15/09/17

Cine termal e mobilidade

Semana da mobilidade

Cine nas termas


Nas habituais citas de setembro, e antes do comezo da programación regular, que reiniciaremos en outubro, presentamos dentro das actividades municipais de Termatalia, dous filmes termais; a proxectar na explanada das Burgas (se o tempo o permite, e se non sería na Biblioteca pública) e unha proxección especial co gallo da Semana da mobilidade, en colaboración con "Amigos da terra" e "Masa crítica" de Ourense, na Biblioteca pública.

Agardámosvos.



«Cine nas termas» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)





19 Set. 2017
Mar.

«The Road to Wellville» O balneario de Battle Creek

Dirixido por · (1994)
Comedia que narra a vida do excéntrico doutor John Harvey Kellog -inventor entre outras cousas, dos copos de cereais- (A. Hopkins), un defensor acérrimo da vida natural, e que rexenta un luxoso balneario en Battle Creek.


SESIÓNS:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1)
 De balde



Proxección especial: Semana da mobilidade



20 Set. 2017
Mer.

«Hin und weg» Tour de force

Dirixido por · (2014)
Bélxica de entre todos os destinos. Que ten Bélxica separadamente de chocolate e patacas fritas? Non importa, este ano foi a quenda de Hannes e Kiki para escoller destino da súa viaxe anual en bicicleta xunto cos seus amigos máis próximos. Todos están desexando saír á aventura sabendo que o máis importante é pasar tempo xuntos. Pero pouco tempo logo de comezar, Hannes comunícalles que sofre unha enfermidade incurable e que esta viaxe será a última. A pesar do impacto, deben seguir o seu camiño e, sabendo que nada será igual logo destas vacacións, celebrarán a vida como nunca antes o fixeron.

(Coa colaboración do Instituto Goethe)


SESIÓNS:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1)
 De balde



  21 Set. 2017
Xov.

«Les vacances de monsieur Hulot» As vacacións do señor Hulot

Dirixido por · (1953)
Nun balneario da costa atlántica, os veraneantes son incapaces de apartarse dos seus rutineiros costumes urbanos. Ata que chega monsieur Hulot ao volante do seu vello cacharro e rompe a calma estival. Para gran alegría dos nenos, Hulot ofrecerá aos hóspedes do hotel unhas vacacións inesquecibles.


SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1)
 De balde





Todas as proxeccións son en VOSE. Pregamos puntualidade.




Horarios CUT+1




Publicar un comentario