14/04/14

programación abril—maio 2014 (I)

Neste mes de abril, cúmprense os 40 anos da revolta dos caraveis.
, cun pasado militar semellante a España, porén foi quen de reescribir dignamente unha parte da súa historia, cunha frase veraz apenas en uso: «O povo é quen máis ordena».


cartaz programación abril-maio 2014 · cineclubePF
Deseño do cartaz: Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Precisamente, Portugal, comeza a pesares dos seus atrancos na súa economía, a ser centro de olladas periféricas, atrapadas entre a tradición e novos discursos estéticos dos cineastas lusos, que lamentablemente son pouco coñecidos e distribuidos en España. Non podemos amosar todos os que nos gustarían, precisamente polos avatares da distribución cinematográfica, mais sirva o programa que os presentamos, para así descubrir que fixeron e que é o que está a acontecer.
Excepcionalmente neste ocasión, hai proxeccións fora do ciclo, varían horas, sumamos días, e novos lugares, polo que pregámosvos unha atención especial aos seguintes detalles…



Sesións: *
Os luns ás 20:30 e 23 h. — Cota de entrada xeral: 2 
Os mércores ás 18, 20:30 e 23 h — Cota de entrada xeral: 4 
Sesións na universidade: «Clásicos do cinema português» ás 18 h. — Entrada de balde.

* Agás o luns 28 de abril, unha única sesión ás 20:30 h.
O luns de filmoteca do 5 e 12 de maio a entrada ás sesións é de balde.
Os socios e socias que asistan á sesión do luns, na mesma semana, teñen desconto dun euro na sesión dos mércores.

Lugares:
(casa da Cultura), rúa Concello 11
, Facultade de Ciencias da Educación - edificio de ferro, sala Emilia Pardo Bazán

Proxeccións en VO e VOS; filmes non recomendados para menores de 16 anos.
Lembrade por favor, que NON se permite a entrada unha vez comezada a proxección e a utilización de móbiles.


E de seguido, velaquí tedes a segunda parte do noso intenso programa primaveral que dimos por chamar «Portugal no coração», Márcia e Dead Combo poñen o son ao noso avance visual [.mp4 • 10'3 MB]  e como din no seu tema «Visões Ficções»… «São tudo fantasias que o cinema projectou no meu olhar».

Obrigado pola vosa asistencia.



luns 21 de abril do 2014


cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 · 14'1 MB] VO

Título: «Centro Histórico»
Ano:
País:
Directores: , , e
Guionistas: Pedro Costa, Manoel de Oliveira, Víctor Erice e Aki Kaurismäki
Música:
Fotografía: Pedro Costa, e
Reparto: , , , ,
Duración: 80 min.
Productora: Globalstone RV Films | Nautilus Films
Distribuidora:
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 (16:9) · Dolby dixital
Idiomas: portugués · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Contaremos coa presencia de Iván Villarmea Álvarez (co-director da revista de cine ) que presenta o libro «Jugar con la memoria. El cine portugués en el siglo XXI» de .

Sipnose:
Unha longametraxe con catro historias ambientadas en Guimarães, co gallo da capitalidade cultural.

Crítica:
Filme nado como manifesto cinematográfico de Guimarães, nela o episodio de Víctor Erice é outra mostra do seu xenio.
Javier Ocaña (El País)



mércores 23 de abril do 2014

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 · 35'5 MB] VOS

Título: «Mistérios de Lisboa» · (Misterios de Lisboa) — 1ª parte
Ano:
País:
Director:
Guión:
Música: e
Fotografía:
Reparto: , , , ,
Duración: 130 min. (1ª parte)
Productora: Clap Filmes
Distribuidora: | Doc&Film International
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: portugués · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Século XIX. A través dunha viaxe de Portugal a Francia, Italia e mesmo Brasil, asistimos a un vórtice de aventuras e fugas, coincidencias e revelacións, romances, paixóns violentas e vinganzas. En Lisboa, unha cidade chea de intrigas e identidades falsas, varios personaxes están vinculados dunha ou outro xeito ao destino de Pedro dá Silva, un orfo que vive nun internado: o pai Dinis, un descendente de aristócratas libertinos, que se converte en heroe defensor da xustiza, unha condesa toleada polos celos e sedenta de vinganza, un próspero home de negocios que fixo fortuna como pirata sanguinario… Todos estes personaxes teñen un interese común: descubrir a verdadeira identidade de Pedro dá Silva.

Premios e mencións:
2011 · Satellite Awards: mellor filme de fala non inglesa.
2010 · Festival de San Sebastián: mellor director.

Crítica:
"Exquisitez suprema. (…) Non se asusten das súas case catro horas e media de duración, porque non hai un só minuto delas que non conteña cinema en estado puro"

Jordi Batlle Caminal (La Vanguardia)



Semana do 21 ao 25 de abril

40 anos da revolução dos cravos
O cineclubePF organiza unha barricada de imaxes de arquivo (1975) sobre a revolución dos caraveis, que se amosaran en diferentes puntos da cidade, sen aviso previo (e sen a gubernativa autorización… como os feitos amotinados co poder establecido), evocando estados e sentimentos de fai 40 anos.





luns 28 de abril do 2014


cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 · 5'3 MB] VO

Título: «Sangue do Meu Sangue» Sangre de mi sangre
Ano:
País:
Director:
Guión: João Canijo
Fotografía:
Reparto: , , , ,
Duración: 190 min.
Productora: Midas Filmes
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 (16:9) · Dolby dixital
Idiomas: portugués · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Márcia é nai solteira de dous fillos, traballa como cociñeira e comparte a súa casa nun barrio periférico de Lisboa coa súa irmá, Ivete, perruqueira nun centro comercial. Un día, Cláudia, a súa filla, que estuda enfermaría e traballa como caixeira nun supermercado, cóntalle que se namorou dun home casado maior ca ela.

Crítica:
"O filme amosase diante do espectador como unha brutal e desangueda proba de sinceridade (…) sorprende.""
Luis Martínez (El Mundo)



mércores 30 de abril do 2014

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 · 35'5 MB] VOS

Título: «Mistérios de Lisboa» · (Misterios de Lisboa) — 2ª parte
Ano:
País:
Director:
Guión:
Música: e
Fotografía:
Reparto: , , , ,
Duración: 133 min. (2ª parte)
Productora: Clap Filmes
Distribuidora: | Doc&Film International
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: portugués · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Século XIX. A través dunha viaxe de Portugal a Francia, Italia e mesmo Brasil, asistimos a un vórtice de aventuras e fugas, coincidencias e revelacións, romances, paixóns violentas e vinganzas. En Lisboa, unha cidade chea de intrigas e identidades falsas, varios personaxes están vinculados dunha ou outro xeito ao destino de Pedro dá Silva, un orfo que vive nun internado: o pai Dinis, un descendente de aristócratas libertinos, que se converte en heroe defensor da xustiza, unha condesa toleada polos celos e sedenta de vinganza, un próspero home de negocios que fixo fortuna como pirata sanguinario… Todos estes personaxes teñen un interese común: descubrir a verdadeira identidade de Pedro dá Silva.

Premios e mencións:
2011 · Satellite Awards: mellor filme de fala non inglesa.
2010 · Festival de San Sebastián: mellor director.

Crítica:
"Exquisitez suprema. (…) Non se asusten das súas case catro horas e media de duración, porque non hai un só minuto delas que non conteña cinema en estado puro"

Jordi Batlle Caminal (La Vanguardia)



luns 5 de maio do 2014

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 · 21'2 MB] VO

Título: «Arraianos»
Ano:
País:
Director:
Guionistas: Eloy Enciso e
Música: e
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 70 min.
Productora: Artika Films | Zeitun Films
Distribuidora: Cine Binario Films
Exhibición: Dixital (DVD) · Cor
Idiomas: galego e castelán · VOS (versión orixinal subtitulada)

Sipnose:
Crónica sobre un pequeno pobo perdido nas montañas da fronteira entre Galicia e Portugal, unha comunidade rural que se resiste a desaparecer. Os momentos de ficción coexisten coa vida diaria dos veciños que, sorprendentemente, interpretan diálogos dunha obra existencialista e lírica chamada «O bosque», do escritor Jenaro Marinhas del Valle. Mentres realidade, mitos e sonos se confunden, aparece un estraño que anuncia unha profecía.

Na presentación do filme contaremos coa presencia de Xosé Manuel Sande, o guionista (e ademáis programador do CGAI). Entrada de balde até completar o aforo de 110 persoas.



martes 6 de maio do 2014


cartaz do filme

Título: «A Vizinha do Lado» · (A veciña do lado)
Ano:
País:
Director:
Guión: António Lopes Ribeiro e Vieira de Sousa
Música: Jaime Silva Filho
Fotografía: Octávio Bobone
Reparto: Silvestre Alegrim, Carlos Alves, Emilia D'Oliveira, Maria de Lourdes, Carmen Dolores
Duración: 115 min.
Productora: Companhia Portuguesa de Filmes | Sociedade Portuguesa de Actualidades Cinematográficas (SPAC)
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · B/N · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: portugués · VOSPt (versión orixinal subtitulada ao portugués)

Sipnose:
O profesor de ética, Prácido Mesquita, vén a Lisboa a visitar ao seu sobriño Eduardo para rescatalo dunha vida condenable de malos vicios e atópao dividido entre a paixón pola súa veciña do lado, a moza Mariana, e a relación amorosa que mantén con Isabel Moreira, artista de variedades valente e moi determinada. O veciño Saraiva e o porteiro Jerónimo contribúen á confusión que se instala no edificio e contaxia o profesor, que ve o obxectivo da súa viaxe radicalmente alterada.


mércores 7 de maio do 2014

cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [. mp4 · 5'6 MB]

Título: «América uma história portuguesa» · América, una historia muy portuguesa (América, unha historia ben portuguesa)
Ano:
País:
Director:
Guionistas: João Nuno Pinto, e
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , , Cassiano Carneiro
Duración: 111 min.
Productora: ANCINE | Fondo Ibermedia | ICA | RTP | ICAA
Distribuidora:
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: portugués · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Lisa, unha fermosa moza rusa, está casada con Víctor, un portugués. Fernanda, a ex esposa española de Víctor, decide aproveitarse das ondas de inmigrantes ilegais que chegan a Portugal para facer negocio vendendo pasaportes falsos. Pero esto da lugar a que a casa de Lisa, moi ao seu pesar, convírtese nun centro de reinserción social para inmigrantes de diversas razas e nacionalidades. Entre elos atópase Andrei, un rapaz ucraniano buscado pola mafia rusa, que acaba namorándose dela.

Crítica:
"Rodada con esmero y toques de estética visual nada gratuita, el turbio tono fotográfico entronca con el ambiente claustrofóbico donde se desarrolla su historia (…) "
Lluís Bonet Mojica (La Vanguardia)



Proxección especial · XIX edición da MITEU


xoves 08 de maio do 2014


cartaz do filme

Título: «??? ???» — Sugar on the Side — · Azúcar aparte
Ano:
País:
Director:
Guión: Basel Ramsis
Xénero: documental
Duración: 77 min.
Productora: Dayra Arts | Basel Ramsis
Distribuidora: Dayra Arts |
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: árabe · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Exipto, verán do 2013. Namentras un poder político cae e outro estase a establecer, Nehmedo, Hanan e outras tantas mulleres, viven entre e soño de mellorar a súa situación casando dunrante uns días con homes procedentes da zona do Golfo, e a súa vida diaria, marcada pola probreza, a discriminación e a violencia, nun pobo marxinado ao sur de Guiza.


luns 12 de maio do 2014

cartaz do filme

Título: «O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser»
Ano:
País:
Director:
Guión: Alberto Gracia
Son:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 61 min.
Productora: Zeitun Films | AGADIC
Distribuidora: Zeitun Films
Exhibición: Dixital (DVD) con textura en 16mm · B/N
Idiomas: galego · VO (versión orixinal)

Sipnose:
Novo episodio das peripecias do «enfant sauvage» Gaspar Hauser, acompañado do seu inseparable e querido cabaliño de madeira. Suxeito imposible, Gaspar ten nesta ocasión a personalidade fragmentada en cinco personaxes arquetípicos: un anano sadomasoquista, unha sedutora doncela, un tipo cínico e déspota, un mariñeiro romántico e un batman patético, encarnado este último polo propio director da película. Un antiheroe de bata e zapatillas, fumador compulsivo, que representa a inadaptación na que está inserido o home decepcionado, o home que pensa, o home que é deste mundo sen selo.

Premios e mencións:
2013 · Rotterdam International Film Festival: premio FIPRESCI.

Crítica:
"Procedente do mundo das artes plásticas, Gracia elabora un artefacto fílmico non identificado que conta con grandes secuencias, especialmente o capítulo no que busca triángulos na natureza. Se cadra irregular, pero dende logo valente, é a película dun neno que aprende a ollar, que non ten medo a volver á caverna para corrixir os erros dunha narración viciada."

Víctor Paz Morandeira (A Cuarta Parede)




martes 13 de maio do 2014


cartaz do filme
Ver o avance: You Tube [. mp4 · 2'8 MB] VO

Título: «Saltimbancos»
Ano:
País:
Director:
Guión: Leão Penedo
Fotografía: Salazar Dinis
Reparto: Maria Olguim, Helga Liné, Artur Semedo, Jose Vitor, Manuel Correia
Duración: 82 min.
Productora: Lisboa Filme | Costa do Castelo Filmes
Distribuidora: Mar Filmes
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · B/N · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: portugués · VOSPt (versión orixinal subtitulada ao portugués)

Sipnose:
Conta a historia duns artistas (coas súas miserias e conflitos) dun pequeno circo que percorre os pobos de Portugal.


mércores 14 de maio do 2014

Presentación do novo ciclo





xoves 15 de maio do 2014


cartaz do filme

Título: «Belarmino»
Ano:
País:
Director:
Guión: Fernando Lopes
Música: Justiniano Canelhas e Manuel Jorge Veloso
Fotografía: Augusto Cabrita
Reparto: Belarmino Fragoso, Jean Pierre Gebler, Maria Teresa de Noronha, Bernardo Moreira, Júlia Buisel
Duración: 72 min.
Productora: Produções Cunha Telles
Distribuidora: Doperfilme
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · B/N · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: portugués · VOSPt (versión orixinal subtitulada ao portugués)

Sipnose:
O campión de boxeo retirado Belarmino responde á cámara en primeiro plano. Dese xeito, despois o documental segue o ex-deportista na súa rutina diaria: na casa coa súa familia, mirando as mulleres mentres traballa como porteiro nun clube nocturno e tamén durante as súas sesións de adestramento.




iCal  Engadir a programación no teu calendario [.ics · 9 kB]



Lembrade que, temos propostas e liñas abertas á vosa colaboración e participación:
  1. Animádevos a presentar algún dos filmes programados (lígase despois, bbfff… unha barbaridade…, hai unha chea de recoñecemento social, fanche descontos, entras de balde á sesión, invitamos a unha caña… etc.)
  2. Queremos por en marcha o Ambigú do cineclube na biblioteca (un espazo de reflexión e debate sobre os filmes programados ou ben, os que hai no depósito na biblioteca)
  3. Tes ao seguir estas liñas, todo o espazo do mundo, para comentar, suxerir ou espallar polas redes sociais, aquelo que consideres xusto e necesario. O apreciamos con sinceridade e propósito de enmenda.


Horarios CUT+1


Publicar un comentario