01/02/14

ciclo «Viaxes e procuras»

Proxéctase durante o mes de febreiro do 2014 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11) nos seguintes días:
Os luns: as 20:30 e 23 h. e cota xeral de socios de 2 .
Mércores: as 18, 20:30 e 23 h* e cota xeral de socios de 4  …


*Agás o filme do mércores 26, que debido a súa duración as sesións son as 18 e 21 h. (horarios CUT+1)

mércores 5 de febreiro do 2014

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 7'6 MB]

Título: «Jagten» · La Caza (A Caza)
Ano:
País:
Director:
Guión: Thomas Vinterberg e
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , ,
Duración: 111 min.
Productora: Zentropa Entertainments
Distribuidora:
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: sueco e inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Despois dun difícil divorcio, Lucas, de corenta anos, atopa unha nova muller, un novo traballo e disponse a reconstruir a súa relación con Marcus, o seu fillo adolescente. Pero algo comeza a ir mal: un detalle, un comentario inocente e unha mentira insignificante que exténdese coma un virus invisible sementando o estupor e a desconfianza nunha pequena comunidade. A situación chega a ser tan terrible que Lucas vese obrigado a loitar por salvar a súa vida e a súa dignidade.

Premios e mencións:
2012 · Festival de Cannes: mellor actor (Mads Mikkelsen) :: Premios do Cine Europeo: mellor guión (5 nominacións, incluíndo á mellor película)

Crítica:
"A mellor película de Thomas Vinterberg desde «Festen» é un incómodo drama sicolóxico arredor dunha angustiosa interpretación de Mads Mikkelsen"
David Rooney (The Hollywood Reporter)


luns 10 de febreiro do 2014

cartaz do filme
Velo avance do filme: Vimeo [. mp4 • 5'7 MB]

Título: «Veinte años no es nada» · (20 anos non é nada)
Ano:
País:
Director:
Guión: Joaquín Jordá, e
Fotografía:
Duración: 117 min.
Productora: Ovideo TV
Distribuidora:
Exhibición: Dixital (DVD) · Cor e B/N
Idiomas: castellano e catalán · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
A experiencia autoxestionaria dos traballadores da fábrica Numax, a finais dos setenta, quedou recollida nun documental que eles mesmos decidiron que se fixera, e que encargaron a Joaquim Jordà no momento en que estaban a piques de pechar. Titulouse «Numax presenta…». Aquelas imaxes, recuperadas, xunto coa situación dos traballadores tantos anos despois, os levan a reflexionar sobre as últimas e intensas décadas que tocáronlles vivir, para descubrir a fraxilidade dos ideais de xuventude e ofrecer «unha historia de transición» con minúsculas.

Premios e mencións:
2006 · Premios Goya: Nominada ao mellor longametraxe documental :: 49 edición da Seminci: 2º > premio na sección «Tiempo de Historia»

Crítica:
"Un dos documentais máis apaixoantes dos últimos anos…"
Mirito Torreiro (El País)


mércores 12 de febreiro do 2014

cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [. mp4 • 36'7 MB]

Título: «Mud»
Ano:
País:
Director:
Guión: Jeff Nichols
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , ,
Duración: 130 min.
Productora: Everest Entertainment | FilmNation Entertainment | Brace Cove Productions
Distribuidora:
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Nunha illa do Mississippi, dous nenos atopan a un fuxitivo chamado Mud. Matou a un home para protexer o amor da súa vida, Juniper, e agora ocúltase dos cazadores de recompensas. Os nenos acceden a axudarlle para xuntarse con Juniper e preparar a súa fuxida xuntos, sen saber que a aparición de Mud significará o fin das súas infancias.

Premios e mencións:
2013 · Independent Spirit Awards (California, Estados Unidos): mellor reparto e nominada ao mellor director
2012 · Festival de Cannes: sección oficial de longametraxes.

Crítica:
"Un fermoso retrato adolescente (…) Nichols describe admirablemente a fascinación destes rapaces cara ao perigo descoñecido (…) todo respira nesta fermosa película… "
Carlos Boyero (El País)


luns 17 de febreiro do 2014

cartaz do filme

Título: «Lou Reed: Rock and Roll Heart»
Ano:
País:
Director:
Música:
Fotografía: , , Timothy Greenfield-Sanders e
Reparto: Lou Reed, , , ,
Duración: 73 min.
Productora: American Masters | WNET Channel 13 New York
Distribuidora: sen distribución · inédito en España
Exhibición: Dixital (DVD) · Cor e B/N
Idiomas: inglés · VOSP (versión orixinal subtitulada ao portugués)

Sipnose:
Un retrato sobre a evolución da carreira de Reed durante máis de tres décadas. Entrevistas con Reed, os seus amigos e algúns dos grandes artistas influenciados por él como David Bowie, David Byrne, Patti Smith, Suzanne Vega, Dave Stewart e Philip Glass.

Premios e mencións:
2006 · Grammy: mellor video musical de longa duración.



mércores 19 de febreiro do 2014

cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [. mp4 • 36'7 MB]

Título: «Da-reun na-ra-e-suh» —In another country— · En otro país (Noutro país)
Ano:
País:
Director:
Guión: Hong Sang-soo
Música:
Fotografía: e
Reparto: , , , ,
Duración: 89 min.
Productora: Jeonwonsa Film Co.
Distribuidora:
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital
Idiomas: coreano e inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Unha rapaza e a súa nai fuxen da cidade costeira de Mohang para eludir as débedas contraídas. A rapaza comeza a escribir un guión para unha curtametraxe que ten como protagonistas a tres mulleres chamadas Anne. As tres chegan a Mohang e alí reciben a axuda da dona do motel onde estan aloxadas e da un socorrista que vagabundea pola praia.

Premios e mencións:
2012 · Festival de Cannes: sección oficial de longametraxes.

Crítica:
"Unha das propostas máis libres, desenvoltas e cómicas de cantas películas poidan ter pasado por Cannes (2012)… dixemos xa que é divertidísima?… "
Luis Martínez (El Mundo)


luns 24 de febreiro do 2014

As curtas de Roman Polanski

cartaz do filme

Anos:
Países: e
Director:
Música:
Duración: 78 min.
Distribuidora:
Exhibición: Dixital (DVD) · Cor e B/N · Ratio 1.37:1 · Mono
Idiomas: polaco · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Títulos:
«Morderstwo» · Asesinato (Asasinato)
(1957 • 1'27")
A primeira curta que Polanski realiza aos 24 anos na Escola Estatal de Cine de Lodz, Polonia. É un simple exercizo de escena única na semi-oscuridade, narrado con tal ousadía que resulta sorprendente.

«Usmiech zebiczny» · Una sonrisa (Sorriso de orella a orella)
(1957 • 1'52")
Outro exercizo mudo de unidade espaciotemporal, onde afloran os primeiros rasgos de humor ácido. Consonte escribíu na súa autobriografía, a idea foi en realidade suxerida polo seu profesor. O certo é que o voyeurismo será un tema recurrente na súa obra, xeralmente coas mesmas consecuencias.

«Dwaj ludzie z szafa» · Dos hombres y un armario (Dos homes e un armario)
(1958 • 14'16")
O máis coñecido das curtas, foi tamén o primero en ser estreado públicamente. Obtivo cinco premios internacionales e espertou a atención da crítica. Polanski explora a comedia absurda, creando fermosísimas imaxes e situacións surrealistas, onde la inocencia vese constantemente acosada pola crueldade e a perversión do mundo.

«Rozbijemy zabawe» · Interrumpiendo la fiesta (Interrompide o baile)
(1957 • 7'41")
Polanski ingresa na dimensión do sonoro e a montaxe narrativo. A súa cámara transfórmase en espía-documental e narra a historia dun grupo de canallas que irrompen nunha festa para acabar con todo. O efecto é inquetante, xa que resulta un híbrido do «cinema vérité» con clarasorquestacións do director.

«Gdy spadaja anioly» · Ángeles caídos (Cando caen os anxos)
(1959 • 20'49")
Esta tese de graduación naceu dun artigo xornalístico sobre unha anciá encargada dun aseo público que di ter unha experiencia mística. Polanski encántalle a idea e a adáptaa traballando, por primeira vez, cun argumento de narrativa non lineal. Nótase que confíanlle uns poucos cartos e saca a cámara ao exterior, aluga equipos de efectos especiais e incursiona na fotografía a cor ao narrar o tempo alterno (e histriónico na interpretación) da memoria.

«Lampa» · La lámpara (A lámpada)
(1959 • 7'21")
Realizado durante o seu último ano na Escuela de Cine. Pode notarse o seu interese crecente pola fotografía contrastada, a construcción de tensións ao través da banda sonora e, temáticamente, o elemento fantástico inserto na realidade cotiá. Unha verdadeira xoia experimental contada con mínimos recursos.

«Ssaki» · Mamíferos
(1962 • 10'22")
A última curta de Polanski, marabilla polo seu exquisito traballo fotográfico e a coreografía actoral aparecendo e desvaecéndose na deslumbrante neve. Cómpre destacar o traballo de Krzysztof Komeda, quen compuxo case todas as bandas sonoras das curtametraxes.

«Le gros et la maigre»The Fat and the Lean— · (O gordo e o fraco)
(1961 • 15'09")
Polanski regresa ao slapstick e á comedia do absurdo utilizando a parella recurrente de amigos-enemigos. Divertida e inxeniosísima, unha denuncia que invita á reflexión pola sinxeleza dos seus recursos e a profundidade da súa metáfora.




mércores 26 de febreiro do 2014

cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [. mp4 • 36'7 MB]

Título: «Bir zamanlar Anadolu'da»Once upon a time in Anatolia— · Érase una vez en Anatolia (Había unha vez na Anatolia)
Ano:
País:
Director:
Guión: , Nuri Bilge Ceylan e .
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 158 min.
Productora: Zeynofilm | Turkish Radio & Television (TRT) | Fida Film | NBC Film
Distribuidora: .
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: turco · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
A vida nunha pequena cidade aseméllase a unha viaxe no medio das estepas: a impresión de que algo «novo e diferente» vai a xurdir de cada outeiro, aínda que as estradas resulten sempre monótonas, interminables e inevitablemente iguais.

Premios e mencións:
2012 · Premios do Cine Europeo: nominada ao mellor director e mellor fotografía
2011 · Festival de Cannes: gran premio do xurado (ex aequo).

Crítica:
"En todos os seus posibles rostros maniféstase o xenio dun cineasta que non deixa de tomar riscos e desafiar aos seus espectadores (…) Quizáis só o tempo poida decidir o que é ou non unha obra mestra: «Había unha vez na Anatolia» polo menos o parece… "
Jordi Costa (El País)






Folla de programación:
2014-02 - ciclo «Viaxes e Procuras»  [.jpg • 532 kB]

Publicar un comentario