25/02/17

Ciclo Disonancias

Proxéctase durante o mes de marzo e abril na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os mércores (agás o 8 de marzo) ás 18, 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …








  8 Mar. 2017
Mérc.

«Toni Erdmann»

Dirixido por · (2016)
Inès traballa nunha gran empresa alemá establecida en Bucarest. A súa vida está perfectamente organizada ata que o seu pai Winfried chega de improvisto e pregúntalle "es feliz?". Trala súa incapacidade para responder, sofre un profundo cambio. Ese pai que ás veces estorba e que a avergoña un pouco, vaille a axudar a dar novamente sentido á súa vida grazas a un personaxe imaxinario: o divertido Toni Erdmann

Premios César (2016) Mellor película estranxeira
Premios do Cine Europeo (2016) Mellor película, director, guión, actor e actriz.
Festival de Cannes (2016) Premio FIPRESCI

SESIÓNS:
COTA:
 18 ·e 21 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



  15 Mar. 2017
Mérc.

«El ciudadano ilustre» · O cidadán ilustre»

Dirixido por · · (2016)
É a historia dun escritor arxentino, Premio Nobel de Literatura, que fai corenta anos abandonou o seu pobo e partiu cara a Europa, onde triunfou escribindo sobre a súa localidade natal e os seus personaxes. No pico da súa carreira, o alcalde dese pobo onde naceu, invítao para nomealo Cidadán Ilustre do mesmo, e él decide cancelar a súa apretada axenda e aceptar a invitación.

Premiada (2016): Festival de Venecia ao Mellor actor (Óscar Martínez); nomeado a Mellor filme, Premios Goya: Mellor película hispanoamericana e no Festival de Valladolid - Seminci: Espiga de Prata e Mellor guión

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



22 Mar. 2017
Mérc.

«Juste a fin du monde» · Só a fin do mundo

Dirixido por · (2016)
Tras doce anos de ausencia, un novo escritor regresa ao seu pobo natal para anunciar á súa familia que pronto morrerá. Vive entón un reencontro coa súa contorna familiar, unha reunión na que as mostras de agarimo son sempiternas discusións e a manifestación de rancores e reproches.

Adaptación dunha obra teatral de Jean-Luc Lagarce.

Premiada no Festival de Cannes, 2016, co gran Premio do Xurado.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



29 Mar. 2017
Mérc.

«Bacalaureat» · Os exames

Dirixido por · (2016)
Romeo é un médico de case 50 anos que deixou atrás as ilusións relacionadas co seu matrimonio, agora acabado, e a súa Rumanía, esnaquizada polos acontecementos. Para el todo o que importa agora é a súa filla, de 18 anos. Tralos exames finais, a moza irá estudar a unha prestixiosa escola en Inglaterra. Na véspera do exame, a filla é atacada na rúa. A partir de entón, fará todo o posible para garantir que iso non perturbe o destino que elixiu para a súa filla.

Premiada no Festival de Cannes, 2016: Mellor director (ex aequo)

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



5 Abr. 2017
Mérc.

«Hymyilevä mies» · O día máis feliz na vida de Olli Mäki

Dirixido por · (2016)
No verán de 1962, Olli Mäki aspira ao título de campión do mundo de peso pluma en boxeo. En todas partes, tanto no campo como en Helsinki, predícenlle un futuro cheo de éxito. Só ten que perder peso e concentrarse. Pero, hai un problema, Olli namorouse de Raija.

Premiada no Festival de Cannes (2016) Mellor película (Un Certain Regard) e nos Premios do Cine Europeo (2016) co Premio FIPRESCI

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto









Tedes ao voso dispor, os comentarios deste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, para expoñer as túas inquedanzas xerais sobre o traballo do cineclube ou ben, as impresións que vos suscitan os filmes programados, apreciamos moitísimo os vosos comentarios.
Lembra que podedes puntuar os filmes progamados na axenda da «Feciga», onde podes atopar o listaxe dos filmes e avalialos, nos axuda a coñecer os teus gustos.

Asemade, precisamos saber o que pensas do traballo que desenvolven os cineclubes, polo que che pregamos dediques un anaquiño do teu tempo en realizar a seguinte .




Horarios CUT+1






Publicar un comentario