22/07/15

Cinema na praza

Bestiarios do amor

A vida transcorre de batalla en batalla. Algunhas veces, as gañas, a maioría pérdelas. Pero carece de importancia, pois a dignidade está en presentar combate. As feridas da mesma, protexen o corazón. Talvez voltes máis agreste, talvez creas que estás máis insensíbel. Pero paréceche ben, é unha boa defensa, aínda que isto non sexa certo, tal como dicía o (que simpolizaba por medio da raposa, o saber escapar dunha situación difícil como signo de reputación social)

En calquera caso, as cicatrices son leccións que como bestiarios inspiran mutacións máis ou menos dramáticas das nosas vidas. Ese é precisamente o «Leitmotiv» do deste ano; os monstros que serven de espello ao ser humano, protagonistas con viaxes e aventuras, con problemas de adaptación ou amores fugaces; como cada verán, que cada vez é máis breve que o anterior.


Cinema na Praza
«Cinema na Praza: agosto 2015» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

En resumo, cinema imaxinativo, refrescante e estimulante para as noites de verán nunha única sesión, os mércores de agosto ás 22:30 h, de balde na de Ourense.




5 Ago. 2015
Mérc.

«Les amants criminels» · Os Amantes Criminais

Dirixida por · (1998)
Había unha vez… unha moza chamada Alice, que vivía nos suburbios. Gustáballe xogar, a xogos de sedución, a xogos de violencia. Un día, Alice decide matar a Saïd, un guapo compañeiro de clase. Pero ela non pode facelo soa. Así que Alice manipula ao seu inxenuo noivo Luc para que cometa o crime a sangue frío, como proba do seu amor. Non foi tan fácil como Alice pensaba. Os asasinatos poden ser confusos e agotadores. Alice pensaba que o tiña todo totalmente planificado, pero a vida dun verdadeiro asasino pode estar cargada de moitas dificultades e pontro descubrirán que a vida non é un conto de fadas

SESIÓN:
COTA:
  22:30 h. (CEST)
  De balde



12 Ago. 2015
Mérc.

«Lilja 4-ever» · Lilya Forever

Dirixida por · (2002)
Lilja, unha adolescente rusa de 16 anos que foi abandonada pola súa nai, leva unha vida miserable nunha empobrecida cidade da antiga Unión Soviética. Nun ambiente dominado polas drogas e a miseria, prostituírse é o único medio para poder comer. A esperanza chega o día en que coñece ao atractivo Andrei, que lle promete unha vida mellor en Suecia.

SESIÓN:
COTA:
  22:30 h. (CEST)
  De balde



19 Ago. 2015
Mérc.

«La belle et la bête» · A Bela e a Besta

Dirixida por · (1946)
Había unha vez un mercador arruinado que vivía co seu fillo Ludovic e as súas tres fillas. Felicie e Adelaide, son seres egoístas que explotan á súa irmá pequena Bela. Un día, o pai pérdese no bosque e chega ata un castelo. Alí atopa unha preciosa rosa e decide collela para Bela, entón aparece o señor do castelo que lle impoñerá un duro castigo pola súa osadía..

SESIÓN:
COTA:
  22:30 h. (CEST)
  De balde



26 Ago. 2015
Mérc.

«City Lights» · Luces da Cidade

Dirixida por · (1931)
Un pobre vagabundo () pasa mil e un avatares para conseguir diñeiro e axudar a unha rapaza cega () da que se namora.

SESIÓN:
COTA:
  22:30 h. (CEST)
  De balde

Aínda que coas témporas anticípase un tempo sen choiva até setembro, un erro nese prognóstico obrigaríanos a alterar a programación.
Horarios CUT+2



E por último, lembra que ainda temos aberta a sobre a tempada 2014—2015, para avaliar a programación dos meses de xaneiro-xuño 2015; gostaríanos coñecer que tal o fixemos.

Avaliación - Enquisa


…participa co cineclube, na ou comentándonos as túas impresións sobre os filmes que proxectamos, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moito os vosos comentarios e avaliacións.






Publicar un comentario