O Cineclube Padre Feijoo colabora coa Fundación Vicente Risco no ciclo «Os mundos de Vicente Risco: Vicente Risco na República de Weimar», consistente nunha exposición e un ciclo de filmes (formato DVD, subtitulado en galego).
Axuntamos a nota de prensa da propia fundación.
Encetamos unha actividade que pretendemos continuar os vindeiros anos  baixo o título xenérico de OS MUNDOS DE VICENTE RISCO.
Co  gallo do 80 cabo de ano da viaxe de don Vicente a Alemaña para estudar  folclore, estará centrado na República de Weimar.
Colaboran: Cine Clube Padre Feijoo, Festival de Cine de Ourense, Centro Galego de  Arte Contemporánea e Instituto Goethe.
EXPOSICIÓN
O  mércores 26 de maio, ás 20,00 horas na sede da Fundación Vicente Risco  (Rúa San Lorenzo 3, Allariz) terá lugar a inauguración da exposición FOTOGRAFÍAS  DA UFA (CINEMA ALEMÁ DE ENTREGUERRAS) que estará aberta ao público  até o 30 de agosto.
Na primeira semana de setembro, a exposición  poderá ser visitada na Casa da Cultura de Monforte de Lemos.
PROXECCIÓNS
OURENSE:  CINEBOX, ÁS 20.30 H
27-V-2010 O anxo azul.  Presentación a cargo de Katherine Diestelmeier.
3-VI-2010 Berlín,  sinfonía dunha gran cidade. Presentación a cargo de Miguel Anxo  Fernández.
10-VI-2010 Emilio e os detectives.  Presentación a cargo de Xosé Manuel Rodríguez.
17-VI-2010 Cabaret.  Presentación a cargo de Arturo Lezcano.
ALLARIZ: CAFÉ CULTURAL  ROI XORDO, ÁS 20.30 H
16-VI-2010 O anxo azul.  Presentación a cargo de Katherine Diestelmeier.
23-VI-2010 Berlín  sinfonía dunha gran cidade. Presentación a cargo de Miguel Anxo  Fernández.
30-VI-2010 Emilio e os detectives.  Presentación a cargo de Xosé Manuel Rodríguez.
7-VII-2010 Cabaret.  Presentación a cargo de Arturo Lezcano.
SANTIAGO DE COMPOSTELA:   CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA. MES DE AGOSTO.
(CONSULTAR CO  CGAC)
MONFORTE DE LEMOS: CASA DA CULTURA. PRIMEIRA QUINCENA DE  SETEMBRO.
(CONSULTAR COA CASA DA CULTURA)
11/05/10
‘O labirinto ario’ e ‘Entre línguas’
 Esta é a nota de      prensa enviada hoxe aos medios  (se queres recibir información sobre as      actividades  do Cineclube, únete  ao grupo de correo en http://groups.google.es/group/cineclubepf ou a través de Facebook)
Esta é a nota de      prensa enviada hoxe aos medios  (se queres recibir información sobre as      actividades  do Cineclube, únete  ao grupo de correo en http://groups.google.es/group/cineclubepf ou a través de Facebook)‘O LABIRINTO ARIO’ E ‘ENTRE LÍNGUAS’,
PRODUCIÓNS GALEGAS NO CINECLUBE
O Cineclube Padre Feijoo proxecta mañá, mércores 12 de maio, as producións galegas O labirinto ario e Entre línguas. A sesión, ás 20.30 h, con entrada gratuíta, será no Auditorio Municipal de Ourense. Cóntase co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, Federación de Cineclubes de Galicia, a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e as produtoras Amén Cinema e Chantada Films.
O labirinto ario é unha curtametraxe de ficción, en ton de comedia aloucada, que, como din os seus promotores «mestura o esoterismo nazi, os alieníxenas e o caso dunha man cortada». A trama conta como, ao morrer Hitler en 1946, é soterrado na parroquia de Nogueira. Os seus lugartenentes, o doutor Manfred e Helmuth, reciben o apoio do Xeneralísimo Franco, quen intercede diante da Marquesa de Tor a prol do advento dunha raza aria, o rexurdir do IV Reich e o espertar dun novo Mesías. A todo isto únese a procura do Santo Graal no Monte do Faro, experimentos nas bases subterráneas nazis de Belesar, rituais satánicos na cripta romana de Santa Eulalia de Bóveda e contactos co planeta Ummo. Unha divertida historia de 25 minutos que foi candidata na categoría de Mellor curtametraxe de ficción na última edición dos Premios
 Mestre Mateo, e que nesta proxección estará presentada polo seu director, Alfredo Pardo.
 Mestre Mateo, e que nesta proxección estará presentada polo seu director, Alfredo Pardo.A continuación proxectarase Entre línguas, un documental que parte do caso do ‘galego de Cáceres’ (a zona do val do Elas) para estudar os outros territorios que, ao longo da fronteira con Portugal —desde a provincia de Zamora até a de Badaxoz—, por diferentes vicisitudes históricas, posúen actualmente soberanía española e conservan uns dialectos moi semellantes ao galego. No transcurso deste documental, os veciños e veciñas destas case sempre pequenas vilas cóntannos como viven a súa máis forte peculiaridade e conversan sobre os motivos para continuaren a falar como aínda falan e cantan, ou todo o contrario. O filme, de 30 minutos, está dirixido por Vanessa Vila Verde, João José Varela e Eduardo Sanches.
