; fundouse no 2011 e «Eid», que significa festa en árabe, é o seu primeiro proxecto colectivo.


Título: «Blague à part?»

Blague à part?

Ano:
País: |
Director:
Fotografía:

Duración: 54 min.
Son: Ala Khoury Montaxe: Nadia Ben Rachid e Juliette Haubois
Exhibición: Dixital HD Br · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idioma: Árabe · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Convencida de que o humor non ten fronteiras, unha realizadora lánzase, nun periplo nada habitual, en busca do humor en Cisxordania. Chistes, comentarios políticos burlóns e anécdotas do cotián, somérxena nun dos conflitos máis complexos da actualidade, onde ademais de controis e barreiras, tamén existe un espazo para as brincadeiras.

Premios e mencións:
2012 · Festival AMAL: premio ao mellor longametraxe documental.

Ver o avance en: You Tube [. mp4 • 10 Mb] · VOS inglés


Vanessa Rousselot é unha directora francesa moi nova que percorreu Cisxordania en busca do humor palestino. Os produtores apostaron pola promoción en liña do documental. Tamén realizou unha serie de retratos de debuxantes de banda deseñada de «Cartooning for Peace» orixinarios do mundo árabe.


mércores 29 de xaneiro do 2014

ciclo «Erro do sistema»


«No» Non
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 6'8 Mb]

Título: «No» · (Non)
Ano:
País:
Director:
Guión:
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , ,
Duración: 116 min.
Productora: Fabula production | Participant Media | Funny Balloons
Distribuidora:
Exhibición: Dixital 1'9 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: castelán · VO (versión orixinal)

Sipnose:
René Saavedra (Gael García Bernal) é un executivo de publicidade que volta a Chile tralo exilio en México e deseña unha brilante e optimista campaña que propugna o «Non» ao plebiscito chileno de 1988. O seu obxectivo é poñer fin á dictadura militar e derrocar a Augusto Pinochet.

Premios e mencións:
2012 · Oscar: nominada á mellor película de fala non inglesa :: Festival de Cannes: Premio Quincena de Realizadores á mellor película :: Festival de La Habana: Mellor película :: Premios Ariel: Nominada a Mellor película iberoamericana

Crítica:
"A radiografía perfecta non dunha época senon dun estado de ánimo convertido en enfermidade. (…) Larraín conquire como ninguén explicarnos (a nós e a él mesmo) o horror…"
Luis Martínez (El Mundo)

luns 3 de febreiro do 2014

Sesións de Filmoteca: «Premios Amal»

Rabat


O filme de «Rabat» inicialmente estaba programado para o luns 29 de xaneiro, a razón do troco de data ven pola incorrecta información sobre a duración deste último filme; a ficha informativa que nos pasaron dicía que duraba 62 minutos, cando nas probas de cabina, o monitor anuncia realmente unha duración de hora e media. Agardamos sepades desculpar este contratempo.

Título: «Rabat»

Rabat

Ano:
País: |
Director: e
Guión: Jim Taihuttu e Victor Ponten

Música:
Fotografía: e
Reparto: , , ,
Duración: 65 min.
Produtores: Daniel Ashes, Kees de KoningHicham El Ghorfi
Exhibición: Dixital HD Br · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idioma: Francés, árabe e holandés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Nadir, Abdel e Zakaria son tres amigos que poñen rumbo a Marrocos desde Holanda para cumprir cun favor aparentemente sinxelo: entregar o taxi do pai de Nadir ó home que o mercou. Durante o camiño vivirán situacións inesperadas e encontros con persoas que marcarán as súas decisións. «Rabat» non só fala da amizade dos tres mozos, senón tamén do conflito entre os valores de modernidade e tradición que vive a poboación inmigrante nas sociedades occidentais.

Premios e mencións:
2012 · Festival AMAL: premios ao mellor longametraxe de ficción, mellor dirección e mellor interpretación masculina.

Ver o avance do filme en: You Tube [. mp4 • 24'8 Mb] · VOS inglés


Víctor Ponten (Arnhem, Holanda 1981) e Jim Taihuttu (Veno, Dinamarca 1981) coñecéronse por casualidade no 2000, os dous tiñan a mesma melodía nos seus teléfonos móbiles. Foi o comezo dunha fermosa amizade que os levou a crear a súa propia produtora: Habbekrats. Con ela escriben, dirixen e producen no 2010 a súa primeira longametraxe «Rabat», que se estreou con éxito nos cines holandeses no 2011.


Lembrade que non se permite a entrada unha vez comezada a proxección e os filmes do ciclo, non son recomendables a menores de dezaseis anos

E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados para este ciclo, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moitísimo os vosos comentarios. Agardamos que gocedes e sexades partícipes do cineclube, sen vós non somos nada.



Publicar un comentario