01/02/14

Programación febreiro 2014

Dicía Aristóteles (no seu Libro I) que «Todos temos un desexo natural ao saber. O placer que nos causan as percepcións dos nosos sentidos son unha proba desta verdade. Agrádanos por sí mesmas, independentemente da súa utilidade, sobre todo as da vista…». En efecto, non só temos intención de obrar, coa percepción das imaxes que vos propomos os mércores de febreiro, senón que ademáis, transitamos nas procuras, dos e das protagonistas deste ciclo, que dimos por chamalo «Viaxes e Procuras».


cartaz programación xaneiro 2014 · cineclubePF
Deseño do cartaz: Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Talvez non exista ningún obxecto práctico ou metafísico visible, pero compleméntase perfectamente nas idas e voltas da nosa memoria, coas viaxes que propomos os luns de filmoteca; rematamos a ollada ao festival , cunha road-movie, a visita introspectiva aos inicios da transición de Joaquim Jordá, os inicios do director polaco Roman Polanski, ou, a estrea dun documental inédito (pola censura), sobre a vida de Lou Reed.

Agardamos nos acompañedes nesta experiencia, coa atención ás novidades e avisos que sinalamos de seguido…



Sesións:
Os luns as 20:30 e 23 h. — Cota de entrada única: 2 *
* agás o luns 3 de febreiro, ciclo «Amal», que é de balde
Os mércores as 18, 20:30 e 23 h* — Cota de entrada única: 4 
* agás o mércores 26 de febreiro, que será as 18 e 21 h.

Lugar:
(casa da Cultura), rúa Concello 11

Proxeccións en VOS e filmes non recomendados para menores de 16 anos. Lembrade por favor, que Non se permite a entrada unha vez comezada a proxección.


Velaquí tedes os filmes deste mes…

luns 3 de febreiro do 2014

ciclo «Amal»


Ciclo «Amal»: filme Rabat (3 de febreiro do 2014)
O filme de e (que tiñamos pensado proxectar o luns pasado), conta a historia de tres amigos, Nadir, Abdel e Zakaria que poñen rumbo a desde Holanda para cumprir cun favor aparentemente sinxelo: entregar o taxi do pai de Nadir ó home que o mercou.

Premios ao mellor longametraxe de ficción, mellor dirección e mellor interpretación masculina no Festival AMAL 2012.
Este luns nas sesións de «Filmoteca» , as 20:30 e 23 h. e con entrada de balde.
Ver a ficha do filme


ciclo «Viaxes e procuras»


mércores 5 de febreiro do 2014

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 7'6 MB]

Título: «Jagten» · La Caza (A Caza)
Ano:
País:
Director:
Guión: Thomas Vinterberg e
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , ,
Duración: 111 min.
Productora: Zentropa Entertainments
Distribuidora:
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: sueco e inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Despois dun difícil divorcio, Lucas, de corenta anos, atopa unha nova muller, un novo traballo e disponse a reconstruir a súa relación con Marcus, o seu fillo adolescente. Pero algo comeza a ir mal: un detalle, un comentario inocente e unha mentira insignificante que exténdese coma un virus invisible sementando o estupor e a desconfianza nunha pequena comunidade. A situación chega a ser tan terrible que Lucas vese obrigado a loitar por salvar a súa vida e a súa dignidade.

Premios e mencións:
2012 · Festival de Cannes: mellor actor (Mads Mikkelsen) :: Premios do Cine Europeo: mellor guión (5 nominacións, incluíndo á mellor película)

Crítica:
"A mellor película de Thomas Vinterberg desde «Festen» é un incómodo drama sicolóxico arredor dunha angustiosa interpretación de Mads Mikkelsen"
David Rooney (The Hollywood Reporter)


luns 10 de febreiro do 2014

cartaz do filme
Velo avance do filme: Vimeo [. mp4 • 5'7 MB]

Título: «Veinte años no es nada» · (20 anos non é nada)
Ano:
País:
Director:
Guión: Joaquín Jordá, e
Fotografía:
Duración: 117 min.
Productora: Ovideo TV
Distribuidora:
Exhibición: Dixital (DVD) · Cor e B/N
Idiomas: castellano e catalán · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
A experiencia autoxestionaria dos traballadores da fábrica Numax, a finais dos setenta, quedou recollida nun documental que elos mesmos decideron que se fixera, e que encargaron a Joaquim Jordà no momento en que estaban a piques de pechar. Titulouse «Numax presenta…». Aquelas imaxes, recuperadas, xunto coa situación dos traballadores tantos anos despois, os levan a reflexionar sobre as últimas e intensas décadas que tocáronlles vivir, para descubrir a fraxilidade dos ideais de xuventude e ofrecer «unha historia de transición» con minúsculas.

Premios e mencións:
2006 · Premios Goya: Nominada ao mellor longametraxe documental :: 49 edición da Seminci: 2º premio na sección «Tiempo de Historia»

Crítica:
"Un dos documentais máis apaixoantes dos últimos anos…"
Mirito Torreiro (El País)


mércores 12 de febreiro do 2014

cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [. mp4 • 36'7 MB]

Título: «Mud»
Ano:
País:
Director:
Guión: Jeff Nichols
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , ,
Duración: 130 min.
Productora: Everest Entertainment | FilmNation Entertainment | Brace Cove Productions
Distribuidora:
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Nunha illa do Mississippi, dous nenos atopan a un fuxitivo chamado Mud. Matou a un home para protexer o amor da súa vida, Juniper, e agora ocúltase dos cazadores de recompensas. Os nenos acceden a axudarlle para xuntarse con Juniper e preparar a súa fuxida xuntos, sen saber que a aparición de Mud significará o fin das súas infancias.

Premios e mencións:
2013 · Independent Spirit Awards (California, Estados Unidos): mejor reparto e nominada ao mellor director
2012 · Festival de Cannes: sección oficial de longametraxes.

Crítica:
"Un fermoso retrato adolescente (…) Nichols describe admirablemente a fascinación destes rapaces cara ao perigo descoñecido (…) todo respira nesta fermosa película… "
Carlos Boyero (El País)


luns 17 de febreiro do 2014

cartaz do filme

Título: «Lou Reed: Rock and Roll Heart»
Ano:
País:
Director:
Música:
Fotografía: , , Timothy Greenfield-Sanders e
Reparto: Lou Reed, , , ,
Duración: 73 min.
Productora: American Masters | WNET Channel 13 New York
Distribuidora: sen distribución · inédito en España
Exhibición: Dixital (DVD) · Cor e B/N
Idiomas: inglés · VOSP (versión orixinal subtitulada ao portugués)

Sipnose:
Un retrato sobre a evolución da carreira de Reed durante máis de tres décadas. Entrevistas con Reed, os seus amigos e algúns dos grandes artistas influenciados por él como David Bowie, David Byrne, Patti Smith, Suzanne Vega, Dave Stewart e Philip Glass.

Premios e mencións:
2006 · Grammy: mellor video musical de longa duración.



mércores 19 de febreiro do 2014

cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [. mp4 • 36'7 MB]

Título: «Da-reun na-ra-e-suh» —In another country— · En otro país (Noutro país)
Ano:
País:
Director:
Guión: Hong Sang-soo
Música:
Fotografía: e
Reparto: , , , ,
Duración: 89 min.
Productora: Jeonwonsa Film Co.
Distribuidora:
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital
Idiomas: coreano e inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Unha rapaza e a súa nai fuxen da cidade costeira de Mohang para eludir as débedas contraídas. A rapaza comeza a escribir un guión para unha curtametraxe que ten como protagonistas a tres mulleres chamadas Anne. As tres chegan a Mohang e alí reciben a axuda da dona do motel onde estan aloxadas e da un socorrista que vagabundea pola praia.

Premios e mencións:
2012 · Festival de Cannes: sección oficial de longametraxes.

Crítica:
"Unha das propostas máis libres, desenvoltas e cómicas de cantas películas poidan ter pasado por Cannes (2012)… dixemos xa que é divertidísima?… "
Luis Martínez (El Mundo)


luns 24 de febreiro do 2014

As curtas de Roman Polanski

cartaz do filme

Anos:
Países: e
Director:
Música:
Duración: 78 min.
Distribuidora:
Exhibición: Dixital (DVD) · Cor e B/N · Ratio 1.37:1 · Mono
Idiomas: polaco · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Títulos:
«Morderstwo» · Asesinato (Asasinato)
(1957 • 1'27")
A primeira curta que Polanski realiza aos 24 anos na Escola Estatal de Cine de Lodz, Polonia. É un simple exercizo de escena única na semi-oscuridade, narrado con tal ousadía que resulta sorprendente.

«Usmiech zebiczny» · Una sonrisa (Sorrisa de orella a orella)
(1957 • 1'52")
Outro exercizo mudo de unidade espaciotemporal, onde afloran os primeiros rasgos de humor ácido. Consonte escribíu na súa autobriografía, a idea foi en realidade suxerida polo seu profesor. O certo é que o voyeurismo será un tema recurrente na súa obra, xeralmente coas mesmas consecuencias.

«Dwaj ludzie z szafa» · Dos hombres y un armario (Dos homes e un armario)
(1958 • 14'16")
O máis coñecido das curtas, foi tamén o primero en ser estreado públicamente. Obtivo cinco premios internacionales e espertou a atención da crítica. Polanski explora a comedia absurda, creando fermosísimas imaxes e situacións surrealistas, onde la inocencia vese constantemente acosada pola crueldade e a perversión do mundo.

«Rozbijemy zabawe» · Interrumpiendo la fiesta (Interrumpide o baile)
(1957 • 7'41")
Polanski ingresa na dimensión do sonoro e a montaxe narrativo. A súa cámara transfórmase en espía-documental e narra a historia dun grupo de canallas que irrumpen nunha festa para acabar con todo. O efecto é inquetante, xa que resulta un híbrido do «cinema vérité» con clarasorquestacións do director.

«Gdy spadaja anioly» · Ángeles caídos (Cando os anxos caen)
(1959 • 20'49")
Esta tese de graduación naceu dun artigo xornalístico sobre unha anciá encargada dun aseo público que di ter unha experiencia mística. Polanski flipa coa idea e a adapta traballando, por primeira vez, un argumento de narrativa non lineal. Nótase que confíanlle uns poucos cartos e saca a cámara ao exterior, aluga equipos de efectos especiais e incursiona na fotografía a cor ao narrar o tempo alterno (e histriónico na interpretación) da memoria.

«Lampa» · La lámpara (A lámpada)
(1959 • 7'21")
Realizado durante o seu último ano na Escuela de Cine. Pode notarse o seu interese crecente pola fotografía contrastada, a construcción de tensións ao través da banda sonora e, temáticamente, o elemento fantástico inserto na realidade cotiá. Unha verdadeira xoia experimental contada con mínimos recursos.

«Ssaki» · Mamíferos
(1962 • 10'22")
A última curta de Polanski, marabilla polo seu exquisito traballo fotográfico e a coreografía actoral aparecendo e desvaecéndose na deslumbrante neve. Cabe destacar o traballo de Krzysztof Komeda, quen compuxo case todas as bandas sonoras das curtametraxes.

«Le gros et la maigre»The Fat and the Lean— · (O gordo e o fraco)
(1961 • 15'09")
Polanski regresa ao slapstick e á comedia do absurdo utilizando a parella recurrente de amigos-enemigos. Divertida e inxeniosísima, unha denuncia que invita á reflexión pola sinxeleza dos seus recursos e a profundidade da súa metáfora.




mércores 26 de febreiro do 2014

cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [. mp4 • 36'7 MB]

Título: «Bir zamanlar Anadolu'da»Once upon a time in Anatolia— · Érase una vez en Anatolia (Había unha vez na Anatolia)
Ano:
País:
Director:
Guión: , Nuri Bilge Ceylan e .
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 158 min.
Productora: Zeynofilm | Turkish Radio & Television (TRT) | Fida Film | NBC Film
Distribuidora: .
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: turco · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
A vida nunha pequena cidade aseméllase a unha viaxe no medio das estepas: a impresión de que algo «novo e diferente» vai a xurdir de cada outeiro, aínda que as estradas resulten sempre monótonas, interminables e inevitablemente iguais.

Premios e mencións:
2012 · Premios do Cine Europeo: nominada ao mellor director e mellor fotografía
2011 · Festival de Cannes: gran premio do xurado (ex aequo).

Crítica:
"En todos os seus posibles rostros maniféstase o xenio dun cineasta que non deixa de tomar riscos e desafiar aos seus espectadores (…) Quizáis só o tempo poida decidir o que é ou non unha obra mestra: «Había unha vez na Anatolia» polo menos o parece… "
Jordi Costa (El País)


Lembrade que, temos propostas e liñas abertas á vosa colaboración e participación:
  1. Animádevos a presentar algún dos filmes programados (lígase despois, bbfff…unha barbaridade…,hai unha chea de recoñecemento social, fanche descontos, entras gratis á sesión, invitamos a unha caña… etc.)
  2. Queremos por en marcha o Ambigú do cineclube na biblioteca (un espazo de reflexión e debate sobre as películas programadas ou as que hai en depósito na biblioteca)
  3. Tes ao seguir estas liñas, todo o espazo do mundo, para comentar, suxerir ou espallar polas redes sociais, aquelo que consideres xusto e necesario. O apreciamos con sinceridade e propósito de enmenda.




Folla de programación: 2014-02  [.jpg • 1'2 MB]

Horarios CUT+1


Publicar un comentario