06/05/16

Proxección solidaria

Grazas a colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» e é posible a programación do filme «Ma'a al-Fidda» (Silvered Water, Syria Self-Portrait) co obxectivo de recadar fondos para a campaña de refuxiados (Siria) que desenvolven as organizacións ACNUR e MSF. A cota de acceso para todos os cineclubes que participan nesta proxección solidaria é de 6 euros, e destínase íntegramente e a partes iguais, entre ditas organizacións.

Se non podes asistir a nosa proxección, no seguinte enderezo www.ir.gl/proxeccionSolidaria  tedes máis información dos cineclubes participantes; tamén tes a posibilidade de facer unha doazón á fila 0.

Será na o 10 de maio de 2016





Proxección Solidaria

10 Mai. 2016
Mar

«Ma'a al-Fidda» · Silvered Water, Syria Self-Portrait

Dirixida por e · (2014)
En Siria, os rapaces filman e morren todos os días. Namentras que outros matan e filman, en París, o director sirio só pode filmar ao ceo e editar as imaxes de «You Tube». Da tensión que provoca a distancia do seu país e do encontro cunha nova cineasta kurda, , coa que parola, xurde a pregunta «Se estiveses en Homs ca túa cámara, que filmarías?». O filme conta a historia dese encontro.

SESIÓN:
COTA:
  18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  • A recadación obtida destínase a MSF e ACNUR [+ info]






Tedes ao voso dispor, os comentarios deste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, para expoñer as túas inquedanzas xerais sobre o traballo do cineclube ou ben, as impresións que vos suscitan os filmes programados, apreciamos moitísimo os vosos comentarios.
Lembra que podedes opinar sobre as propostas fílmicas presentadas, en cada evento de Google+ tedes unha ligazón cara a enquisa e tamén, na nosa páxina específica para avaliar os vosos gustos¹
Interésanos coñecer tamén, o que pensas do traballo que desenvolve este cineclube (ou calquera dos cineclubes de Galicia ao que podas asistir), polo que che pregamos dediques un anaquiño do teu tempo en realizar a da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», de contado, moitísimas grazas por facer o cineclubePF connosco.




Horarios CUT+2







¹  páxina con 910/1 peticións ao servidor · aproximadamente son uns 20 MB
(tempo de carga: de 20" a 4' dependendo da túa velocidade de conexión)



Publicar un comentario