11/10/15

programación outubro—novembro 2015

ciclo «Novas realizadoras» e Sesións Especiais

A arte de contar historias nace en todas as civilizacións nun periodo oral-popular-anónimo no que xorden as sagas, mitos e lendas que acaban sendo recolleitos por escrito e conformando a nosa visión do mundo. Nesas primeiras manifestacións espontáneas e aínda non reguladas… cantar, bailar, recitar… é difícil imaxinarse esas actividades sen a participación activa das mulleres.
Coincide, lamentablemente, ca morte de cando xa tiñamos pechado este ciclo, que busca en esencia do mesmo xeito que o universo da citada directora, unha desnudez traballada na posta en escena, que como se sabe, non ten que ver cunha suposta verdade das cousas. Agardamos gosten da mesma actitude fisgona que debe posuír, calquera observador/a no contrato cinematográfico que vos propomos.

Complementamos con dúas proxeccións especiais controvertidas, unha de plena vixencia (política) e a outra con tempos pasados (eclesial). Será o xoves 12 e sábado 28 de novembro (se as lúas, nova e chea, non o impiden).


Novas realizadoras
Cartaz do ciclo «Novas realizadoras» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Os lembramos os dous títulos que xa adiantáramos na programación anterior dos luns de filmoteca, grazas á colaboración co CGAI; de seguido, as fitas que compoñen o ciclo «Novas realizadoras» máis o seu correspondente avance visual [.mp4 • 8'2 MB], porén tan axiña cando o penduramos, o tes dispoñible se estás suscrito ao canle do cineclube en «You Tube».

ciclo «Novas realizadoras»

Proxéctase durante os meses de outubro-novembro do 2015 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. cos seguintes filmes …



Proxeccións especiais

Proxectaremos na nos meses de novembro e decembro do 2015, as seguintes fitas…


Sesións de Filmoteca · outubro 2015

Proxéctase durante o mes de outubro e novembro do 2015 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. agás o 19 de outubro que só temos unha sesión ás 20:30 h. os seguintes filmes …