29/11/15

programación decembro 2015

ciclo «tránsito: Latinoamérica»
Sesión Especial
Miradas Etnográficas

Rematamos este ano e vos propoñemos un pequeno tránsito pola filmografía de latinoamérica coa mirada en , e .
Non será o primeiro dos tránsitos programados, porén nesta ocasión sirve para ollar a tres directores que convén ter en conta no futuro.

Para coñecer as singularidades antropolóxicas do audiovisual máis próximo, revisitamos o en Ribadavia, nesta nova edición das «».
Pregamos a vosa atención tamén, ás sesións especiais e, coma sempre, un avance visual [.mp4 • 3'6 MB], agardamos por ti (como di o tema de Carla Morrison) e gocen desta viaxe connosco, xuntos, na Biblioteca Pública.



ciclo «tránsito: Latinoamérica» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)




  2 Dec. 2015
Mérc.

«Conducta» · Conduta

Dirixida por · (2014)
Conta a historia de Chala (), un neno de once anos cuxa vida transcorre nun ambiente de violencia, cunha nai adicta ás drogas e ao alcol, e cans de pelexa que adestra para soster o seu fogar. Este neno, que acode á escola sen desposuírse da súa marxinalidade e conflitividade, ten unha relación especial coa súa mestra Carmela.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CET)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



 3 Dec. 2015
Xov.

«Frankenstein 04155»

Dirixida por · (2015)
Galicia, España. O 24 de xullo de 2013, o tren Alvia 04155 descarrilaba á entrada de Santiago de Compostela e deixaba 81 falecidos e máis de 140 feridos. A verdade oficial sinala como único responsable ao maquinista. Pero unha traxedia nunca ten unha soa causa… Que hai detrás do accidente ferroviario máis grave da democracia española?

SESIÓNS:
COTA:
 20:30 e 23 h. (CET)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



  9 Dec. 2015
Mérc.

«Los Hongos» · Os Fungos

Dirixida por · (2014)
Cada noite despois do traballo, Roberto pinta grafitos en distintos muros do seu barrio ao oriente de Cali. Durante o día é un obreiro da construción e o fillo de María, unha doce mulata que emigrou á cidade proveniente da selva do pacífico. Roberto non volveu a durmir e está a empezar a soñar esperto. María sofre por isto pois pensa que alguén o enmeigou e o mozo terminará na tolemia. Un día Roberto perde o seu traballo por roubar varios tarros de pintura cos que viña facendo un gran mural no lote contiguo á súa casa. Os seus veciños están cansados das súas imaxes, pensan que está a promover malos modais e a tolemia. Sen un peso para axudar á súa nai, atravesa a cidade na procura de Eduardo, outro mozo grafiteiro estudante de belas artes, que por eses días vive uns días difíciles tras a desintegración da súa familia e o cancro que padece a súa avoa. Os mozos irán sen rumbo fixo pola cidade, e como dous fungos contaminarán a súa contorna, esta vez de inmensa liberdade.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CET)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



14 Dec. 2015
Lun.

«Galicia al Día» · Galicia ao Día

Dirixida por · (1962)
Documenta a vida de Galicia para a emigración. Versión restaurada e dixitalizada polo CGAI (). A parte 1 (Ourense e Pontevedra) na primeira sesión e a parte 2 (A Coruña e Lugo) na segunda sesión.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
 De balde. Consultar cota non asociados/as.



16 Dec. 2015
Mérc.

«El Club» · O Clube

Dirixida por · (2015)
Catro homes conviven nunha retirada casa dun pobo costeiro, baixo a mirada dunha coidadora. O catro homes son curas e están aí para purgar os seus pecados. A rutina e tranquilidade do lugar rompe cando chega un atormentado quinto sacerdote e os hóspedes reviven o pasado que crían deixar atrás.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CET)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).






Horarios CUT+1

Lembrar que esta tempada, temos a proba, a avaliación do filme segundo a programación vai desenvolvéndose, deste xeito, tedes unha ligazón no comentario de cada evento para encher unha pequena enquisa sobre o filme que vexas.
Axúdanos coa túa participación e tamén, a espallar os eventos do cineclube Padre Feijoo.




Publicar un comentario