OUFF e Cineclube presentan unha programación estable                     para Ourense
Todos os                   mércores, dobre pase: ás 20:30 e ás 23:00 horas
O Festival de Cine Internacional de                     Ourense (OUFF) e o Cineclube Padre Feijóo                   alían as súas forzas para garantir unha programación                   estable de películas alén do circuíto comercial. Baixo o título xenérico de «2011: Un espazo de                     Cine»,                   a presidenta do Consorcio Festival de Cine de Ourense                   e concelleira de Cultura, Isabel Pérez,                   presentaba esta mañá «unha ambiciosa colaboración que                   lles vai permitir aos cidadás de Ourense disfrutar de                   cine de calidade todos os mércores do ano».
Artellada ao redor de ciclos temáticos                   mensuais, cobre unha demanda «histórica» por parte do                   público cinéfilo da cidade, en palabras do director de                   Programación do OUFF, César Silva. Así, e                   dende o mes de xaneiro, irán proxectándose                   retrospectivas temáticas etiquetadas como cine social, británico, muller, música, teatro                   (coincidindo coa celebración da Miteu), galego                   (na semana posterior á entrega dos premios Mestre                   Mateo da Academia de Cine, que se celebra o 16 de abril                   en Ourense), e oriental.                   Ciclos que reúnen «coherencia e calidade                   cinematográfica», segundo Manuel Precedo,                   secretario do Cineclube Padre Feijoo, e que incluirán                   títulos recoñecidos nos mellores festivais do mundo                   así como perlas do certame ourensán. Entre eles, Un                      profeta, de Jacques Audiard, co que se abre a                   programación e considerado por moitos críticos coma                   unha das mellores películas da historia pese á súa                   recente estrea.
Todas as películas serán proxectadas os                     mércores en dobre pase [ás 20:30 e ás 23:00 horas]                     nos Cinebox, e a entrada terá un custo de 4 euros                   (3 para estudantes con carné universitario e maiores                   de 65 anos).
Cine e Muller, ciclo especial
Á presentación do tríptico para o primeiro                   trimestre tamén acudiu Marta Arribas,                   concelleira de Igualdade, quen salientou o papel do cinema «como ferramenta de sensibilización social».                   Neste caso, a programación escapa dos mércores para                   facer un ciclo intensivo nos tres primeiros días de                   marzo (co gallo da celebración do Día Internacional da                   Muller, o 8/03) en sesión única ás 20:30 h e de acceso                   gratuíto.
Descargas:               
> O                     cartaz coa programación de xaneiro               
> Toda a                      información para o primeiro trimestre