O documental do mes
Filmoteca CGAI
Sesións de outuno
Anuncia o outono a súa chegada coa caída das follas das árbores e a cidade vístese de amarelo coas primeiras medidas que rumban un longo outono que somerxe á vella Auria.
Rixe unha complicidade cunha elite que  entroniza a mediocridade, o  mercantilismo, o control social e o silencio. A cultura é un branco do ultraliberalismo económico e o autoritarismo mídese en proporcións policiais de rendabilidade determiñante. Os acenos da demolición son tantos que os casos concretos volvéronse bosque. 
O arroutado descoñecemento dun grupo de políticos profesionais escurece unha cultura (así, en xeral) que resulta indesexable e prescindible por unha de escala masiva e festiva. A desprezable "culturetilla" pola eslamiada "cultorota". 
 A diversidade da nosa sociedade semella que estivese non representada nin consultada, senón a cargo das súas decisións vitais. Así, neste panorama chegan estas sesións de cine...
...que coinciden coa mudanza da Biblioteca pública e a conseguinte incerteza de futuro sobre a xestión da casa da cultura. Agardamos pase pronto esta apesarada púrpura visión e chegue novamente unha luminosa primavera que tamén lidaremos por cantaruxar.
De seguido o avance visual [.mp4 • 20'7 MB]  da programación que vos presentamos, ambientado coa música de Prince "Purple rain", versionada por Amanda Palmer e Jherek Bischoff. 
(Atentos/as, aos horarios do 16 e 28 de outubro)
 
