Miradas etnográficas
Oriente/Occidente
O documental do mes
Filmoteca CGAI
Sesión especial: 25-N en negro
O esquema  spengleriano ("A decadencia de Occidente" de  Oswald  Spengler), definía unha serie de trazos distintivos que se manifestaban en todas as culturas por igual enmarcándoas aos acontecementos particulares.  Con base a ese esquema e aplicando un método que el chamou a “morfoloxía comparativa das culturas”,  Spengler proclamou que a cultura occidental atopábase na súa etapa de vellez ou a punto do final.
A evolución no tempo da cultura oriental con reflexo e  influecias entre si,  fai predicir o mesmo camiño de enfermidade. Ambas conviven nunha desaforada carreira ao precipicio, que en occidente identificamos como capitalismo e no outro lado denominan "reforma económica". En calquera caso, tomando prestada a estrutura de  Spengler, observamos na primeira película do ciclo,  a evolución de China a través de dous matrimonios. Tamén veremos  o amor e desamor,  os salarios de miseria e xornadas de escravitude polo ben común ou polo do capital.
Todo avanza, a tecnoloxía, a vida, o amor...vivimos unha estraña viaxe desde a inexistencia á inexistencia, como a democracia; esa feliz máscara do capitalismo mundial que pode viaxar de oriente a occidente a golpe de  click ou en incómodas escalas en apretados artefactos voadores.
Desta vez, o avance visual [.mp4 • 20'7 MB]  
que adianta a programación reflexiona precisamente sobre o paso do tempo, algo substancial para nós precisamente no ano que pechamos, a piques de cumprir medio século de vida. 
(Atención ao horario do 13 de novembro e ás sesións do 25 e 28 de novembro.)
 
