09/06/16

ciclo «Petit Cinéma»

Voltamos, de novo, a presentar un cinema especial para os máis cativos (e tamén para toda a familia).
O cineclube Padre Feijoo, a Biblioteca Pública de Ourense e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) organizan un miniciclo de cinema, con 2 perlas da mellor animación tradicional feita en Brasil e Irlanda.



Os dous traballos proxéctanse en dúas sesións ás 17 e 20:30 h no salón de actos da , o mércores 22 e xoves 23 de xuño; o primeiro filme prográmase pensando nas persoas con algunha discapacidade auditiva (pois non ten diálogos) e no segundo filme, a primeira sesión bótase en versión dobrada (VD) e con subtítulos na segunda sesión (VOSE).


cartaz ciclo
Cartaz do ciclo «Petit cinéma» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

A cota de acceso é simbólico, de 1  (crianzas) e 2  (adultos) e vos pregamos encarecidamente que sexades puntuais como norma de respecto aos demáis.
Os filmes van dirixidos especialmente para os cativos/as a partires de 7—8 anos. De seguido reflictimos os traballos propostos:




22 Xuñ. 2016
Mérc.

«O Menino e o Mundo» · O Neno e o Mundo

Dirixida por · (2013)
Un neno que sofre pola falta dun pai deixa a súa aldea e descobre un mundo fantástico, dominado por animais-máquina e seres estraños. Filme de animación extraordinaria, con moitas técnicas distintas, que aborda os problemas do mundo moderno a través dos ollos dun neno.

SESIÓNS:
COTA:
 17 e 20:30 h. (CEST).
  Crianzas 1, adultos 2 



23 Xuñ. 2016
Xov.

«Song of the Sea» · A Canción do Mar

Dirixida por · (2014)
A historia da viaxe a casa do último neno foca. Despois da desaparición da súa nai, Ben e Saoirse son enviados a vivir coa súa avoa á cidade. Cando deciden volver á súa casa xunto ao mar, a súa viaxe convértese nunha carreira contra o tempo a medida que se internan nun mundo que Ben só coñece a través das lendas que lle narraba a súa nai. Pero este non é un conto para durmir; estas criaturas levan no noso mundo demasiado tempo. Ben pronto se dá conta de que Saoirse será a clave para a súa supervivencia.

SESIÓNS:
COTA:
 17* e 20:30 h. (CEST). *VD
  Crianzas 1, adultos 2 



Por último, lembrar que podedes opinar sobre as propostas fílmicas presentadas, en cada evento de Google+ tedes unha ligazón cara a enquisa e tamén, na nosa páxina específica para avaliar os vosos gustos¹
Interésanos coñecer tamén, o que pensas do traballo que desenvolve este cineclube (ou calquera dos cineclubes de Galicia ao que podas asistir), polo que che pregamos dediques un anaquiño do teu tempo en realizar a da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», de contado, moitísimas grazas por facer o cineclubePF connosco.




Horarios CUT+2




¹  páxina con 910/1 peticións ao servidor · aproximadamente son uns 20 MB
(tempo de carga: de 20" a 4' dependendo da túa velocidade de conexión)



Ningún comentario: