Filmoteca CGAI
Ciclo Wong Kar-Wai
A arte e a cultura non son un espello para reflectir a realidade, senón un martelo para darlle forma.
Na forxa do mes de maio temos principalmente 3 estilos, rubricados polas destacables figuras de Éric  Rohmer e  Wong  Kar- Wai, xunto á novidade narrativa de Luís López Carrasco, premio Goya ao mellor documental, que pertence ao colectivo artístico  Los Hijos.
O primeiro, caracterízase polo traballo con equipos domésticos, actores non profesionais, diálogos agudos e o naturalismo con que se presentan os problemas  cotiáns, sobre todo afectivos, da xente moza.
O segundo,  Wong   Kar-  Wai,  é un cineasta de Hong Kong,  recoñecido internacionalmente polo  seu  traballo altamente   estilizado e emocionalmente   resoante.   As  súas películas a  miúdo presentan protagonistas que  arelan o romance no medio  dunha vida incompleta e  digresiva.   Wong   Kar-  Wai  foi o  primeiro director  chinés en  gañar o Premio  ao  Mellor Director  do Festival de Cinema de  Cannes.
Mentres a realizade é cincelada entre trincheiras, con algún necio gobernando e outros consentindo a morte cultural da cidade, sairemos sempre adiante, sairemos...da escura sala cantando por enriba dos sombríos tempos que estamos a vivir. A música que acompaña o 
  avance visual [.mp4 • 20'7 MB] deste mes, fala das agradables sombras que dan as maltratadas ábores. Sempre nos quedará a primavera, o vento e a poesía...xan ven o maio, de frores cuberto.
 

