21/02/15

Sesións de Filmoteca · febreiro—marzo 2015

Proxéctase o/s lun/s do/s mes/es de febreiromarzo de 2015, na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), en dúas sesións: 20:30 e 23 h.
Cota xeral de acceso para os socios/as de 2 , non socios/as de 2'5  (+ IVE)…




luns 23 de febreiro do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 5'25 MB] VO

Título: «ReMine, el último movimiento obrero» (ReMine, o último movemento obreiro)
Ano:
País:
Director:
Guión: Marcos Martínez Merino e
Fotografía: Marcos Martínez Merino
Xénero: documental
Duración: 101 min.
Producción: Marta Fernández Crestelo e Marcos Martínez Merino
Distribuidora: Freews Producciones Audiovisuales
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 1.85:1
Idioma: castelán · VO (versión orixinal)

Sipnose:
Máis de 4.000 mineiros en Asturias decláranse en folga indefinida contra os recortes históricos aprobados polo goberno. Organizan protestas a diario: cortan estradas, encérranse a 700 metros de profundidade, andan 500 quilómetros até Madrid «Pero xa nada é como antes» Nin sequera os supervivientes do último movemento obreiro. Cine directo e en loita.

Premios e mencións:
2014 · BAFICI: mención especial do xurado :: Festival de Sevilla: premio mellor filme (as novas ondas - non ficción) :: Festival de la Memoria · Documental Iberoamericano: mellor documental sección oficial. Uruguay: XXXII FIC Competencia Dereitos Humanos :: Valdivia, Chile: XXI FIC Disidencia :: St. Petersburg: XIII IFF Special Screening.

Crítica:
"«ReMine» é máis ben unha narración épica e unha crónica apaixonada do final do obrerismo, dotada tamén de certa melancolía… ten un dominio implacable do tempo do relato, da progresión narrativa, do retrato dos personaxes e da transmisión dunhas emocións que sempre son nobres e honestas, ás veces até a bágoa. Na gran tradición de John Ford, Patricio Guzmán ou Barbara Kopple, Merino acadou un filme admirable, un «track» político sen concesións e unha mostra de cine activista indispensable nestes tempos sen ideoloxía: a secuencia final, …resulta insuperable neste sentido…"
Carlos Losilla (Time Out)


Folla de sala: ReMine [.pdf • 124 kB]


luns 2 de marzo do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 29 MB] VOS

Título: «Everyday Rebellion»
Ano:
País:
Director: e
Guión: Irmáns Riahi
Música:
Fotografía: Irmáns Riahi, e
Reparto: , , ,
Duración: 114 min.
Produtora: ZDF Arte | SRF | Mirafilm | SRG-SSR Pacte | Golden girls filmproduktion
Distribuidora: |
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 1.85:1
Idioma: inglés, francés, ruso, árabe, castelán e farsi · VOSE (versión orixinal subtítulado ao castelán)

Sipnose:
Que teñen en común o movemento cos de España ou a Primavera Árabe? Hai algunha conexión entre a loita do movemento iraniano para a democracia e a revolta de Siria? Cal é o enlace entre as activistas ucraínas en topless de Femen e unha cultura islámica como Exipto? E por enriba de todo isto, que teñen que ver Serbia e Turquía?.
Os motivos para protestar de todos eles son diferentes, pero as tácticas non violentas que utilizan nas súas loitas están moi conectadas. Tamén o están os activistas que comparten estratexias, novas ideas e métodos establecidos. «Everyday Rebellion» é unha historia sobre a riqueza das protestas pacíficas, representadas cada día por xente apaixonada en España, Irán, Siria, Ucraína, EUA, Reino Unido e Serbia.

Premios e mencións:
2014 · DocsBarcelona, España: sección oficial :: Cinema for Peace, Berlin (Alemaña): nominación mellor filme :: TDF, Tesalónica (Grecia): sección oficial.
2013 · Copenhagen International Documentary Film Festival, Dinamarca: Premio do público :: IDFA, Países Baixos: sección oficial :: Biennale - Premio Ben, Frankfurt am Main (Alemaña): Ao mellor Transmedia.

Crítica:
"O acerto de «Everyday Rebellion» é bombardearnos a ideas e feitos que aseguran o éxito, achegando todo o material necesario para darnos as pistas sobre o que temos que facer para alcanzar a meta proposta. Como é posible que sigamos sen unirnos deste xeito?…"
Arantxa Acosta ()



luns 9 de marzo do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 24'7 MB] VOS

Título: «Le sel de la terre» · La sal de la tierra
(O Sal da Terra)

Ano:
País:
Director: e
Guión: Wim Wenders e Juliano Ribeiro Salgado
Música:
Fotografía: e Juliano Ribeiro Salgado
Xénero: documental
Duración: 100 min.
Producción: Amazonas Images e Solares Delle Arti
Distribuidora:
Exhibición: Dixital (BD) · Cor e B/N · Ratio 1.85:1 · Dolby SR-D
Idioma: varios · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
Desde fai couarenta anos, o fotógrafo Sebastião Salgado percorre os continentes captando a mutación da humanidade. Testigo de grandes acontecementos que marcaron a nosa historia recente: conflitos internacionais, hambruna, éxodos,… etc., agora emprende camiño cara a territorios vírxes con grandiosos paisaxes, descubrindo unha fauna e unha flora silvestres no marco dun proxecto fotográfico xigantesco, tributo á beleza do planeta. Seu fillo Juliano, quen lle acompañou nas suas últimas travesías, e Wim Wenders, tamén fotógrafo, comparten con nós a súa mirada acerca da súa vida e a súa obra.

Premios e mencións:
2014 · Premios Oscar: nominado á mellor longametraxe documental :: Premios Cesar®: mellor documental :: Festival de Cannes: premio especial do xurado («Un Certain Regard») :: Premios Goya®: nominada ao mellor filme europeo :: Festival de San Sebastián: Premio do público :: Independent Spirit Awards: nominada ao mellor longametraxe documental.

Crítica:
"Fabuloso relato artístico, social, antropolóxico e etnográfico (...) Como adoita acontecer cos documentais de Wenders, as súas pezas son un prodixio de manexo do tempo secuencial e do plano…"
Javier Ocaña (El País)


Folla de sala: Le sel de la terre [.pdf • 124 kB]


luns 16 de marzo do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 23'4 MB] VOS

Título: «Jauja» ·

Ano:
País:
Director:
Guión: Lisandro Alonso e
Música: e Viggo Mortensen
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 101 min.
Producción: 4L | Massive Inc. | Perceval Films | Mantarraya Producciones | Fortuna Films
Distribuidora:
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 1.33:1 · Dolby SR-D
Idioma: danés e castelán · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
Patagonia, 1882. Durante a chamada «Conquista do Deserto», unha campaña xenocida do exército arxentino contra a población orixinaria desa rexión, nun remoto posto fronterizo é escenario da loita feroz por parte de ámbolos frentes.
Procedente de Dinamarca, chega á Patagonia o Capitán Dinesen xunto coa súa filla Ingeborg, de quince anos, para realizar un traballo como enxeñeiro para o exército arxentino. Cando Ingeborg namorase dun xove soldado e escapa con él, o capitán viaxa ao territorio enemigo para atopar á parella. «Jauja» é a historia dun home desesperado por atopar a súa filla, unha cruzada en solitario que o levará a un lugar máis alá do tempo, no que o pasado desvanéceuse e o futuro non ten sentido.

Premios e mencións:
2014 · Festival de Cannes®: premio FIPRESCI (Un Certain Regard) :: Festival de San Sebastián: sección oficial (Horizontes latinos) :: Premios Fénix: mellor actor (); 9 nominacións :: Festival do Mar del Plata: selección oficial longametraxes a concurso :: Festival de La Habana: selección oficial longametraxes a concurso

Crítica:
" ofrece en «Jauja» unha das máis suxerentes, elípticas e apasioantes quendas do ano (…) un filme moi preto da obra mestra…"
Luis Martínes (El Mundo)


Folla de sala: Jauja [.pdf • 124 kB]


luns 23 de marzo do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 13'4 MB] VO

Título: «10.000 km.» ·

Ano:
País:
Director:
Guión: Carlos Marqués-Marcet e
Fotografía:
Reparto: ,
Duración: 98 min.
Producción: Lastor Media | La Panda
Distribuidora:
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby SR-D
Idioma: castelán · VO (versión orixinal)

Sipnose:
Alex e Sergi, unha sólida parella de Barcelona, acaricia a idea de ter un fillo, porén, inesperadamente, Alex acada unha beca dun ano en Los Angeles, o que suporá un ano de relación a 10.000 km. de distancia.

Premios e mencións:
2014 · Premios do cinema europeo: nominada á «European Discovery» mellor ópera prima :: Premios Goya®: mellor director novel; 3 nominacións · Festival de Málaga: 5 premios, incluíndo mellor filme, director e actriz :: Festival SXSW de Austin (Texas, EE.UU): mellor actor e mellor actriz

Crítica:
"Un filme de plantexamento aparentemente sinxelo porén de longuísimo alcance (…) un relato emocionante e doloroso (…)…"
Alex Montoya (Fotogramas)


Folla de sala: 10.000 km. [.pdf • 104 kB]







Lembrade que non se permite a entrada unha vez comezada a proxección e os filmes do ciclo, non son recomendables a menores de dezaseis anos

E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados para este ciclo, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moitísimo os vosos comentarios. Agardamos que gocedes e sexades partícipes do cineclube, sen vós non somos nada.




¹
Aquelas proxeccións con aviso de cota de acceso de balde, para os socios e socias, non exime de solicitarlle aos non asociados/as, que liquiden os oportunos custes proporcionais de mantenemento, e da actividade xeral do cineclube, xunto co IVE actual do 21%.



Horarios CUT+1


Publicar un comentario