04/01/15

«Sen to Chihiro no Kamikakushi» · A Viaxe de Chihiro

mércores 7 de xaneiro, na de Ourense (rúa Concello 11), en duas sesións: ás 18 (VD) e (VOSe)20:30  h., cota xeral de acceso para os/as socios/as de 4  (non socios/as: 5  + IVE), o filme



cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 7'9 MbVOS

Título: «Sen to Chihiro no Kamikakushi» · El viaje de Chihiro
(A Viaxe de Chihiro)

Ano:
País:
Director:
Guionista: Hayao Miyazaki
Música:
Fotografía:
Xénero: Animación
Duración: 124 min.
Productora: Studio Ghibli | Tokuma Shoten | Dentsu | Walt Disney Pictures
Distribuidora: Vértigo Films
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.87:1
Idiomas: inglés e castelán · VD e VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Chihiro é unha nena de dez anos que viaxa en coche cos seus pais. Despois de atravesar un túnel, chegan a un mundo fantástico, no que non hai lugar para os seres humanos, só para os deuses de primeira e segunda clase. Cando descobre que os seus pais foron convertidos en cochos, Chihiro síntese moi soa e asustada.

Premios e mencións:
2003 · BAFTA: nominada ao mellor filme de fala non inglesa
2002 · Oscar: mellor longametraxe de animación :: Festival de Berlin: Oso de Ouro (ex aequo con «Bloody Sunday») :: Cesar®: mellor filme estranxeiro :: NBR: mellor longametraxe animado :: Asociación de Críticos de Los Angeles: mellor longametraxe de animación

Crítica:
"Brilante, tenra e terrible, Chihiro é un monumento á animación dos nosos días, unha desos filmes que cheiran a algo que só obteñen un puñado de títulos senlleiros: a clásico indiscutible, a lección perenne…"
Mirito Torreiro (El País)


Folla de sala: Sen to Chihiro no Kamikakushi [.pdf • 120 kB]


Filme recomendable para todos os públicos, en especial para nenas e nenos a partires dos nove anos.


Lembrade tamén que luns 12 de xaneiro, «sesión de Filmoteca» ás 20:30 e 23 h.  
Luns de Filmoteca

A cota xeral de acceso para socios e socias é de 2 , co resgardo da «sesión filmoteca» deste luns, tes 1  de desconto nesa semana na sesión do mércores, non aplicable no caso de sesións de balde, deste xeito tes dous filmes por 5 .
Para os non asociados/as, a cota de acceso xeral é de 2'5  (+ IVE) e non se aplican descontos; xa tardas en facerte socio/a.

Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.

(horarios CUT+1)
Publicar un comentario