11/10/15

programación outubro—novembro 2015

ciclo «Novas realizadoras» e Sesións Especiais

A arte de contar historias nace en todas as civilizacións nun periodo oral-popular-anónimo no que xorden as sagas, mitos e lendas que acaban sendo recolleitos por escrito e conformando a nosa visión do mundo. Nesas primeiras manifestacións espontáneas e aínda non reguladas… cantar, bailar, recitar… é difícil imaxinarse esas actividades sen a participación activa das mulleres.
Coincide, lamentablemente, ca morte de cando xa tiñamos pechado este ciclo, que busca en esencia do mesmo xeito que o universo da citada directora, unha desnudez traballada na posta en escena, que como se sabe, non ten que ver cunha suposta verdade das cousas. Agardamos gosten da mesma actitude fisgona que debe posuír, calquera observador/a no contrato cinematográfico que vos propomos.

Complementamos con dúas proxeccións especiais controvertidas, unha de plena vixencia (política) e a outra con tempos pasados (eclesial). Será o xoves 12 e sábado 28 de novembro (se as lúas, nova e chea, non o impiden).


Novas realizadoras
Cartaz do ciclo «Novas realizadoras» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Os lembramos os dous títulos que xa adiantáramos na programación anterior dos luns de filmoteca, grazas á colaboración co CGAI; de seguido, as fitas que compoñen o ciclo «Novas realizadoras» máis o seu correspondente avance visual [.mp4 • 8'2 MB], porén tan axiña cando o penduramos, o tes dispoñible se estás suscrito ao canle do cineclube en «You Tube».




14 Out. 2015
Mérc.

«Bande de Filles» (Girlhood)

Dirixida por · (2014)
Para Marieme a vida é unha sucesión de prohibicións. sente angustiada pola súa familia, pola escola e pola implacable lei dos mozos do barrio. Pero a súa vida cambia cando coñece a un grupo de mozas de espírito libre. Entón cambia o seu nome, o seu modo de vestir e abandona a escola para ser aceptada no grupo. Convertida en Vic, abraza o código da rúa onde se mesturan violencia, amizade e liberdade.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



19 Out. 2015
Lun.

«Van Gogh»

Dirixida por · (1991)
Maio de 1890, Vicent Van Gogh () chega a Auvers-sur-Oise e instálase na modesta pensión Ravoux. Alí faise amigo do doutor Gachet (), admirador da súa obra, e da súa filla Marguerite (). Entregado á pintura e obsesionado por captar o fluír da natureza e o temperamento das xentes que coñece, a súa vida oscilará entre as súas estancias en casa do seu irmán Théo () e os seus encontros cunha prostituta (). Aflixido por ser unha carga para o seu irmán, vendo que a súa obra non é recoñecida polos santóns do mercado da arte e temendo un novo ataque de tolemia, tomará unha dramática decisión.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CEST)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).
21 Out. 2015
Mérc.

«Futatsume no Mado» · Augas Tranquilas

Dirixida por · (2014)
Os habitantes da illa de Amami, viven en harmonía coa natureza, están convencidos de que en cada árbore, cada pedra e cada planta vive un deus. Unha tarde de verán, Kaito descobre o corpo dun home flotando no mar. A súa amiga Kyoko axudaralle a descifrar o misterio. Crecerán xuntos, aprendendo a ser adultos, descubrindo os ciclos da vida, a morte e o amor.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



26 Out. 2015
Lun.

«Tesouro de Corcoesto»

Dirixida por · (2015)
O «» trata do polémico caso dunha mina de ouro a ceo aberto, que colocou á pequena aldea galega de no mapa mundial dos conflitos ambientais.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
 De balde. Consultar cota non asociados/as.



28 Out. 2015
Mérc.

«Papusza»

Dirixida por e · (2013)
Relata a vida de Bronislawa Wajs (Papusza), primeira poeta xitana que recibiu o recoñecemento de ver a súa obra publicada en Polonia. Repudiada pola súa propia comunidade, que a acusou de traizoar os segredos do seu pobo, Papusza viviu inmersa na pobreza e a abnegación, torturada pola culpabilidade até a súa morte en 1987.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).






  4 Nov. 2015
Mérc.

«Le Meraviglie» · O País das Marabillas

Dirixida por · (2014)
Termínase o verán nun pobo en Umbria. Gelsomina vive cos seus pais e o seu tres irmás pequenas nunha granxa destartalada, onde producen mel. As mozas crecen á marxe da sociedade, pois o seu pai, que cre que se achega o fin do mundo, prefire que estean en contacto coa natureza. Con todo, as estritas regras que manteñen unida a familia reláxanse coa chegada de Martin, un mozo delincuente enviado para seguir un programa de reinserción e concurso de televisión, chamado «Il Paese delle Meraviglie», que se difunde pola comarca.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CET)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



 9 Nov. 2015
Lun.

«Pasolini»

Dirixida por · (2014)
A noite do 2 de novembro de 1975, o cineasta, escritor e polifacético artista e intelectual italiano foi asasinado en Roma. Era o símbolo da arte revolucionario que loita contra o poder. Os seus escritos eran escandalosos; as súas películas, perseguidas polos censores. Era tan amado como odiado. Ese día, Pasolini pasara as súas últimas horas coa súa nai e cos seus amigos; pola noite lanzouse á rúa en busca dunha nova e arriscada aventura sexual. Ao amencer, o seu cadáver foi achado nunha praia de Ostia, nos arredores da cidade.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CET)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



12 Nov. 2015
Xov.

«B, la película» · B, o filme

Dirixida por · (2015)
O 15 de Xullo de 2013, o extesoureiro do Partido Popular, Luís Bárcenas, é trasladado desde a prisión para declarar na Audiencia Nacional. Até este día, negara toda relación cos chamados «papeis de Bárcenas», pero despois de 18 días en prisión decidiu cambiar a súa declaración. Este filme retrata o que pasou nesa sala aquel día.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CET)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



28 Nov. 2015
Sáb.

«Teorema»

Dirixida por · (1968)
A unha familia de clase alta italiana, composta por un matrimonio, un fillo e unha filla, chega un misterioso mozo que irá alterando o comportamento de todos eles. Polémico filme (foi declarado inmoral pola Igrexa) do sempre controvertido .

SESIÓN:
COTA:
 19 h. (CET)
  socios/as 2  .De balde participantes do obradoiro de «La Plantación»



30 Nov. 2015
Lun.

«Trydno byt bogom» · Que Difícil é ser un Deus

Dirixida por · (2013)
Uns científicos son enviados ao planeta Arkanar, onde a civilización quedouse estancada en plena Idade Media. Nese mundo, un dos investigadores é tomado polo fillo ilexítimo de Deus. Épica adaptación da novela dos irmáns Strugatski, rodada e montada durante máis dun decenio.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CET)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



 3 Dec. 2015
Xov.

«Frankstein 04155»

Dirixida por · (2015)
Galicia, España. O 24 de xullo de 2013, o tren Alvia 04155 descarrilaba á entrada de Santiago de Compostela e deixaba 81 falecidos e máis de 140 feridos. A verdade oficial sinala como único responsable ao maquinista. Pero unha traxedia nunca ten unha soa causa… Que hai detrás do accidente ferroviario máis grave da democracia española?

SESIÓNS:
COTA:
 20:30 e 23 h. (CET)
  socios/as 3  (consultar non asociados/as).



14 Dec. 2015
Lun.

«Galicia al Día»

Dirixida por · (1962)
Documenta a vida de Galicia para a emigración. Versión restaurada e dixitalizada polo CGAI (). A parte 1 (Ourense e Pontevedra) na primeira sesión e a parte 2 (A Coruña e Lugo) na segunda sesión.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
 De balde. Consultar cota non asociados/as.









Horarios CUT+1


Esta tempada, poñemos a proba a avaliación do filme segundo a programación vai desenvolvéndose, deste xeito, tedes unha ligazón no comentario de cada evento para encher unha pequena enquisa sobre o filme que vexas.
Axúdanos coa túa participación e tamén a espallar os eventos do cineclube Padre Feijoo. Agradecemos moitísimo a vosa participación, asistencia, críticas e loubanzas nos comentarios.






Publicar un comentario