06/09/15

ciclo «American Noir»

Proxéctase durante os meses de setembro-outubro do 2015 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …



16 Set. 2015
Mérc.

«Nightcrawler»

Dirixida por · (2014)
Tras ser testemuña dun accidente, Lou Bloom (), un apaixonado mozo que non consegue atopar traballo, descobre o mundo do xornalismo criminalista.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



23 Set. 2015
Mérc.

«Blue Ruin»

Dirixida por · (2013)
Dwight é un vagabundo de vida tranquila, un trintaneiro sen teito que vive no seu coche, un destartalado Pontiac azul. Deambula pola cidade e sobrevive recollendo botellas na praia, ata que un día a súa rutina se trastorna ao decatarse dunha terrible nova. Isto lévalle a tomar unha decisión descabelada e a voltar á casa da súa infancia para levar a cabo unha estraña vinganza.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



30 Set. 2015
Mérc.

«Map to The Stars»

Dirixida por · (2014)
Un conto moderno sobre a obsesión pola popularidade. Stafford Weiss é terapeuta e escribe libros de autoaxuda. Ten unha muller sobreprotectora, un fillo antiga estrela da TV en rehabilitación e unha filla que acaba de saír do psiquiátrico. A principal cliente de Stafford é unha famosa actriz, a piques de interpretar o papel que fixo a súa nai nos anos 60.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



  7 Out. 2015
Mérc.

«A Most Violent Year» · O Ano máis Violento

Dirixida por · (2014)
New York, ano 1981 —segundo as estatísticas, o ano con máis crimes e atracos da historia na cidade—. O inmigrante hispano Abel Morais () e a súa muller Anna () acadan sacar adiante con éxito a súa empresa de distribución e venda de gasóleo. Agora están a piques de conseguir a última peza do seu soño americano: mercar un cotizado terreo fronte ao río Hudson, un enclave que lles permitirá expandirse no negocio e superar á súa competencia. Pero a violencia que sofren no transporte dos seus camións e unha investigación policial ameazan con destruír todo o que acadaron até ese momento.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto






Horarios CUT+2

Esta tempada, poñemos a proba a avaliación do filme segundo a programación vai desenvolvéndose, deste xeito, tedes unha ligazón no comentario de cada evento para encher unha pequena enquisa sobre o filme que vexas.
Axúdanos coa túa participación e tamén a espallar os eventos do cineclube Padre Feijoo.




Publicar un comentario