11/11/16

Sesións de Filmoteca · novembro 2016

Proxéctase durante o mes de novembro e decembro de 2016 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. agás os días 21 e 28 de novembro no que só temos unha única sesión, ás 20:30 h, os seguintes filmes …








14 Nov. 2016
Lun.

«A Vingança de Uma Mulher» · A Vinganza dunha Muller

Dirixido por · (2012)
Adaptación libre e cinematográfica dun dos contos máis famosos do francés Barbey d´Aureville, incluído no libro «Lles Diaboliques». Roberto é un deses homes para os que a simulación é toda unha arte. Para uns, trátase dun cabaleiro refinado; para outros un libertino. En calquera caso, Roberto é un home sumido no máis profundo dos aburrimentos, xa que esgotou e satisfixo todos os praceres da vida. Até que coñece a unha cortesá que lle introduce nunha historia de amor verdadeiro, pero tamén de pasados imperfectos.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



21 Nov. 2016
Lun.

«Homeland (Iraq Year Zero)»

Dirixido por · (2015)
O director iraquí filma co seu cámara á súa familia durante 17 meses (desde febreiro 2012) nun filme dividido en dúas partes (antes e despois do ataque) na que se nos amosa cada un dos episodios dunha vida cotiá necesariamente interrompida polo horror da guerra de Iraq.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



28 Nov. 2016
Lun.

«Homeland (Iraq Year Zero)»

Dirixido por · (2015)
Segunda parte do filme (despois do ataque) no que o director iraquí filma co seu cámara á súa familia durante 17 meses (desde febreiro 2012) na que se nos amosa cada un dos episodios dunha vida cotiá necesariamente interrompida polo horror da guerra de Iraq.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



12 Dec. 2016
Lun.

Sesión: Xisela Franco

Dirixido por
Proxección dos traballos «Cruz Piñon», «Santiago, Ollada de Perfil» e «Aadat».

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  De balde, até completar o aforamento (110 butacas).



Tedes ao voso dispor, os comentarios deste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, para expoñer as túas inquedanzas xerais sobre o traballo do cineclube ou ben, as impresións que vos suscitan os filmes programados, apreciamos moitísimo os vosos comentarios.
Lembra que podedes puntuar os filmes progamados na axenda da «Feciga», onde podes atopar o listaxe dos filmes e avalialos, nos axuda a coñecer os teus gustos.

Asemade, precisamos saber o que pensas do traballo que desenvolven os cineclubes, polo que che pregamos dediques un anaquiño do teu tempo en realizar a seguinte .




Horarios CUT+1












Publicar un comentario