01/03/14

Programación marzo 2014

Nos lonxanos inicios de 1940, Hearst, un ricachón cheo de ira, daba orde de censura no seu imperio xornalístico, a un filme, que no seu nome non tiña relación, «Cidadán Kane», a pesares de todo, asociouse eternamente á súa figura e traspasou todos os intentos de silencio sobre o mesmo.

Os intentos de censura no cinema, é habitual nos medios actuais, posto que prefiren "informarnos" dos peiteados da estrela futbolística de moda, antes do que acontece no tecido cultural da propia cidade. Mesmo, como vostede pode comprobar agora mesmo en calquera xornal, radio ou televisión, é máis probable saber da Lady Gaga na sección cultural, que a programación que de seguido adiantamos.

Talvez, deberíamos acudir ao efecto Streissand, ou simplemente con esta excusa, despois da ridícula prohibición a disfrazarse de Garda civil, homenaxear cunha escea de Berlanga, o paradigma da situación actual, en versión orixinal e sen subtítulos esperpénticos de ministro, cun cartaz, deseño de Iñaki Nóvoa, sobre unha escea de «O Verdugo» filme extraordinario, nunha España gris e mediocre, que retrataba ao españolito de a pé, desafortunado e sen blanca, empuxado por unha fatalidade, do mesmo que agora, vémonos empuxados na mesma fortuna e fatalidade… pero con extraordinarios filmes no  panorama cinematográfico español máis recente.


cartaz do ciclo
Deseño do cartaz: Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Despois dos disfraces do entroido, comezamos.




ciclo «VO.ES»


luns 10 de marzo do 2014

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 2'7 MB] VO
Título: «Los ilusos» · (Os ilusos)
Ano:
País:
Director:
Guión: Jonás Trueba
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , ,
Duración: 93 min.
Producción: Javier Lafuente e Jonás Trueba
Distribuidora: Autodistribución
Exhibición: Dixital (DVD) · B/N
Idioma: castelán · VO (versión orixinal)

Sipnose:
Os desexos de facer cinema, o que fan algunhos cineastas cando non fan cinema; sobre perder o tempo e o tempo perdido; sobre conversas, borracheiras, xantares e rutinas; sobre os paseos ao sair do cine; sobre estar namorado; sobre estar só e estar con amigos, construindo futuras lembranzas para un futuro filme.

Premios e mencións:
2013 · Festival Cinespaña (Toulouse, Francia): premios á mellor interpretación masculina e mellor música»

Crítica:
"Jonás Trueba non fixo un filme: saíu a buscala e o que atopou é valioso. E o que o espectador ve na pantalla é unha minuciosa articulación desos materiales dispersos que funcionan como un mecano para a utopía…"
Jordi Costa (El País)

mércores 12 de marzo do 2014

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 3'6 MB] VO
Título: «Caníbal»
Ano:
País:
Director:
Guión: Manuel Martín Cuenca e
Fotografía:
Reparto: , , , ,
Duración: 116 min.
Productora: La Loma Blanca | Mod Producciones | CTB Film Company | Libra Film | Luminor
Distribuidora:
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idioma: castelán · VO (versión orixinal)

Sipnose:
Carlos é o sastre máis prestixioso de Granada. Un home respetable. As súas paixóns son o traballo e por enriba de todo a comida, pero non come calquera cousa:aliméntase de mulleres descoñecidas, coas que non ten ningún vínculo emocional. Esa situación muda o día no que coñece a Nina, unha moza rumana que busca desesperadamente á súa irmá xemelga, que leva uns días desaparecida.

Premios e mencións:
2013 · Premios Goya: mellor fotografía :: Festival de San Sebastián: mellor fotografía (5 nominacións, incluíndo á mellor película)

Crítica:
"Parte de duas intencións tan extremas como apaixoantes: unha, a reflexión sobre os lindes do amor (…) outra, como facer para que, sen abandonar nunca o punto de vista do asasino, o espectador non se limite a enxuízalo. En ámbolos desafíos, os supera o director,e con creces"
Mirito Torreiro (Fotogramas)

luns 17 de marzo do 2014

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 17'7 MB] VO
Título: «Gente en sitios» · (Xente en sitios)
Ano:
País:
Director:
Guión: Juan Cavestany
Música: e
Fotografía: Juan Cavestany
Reparto: , , , ,
Duración: 83 min.
Productora: Apaches Entertainment
Distribuidora:
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idioma: castelán · VO (versión orixinal)

Sipnose:
Rodada sen orzamento e cámara en man, «Gente en sitios» é un relato caleidoscópico que percorre a comedia, o drama, o relato social, o terror e o surrealismo co denominador común de «a irreductible poesía da condición humana fronte as embestidas do extrano e o caótico».

Premios e mencións:
2013 · TIFF (Toronto, Canadá): selección oficial.

Crítica:
"A película máis relevante e extraordinaria na súa ordinariez que deu o cine español este ano e quizais nos vindeiros. Precisa, delicada, absurda, necesaria."
Luis Martínez (El Mundo)

mércores 19 de marzo do 2014

cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [.mp4 • 36'7 MB] VO
Título: «La herida» · (A ferida)
Ano:
País:
Director:
Guión: Fernando Franco e
Música: e
Fotografía:
Reparto: , , , ,
Duración: 95 min.
Productora: Kowalski Films | Elamedia | Encanta Films | Etb | Pantalla Partida Producciones
Distribuidora:
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: castelán · VO (versión orixinal)

Sipnose:
Ana (Marian Álvarez) é unha muller de 28 anos que síntese útil e satisfeita no seu traballo rutinario axudando a outros. Porén, fóra da súa xornada laboral, Ana ten serios problemas para relacionarse, pois é socialmente torpe, incluso agresiva, coas persoas máis próximas e queridas.

Premios e mencións:
2013 · Premios Goya: 2, mellor actriz e novo director. :: Festival de San Sebastián: premio especial do xurado, mellor actriz. :: Festival de Mar de Plata: Astor de Plata á mellor actriz (Marian Álvarez)

Crítica:
"Marián Álvarez, xunto á impecable dirección dun debutante, acadaron de amosar que non só Ana existe, e merece a nosa mirada. Tamén existe outro cine español, e é estupendo"… "
Sergi Sánchez, (La Razón)
luns 24 de marzo do 2014

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 20'7 MB] VOS
Título: «La plaga» · (A praga)
Ano:
País:
Director:
Guión: Neus Ballús e
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , ,
Duración: 85 min.
Productora: El Kinògraf | Televisió de Catalunya
Distribuidora: Noucinemart SL. 
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital
Idiomas: castelán e catalán · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Raúl, un campesiño que intenta facer produción ecolóxica, contrata a Iurie para que lle axude no campo. Iurie é loitador de loita libre, pero para gañarse a vida ten que traballar do que lle saia. Pouco a pouco, as historias destes dous homes van entrelazándose coas de tres mulleres solitarias: María, unha anciá que ten que deixar a súa casa para irse a vivir a unha residencia de avós; Rose, unha enfermeira filipina que acaba de chegar ao país; e Maribel, unha prostituta que cada vez ten menos clientes. Os destinos de todos estes personaxes entretécense a medida que o verán avanza.

Premios e mencións:
2013 · Premios Gaudí: 3 premios (montaxe, guión e mellor filme en lengua catalana) :: Premios Goya: Nominada á mellor dirección novel.

Crítica:
"Funciona como un extraordinario western lírico (…) parece non estar contando nada para contalo todo… "
Jordi Costa (El País)
mércores 26 de marzo do 2014

cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [.mp4 • 11'6 MB] VO
Título: «Stockholm» · (Estocolmo)
Ano:
País:
Director:
Guión: Rodrigo Sorogoyen e .
Fotografía:
Reparto: , ,
Duración: 92 min.
Productora: Caballo Films | Tourmalet Films | Morituri
Distribuidora:
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idiomas: castelán · VO (versión orixinal)

Sipnose:
Todo ocorre durante unha noite. Unha noite calquera para el e decisiva para ela. Despois desa noite, eles non o saben porén continuarán unidos para sempre.

Premios e mencións:
2013 · Premios Goya: mellor actor revelación (3 nominacións) :: Festival de Málaga: mellor director, actriz e guión novel.

Crítica:
"Cara a mitade (…) Stockholm rómpese e rómpese ben, con elegancia, coa sutileza do cinema ben rodado… "
Andrea Gutiérrez Bermejo (Cinemanía)


Sesións:
Os luns as 20:30 e 23 h. — Cota de entrada única: 2 
Os mércores as 18, 20:30 e 23 h — Cota de entrada única: 4 *

(Agás os que teñen reducción dun euro na cota de entrada se asistiron nesa mesma semana, ao luns de filmoteca)

Lugar:
(casa da Cultura), rúa Concello 11

Este mes, proxeccións en VO (agás o luns 24 de marzo, que ten subtítulos en castelán) e filmes non recomendados para menores de 16 anos. Lembrade por favor, que Non se permite a entrada unha vez comezada a proxección.



Lembrade que, temos propostas e liñas abertas á vosa colaboración e participación:
  1. Animádevos a presentar algún dos filmes programados (lígase despois, bbfff…unha barbaridade…,hai unha chea de recoñecemento social, fanche descontos, entras gratis á sesión, invitamos a unha caña… etc.)
  2. Queremos por en marcha o Ambigú do cineclube na biblioteca (un espazo de reflexión e debate sobre as películas programadas ou as que hai en depósito na biblioteca)
  3. Tes ao seguir estas liñas, todo o espazo do mundo, para comentar, suxerir ou espallar polas redes sociais, aquelo que consideres xusto e necesario. O apreciamos con sinceridade e propósito de enmenda.

Horarios CUT+1


Publicar un comentario