05/01/18

Programación xaneiro - febreiro 2018

Filmoteca

Ciclo Imaxinario

Extra: IV Ciclo de cine e medicina

Sesión especial


Durante a ocupación das fábricas e as reivindicacións obreiras de finais da década dos sesenta nas localidades francesas de Sochaux e Besançon, un grupo de cineastas, liderado por Chris Marker, Jean-Luc Godard e Bruno Muel, achegáronse a filmar aos activistas obreiros. O rexeitamento que os filmes produciron nos obreiros levou aos realizadores militantes a propoñerlles que se filmaran eles mesmos. Así xurdiron Os Grupos Medvedkin, ou "Numax presenta" de Joaquin Jordá, e logo un cento de cineastas que construíron un imaxinario social instituínte e autónomo... como diría Edgar Morin o imaxinario explícase de xeito que un homo sapiens é tamén un homo demens. A sociedade críase ao través de imaxinarios sociais que vinculan aos homes e mulleres e dan sentido ao seu accionar.

Así as relixións, ideoloxías ou as utopías políticas proporcionan crenzas comúns que estruturan un vínculo social a través dun imaxinario colectivamente compartido. Esas son precisamente parte das historias que presentamos neste novo ciclo, unha serie de transformacións sobre o real grazas á imaxinación.



«Imaxinario» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Antes de pensar? imaxina! A imaxinación é o proceso de creación e de deformación das imaxes...en silencio e ás escuras nunha sala cinematográfica, como se dunha catedral fose, pode voltarnos inmortais; o noso corazón pode ter esperanzas e expectativas, pode namorarse e viaxar por moito tempo, como as sensacións que transmite a música que acompaña o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] da programación, baseado dunha canción orixinal da compositora brasileira Zélia Duncan, interpretado con apenas 19 anos por Tanita Tikaram no seu primeiro disco. Que vos preste. Ollo aos horarios...


(Sesións diferentes ao habitual; 10, 15 de xaneiro, 2, 5 e 7 de febreiro)


Ciclo Imaxinario


  10 Xan. 2018
Mérc.

«The square»

Dirixido por · (2017)
Christian, director dun museo de arte contemporánea, encárgase dunha exhibición titulada "The Square" na que hai unha instalación que fomenta valores humanos e altruístas. Cando contrata a unha axencia de relacións públicas para difundir o evento, a publicidade produce malestar no público.

Premios
2017: Festival de Cannes: Palma de Ouro (Mellor película)
2017: Premios do Cine Europeo: 6 premios incluído mellor película e director



SESIÓNS:
COTA:
 18 e 21 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



Filmoteca


15 Xan. 2018
Lun.

«A jeune fille sans mains»

Dirixida por · (2016)
Baseado nun dos contos menos coñecidos dos irmáns Grimm, "A nena sen mans" é un traballo de animación entre a estampa e o teatro de sombras, tintado de poesía, cun uso fauvista da cor, manchas delicadas e expresivas raias que recordan a caligrafía xaponesa.

Premios
2016: Premios César: Nomeado ao Mellor filme de animación
2016: Festival de Annecy: Distinción especial do Xurado
2016: Festival de Xixón: Nomeado ao Mellor longametraxe de animación

(Grazas á distribución do Instituto Francés)

SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1)
  De balde, até completar o aforamento (110 butacas)



Extra: IV Ciclo de cine e medicina


  16 Xan. 2018
Mar.

«All that jazz» All That Jazz (Empeza o espectáculo)

Dirixidos por · (1979)
Joe Gideon (Roy Scheider) é un implacable coreógrafo neste musical pouco convencional que retrata a dureza, o esplendor e a decadencia das xentes do mundo do espectáculo, a quen o triunfo négalles ás veces a posibilidade doutros afectos. Un drama que retrata a outra cara do show, o que ocorre entre bastidores.

Premios
1979: 4 Oscars: BSO adaptada, vestiario, dir. artística e montaxe. 9 nominacións
1980: Festival de Cannes: Palma de Ouro mellor película (ex aequo)
1980: Premios BAFTA: Mellor fotografía e mellor montaxe. 6 nominacións


SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  De balde, até completar o aforamento (110 butacas)



Ciclo Imaxinario


  17 Xan. 2018
Mérc.

«Hikari» Cara á luz

Dirixido por · (2017)
Narra unha historia de amor entre un fotógrafo que está perdendo a vista e unha moza un pouco desconectada da sociedade.

Premios
2017: Festival de Cannes: Sección oficial



SESIÓNS:
COTA:
 18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



Filmoteca


22 Xan. 2018
Lun.

«Personal shopper»

Dirixida por · (2016)
Maureen, unha moza estadounidense en París, faise cargo do gardarroupa dunha celebridade. Aínda que non lle gusta o seu traballo, é o único que atopou para pagar a súa estandía mentres espera unha manifestación do espírito de Lewis, o seu irmán xemelgo desaparecido hai pouco. Maureen comeza entón a recibir no seu móbil estrañas mensaxes anónimas.

Premios
2016: Festival de Cannes: Mellor director (ex aequo)

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



Ciclo Imaxinario


  24 Xan. 2018
Mérc.

«Lady Macbeth»

Dirixido por · (2016)
A Inglaterra rural de 1865. Katherine (Florence Pugh) vive anguriada por culpa do seu matrimonio cun home amargado ao que non quere e que lle dobra a idade, e da súa fría e desapiadada familia. Cando se embarca nun apaixonado idilio cun mozo traballador da leira do seu marido, no seu interior desátase unha forza tan poderosa que nada lle impedirá tentar conseguir o que desexa.

Premios
2016: Festival de San Sebastián: Premio FIPRESCI
2017: Premios do Cine Europeo: Mellor ópera novel



SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



Filmoteca


29 Xan. 2018
Lun.

«Kimi non na wa» Your Name

Dirixido por · (2016)
Taki e Mitsuha descobren un día que durante o sono os seus corpos se intercambian, e comezan a comunicarse por medio de notas. A medida que conseguen superar torpemente un reto tras outro, vaise creando entre os dous un vínculo que aos poucos convértese nalgo máis romántico.

"Your Name" foi un éxito rotundo a nivel de taquilla, colocándose como a cuarta película máis exitosa da historia en Xapón (por detrás de "A viaxe de Chihiro", "Titanic" e "Frozen")

Premios
2016: Festival de Sitges: Mellor filme de animación


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



Ciclo Imaxinario


  31 Xan. 2018
Mérc.

«Una mujer fantástica» Unha muller fantástica

Dirixido por · (2017)
Marina (Daniela Vega), unha moza camareira aspirante a cantante, e Orlando (Francisco Reyes), vinte anos maior, planean un futuro xuntos. Tras unha noite de festa, Marina lévao a urxencias, pero el morre ao chegar ao hospital. Ela debe entón enfrontarse ás sospeitas pola súa morte. A súa condición de muller transexual supón para a familia de Orlando unha completa aberración. Ela terá que loitar para converterse no que é: unha muller forte, paixonal... fantástica.

Premios
2017: Festival de Berlín: Mellor guión


SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



Sesión especial


  2 Feb. 2018
Ven.

«O canteiro de Sebil»

Dirección colectiva de · (2017)
Homenaxe audiovisual a Xohán Xesús González, que naceu en Sebil (Cequeril –Cuntis) en 1895 e traballou de canteiro. Trasladouse a Compostela, onde estudou dereito e gañou un nome no mundo do activismo político, sendo impulsor e fundador de numerosas iniciativas en practicamente todos os eidos: dende a docencia ao xornalismo pasando polos ámbitos culturais e mesmo sindicais. Tralo Golpe de Estado de 1936 púxose á fronte dun grupo de cincuenta obreiros de Teo, coñecido como O Terzo de Calo, que se dirixiron cara a Compostela para defender a legalidade republicana.



SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1)
  De balde, até completar o aforamento (110 butacas)



Filmoteca


5 Feb. 2018
Lun.

«The Dark Crystal» Cristal escuro

Dirixido por e · (1982)
Cando hai mil anos o Cristal Escuro foi danado por un Urskek, o caos e a confusión estendéronse por todo o planeta. Se ninguén repara o cristal, o demo Skekses dominará a Terra ata o fin dos tempos. Será Jen, o derradeiro supervivente dos Xelfings, quen tente devolverlle ao cristal o seu poderoso resplandor.

Premios
1983: Premios BAFTA: Nomeada aos Mellores efectos especiais visuais


SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1)
  De balde, até completar o aforamento (110 butacas)



Ciclo Imaxinario


  7 Feb. 2018
Mérc.

«120 battements par minute» 120 pulsacións por minuto

Dirixido por · (2017)
París, comezos dos anos 90. Un grupo de mozos activistas tenta xerar conciencia sobre a SIDA. Un novo membro do grupo, Nathan, ficará sorprendido ante a radicalidade e enerxía de Sean, que gasta o seu último alento na loita.

Premios
2017: Festival de Cannes: Gran Premio do Xurado
2017: Premios do Cine Europeo: Mellor montaxe

Seleccionada por Francia para os Oscar 2018

(A recadación da sesión das 21 horas, será destinada ao Comité cidadán antisida de Ourense)


SESIÓNS:
COTA:
 18 e 21 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto







Todas as proxeccións son en VO/VOS, na Casa da Cultura, no salón de actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). Pregamos puntualidade.




Horarios CUT+1




Publicar un comentario