17/09/14

ciclo «cinema Fantástico»

Proxéctase durante o meses de setembro—outubro de 2014 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11) nos seguintes días:
o luns 22 de setembro, unha única sesión ás 20:30 h. e proxección de balde para os socios e socias. ¹
os Mércores: ás 18, 20:30 e 23 h.
Cota xeral de socios de 4  …



luns 22 de setembro do 2014

cartaz do filme
Ver avance vídeo: You Tube [. mp4 • 25'1 MbVO

Título: «Metropolis» · Metrópolis
(Metrópole)


Ano:
País:
Director:
Guión:
Música: e
Fotografía: e
Reparto: , , , ,
Duración: 153 min.
Produtora: Universum Film AG (UFA)
Distribuidora: Kino International Corporation
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital
Idiomas: inglés VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
No futuro (ano 2000), na megápoles de Metrópole a sociedade divídese en dúas clases, os ricos que teñen o poder e os medios de produción, rodeados de luxos, espazos amplos e xardíns, e os obreiros, condeados a vivir en condicións dramáticas recluídos no soto dun gueto, onde se atopa o corazón industrial da cidade. Un día Freder (), o fillo do todoperoso Joh Fredersen (), o home que controla a cidade, descobre as duras condicións laborais dos obreiros tras namorarse de María (), unha rapariga de orixe humilde, venerada polas clases baixas e que predica os bos sentimentos e o amor. O fillo entón advirte ao seu pai que os traballadores podrían rebelarse.

Premios e mencións:
2002 · Círculo de Críticos de New York: premio especial (pola súa restauración)

Crítica:
"Obra mestra do cinema e filme capital do expresionismo alemán; trátase dunha visión apocalíptica da sociedade do futuro. No seu día foi unha grande superprodución da potente produtora alemá UFA, pero foi un fracaso na billetería." (Film Affinity)


Folla de sala: Metropolis [.pdf • 234 kB]



mércores 24 de setembro do 2014

cartaz do filme
Ver avance vídeo: You Tube [. mp4 • 19'8 MbVO

Título: «Blade Runner» The Final Cut

Ano:   A montaxe final asinado polo director no 2007
País:
Director:
Guión: e
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , ,
Duración: 117 min.
Produtora: Shaw Brothers, The Ladd Company, Run Run Shaw
Distribuidora: Warner Bros Pictures
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 2.35:1 · HD-DTS
Idioma: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
A principios do século XXI, a poderosa Tyrell Corporation creou, grazas aos avances da enxeñería xenética, un robot chamado Nexus 6, un ser virtualmente idéntico ao home pero superior a él en forza e axilidade, ao que se deu o nome de Replicante. Estos robots traballaban como esclavos nas colonias exteriores da Terra. Despois da sanguinolenta rebelión dunha equipa de Nexus-6, os Replicantes foron desterrados da Terra. Brigadas especiais de policía chamados Blade Runners, tiñan ordes de matar a todos os que non houbesen acatado a condena, non era unha execución; o chamaban retiro.

Premios e mencións:
1982 · 2 nominacións aos Oscar®: mellor dirección artística e efectos visuais :: Nominada ao Globo de Ouro: mellor banda sonora orixinal :: Asociación de Críticos de Os Ánxeles: mellor fotografía.
1983 · 8 nominacións aos BAFTA: acadou 3 premios; fotografía, vestiario, dirección artística.



Críticas:
"Lembro a hipnótica e tenebrosa «Blade Runner» por a súa atafegante atmosfera, por o seu lírico sentido da traxedia, pola súa nunca gratuíta violencia, por , hastiado e antigo cazador de replicantes (…) por o seu romántico discurso que larga¹ o agónico …."
Carlos Boyero (El Mundo)

¹ Vídeo: You Tube [. mp4 • 41'9 MbVOSE

mércores 1 de outubro do 2014

cartaz do filme
Ver avance vídeo: You Tube [. mp4 • 24'6 MbVOSE

Título: «Her»

Ano:
País:
Director:
Guión: Spike Jonze
Música: e
Fotografía:
Reparto: , , , ,
Duración: 126 min.
Produtora: Annapurna Pictures
Distribuidora: Vértigo Films España
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 2.35:1 · HD-DTS
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Nun vindeiro futuro, Theodore, un home solitario a piques de divorciarse, que traballa nunha empresa como escritor de cartas para terceiras persoas, merca un día un novo sistema operativo baseado en intelixencia artificial, deseñado para satisfacer todas as necesidades do usuario. Para a súa sorpresa, crea unha relación romántica entre el e Samantha, a voz feminina dese sistema operativo.

Premios e mencións:
2013 · Oscar®: 5 nominacións (incluíndo o de mellor filme), acadou o premio de mellor guión orixinal :: Globos de Ouro: 3 nominacións, acadou o premio de mellor guión :: NBR: mellor filme e director :: Critics Choice: 6 nominacións, acadou o premio do mellor guión orixinal :: WGA: mellor guión orixinal :: LAFCA: 5 nominacións, acadou o premio de deseño de producción e compartíu o de mellor filme :: AFI: Top 10 mellores filmes do ano :: Satellite Awards: 2 nominacións, incluíndo mellor guión orixinal.
2014 · Festival de Rotterdam: filme de inauguración.

Crítica:
"Si este filme ten de verdade corazón, é grazas á interpretación de . Acadou o difícil reto de meterse en Theodore (…) A pesares da súa enorme interpretación, Phoenix non optou aos Oscar® porén para o actor vai demasiado por libre e iso inflúe…"
Alberto Quintanilla (elDiario.es)


mércores 8 de outubro do 2014

cartaz do filme
Ver avance vídeo: You Tube [. mp4 • 23'8 MbVOSE

Título: «Snowpiercer» · Rompenieves
(Rompeneves)


Ano:
País:
Director:
Guión: Bong Joon-ho e
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , ,
Duración: 126 min.
Produtora: Moho Films | Opus Pictures
Distribuidora: Good Films
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 1.85:1 · HD-DTS
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Un errado experimento para solucionar o problema do quecemento global case acabou destruíndo a vida sobre a Terra. Os únicos sobreviventes foron os pasaxeiros do «Snowpiercer», un tren que percorre o mundo impulsado por un motor de movemento eterno. Adaptación da novela gráfica «Lle Trasperceneige», escrita por Jean-Marc Rochette e Jacques Loeb.

Premios e mencións:
2013 · Asia-Pacific Film Festival (APFF): 5 nominacións (incluíndo o de mellor filme), acadou o premio de dirección artística.
2014 · Asian Film Awards: 5 nominacións (incluíndo o de mellor filme).

Crítica:
"Un filme duro de asimilar, pero tremendamente brillante e que non deixa a ninguén indiferente, sexas da clase social que sexas."
Eduardo Serradilla · Film Kino - Canarias Ahora (elDiario.es)











¹
Aquelas proxeccións con aviso de gratuídade para socios e socias, non exime de solicitarlle aos non asociados/as, que liquiden os oportunos custes proporcionais de mantenemento, e da actividade xeral do cineclube, xunto co IVE actual do 21%.

Nesta tempada, estímase en 1  para as actividades de balde; un recargo ao prezo do socio nas sesión normais de 50 céntimos para as sesións de filmoteca (2 + 0,50) e 1 euro para as sesións do ciclo (4 + 1).


Horarios CUT+1


Publicar un comentario