 Máis información, aquí.
Máis información, aquí.
Actualización (10/23/2011)
Pedimos desculpas porque a proxección de onte, en  contra do anunciado, foi en versión dobrada en vez de en VO  subtitulada.
Este erro foi da empresa distribuidora, e desde a  organización non puidemos detectalo antes da proxección, debido á falta  de tempo con que chegou a copia.
Naturalmente, hoxe mesmo efectuamos a  nosa queixa á distribuidora.
En calquera caso, queremos agradecervos  sinceramente a vosa presenza, que supuxo un dos records de asistencia da  historia do Cineclube: entre as dúas sesións, un total de 288  espectadores. Seguiremos traballando para mellorar todo.
 
 
 
 
 
 Febreiro, o mes do Cine Británico en VOS
Febreiro, o mes do Cine Británico en VOS
O Cineclube Padre Feijóo e mais o Festival de Cine de Ourense celebran o éxito de asistencia ás proxeccións de Cine Social no mes de xaneiro, nas que o cartel de aforo completo foi unha constante, e só queda lamentar non dispor de máis espazo para os espectadores.
Co cambio de mes, cambiamos tamén de ciclo: a programación de febreiro é unha escolla de catro películas con denominación de orixe Reino Unido: Somers Town, de Shane Meadows, este mércores, seguida dos títulos In The Loop, London River e Tamara Drewe os vindeiros mércores de mes no Cinebox e en dobre pase: ás 20:30 e ás 23:00h. Podes descargar o cartel do mes aquí.