09/01/09

Proxección especial de ‘A fala do cacique’

Estrea de ‘A fala do cacique’
O próximo martes, 13 de xaneiro de 2009, en única sesión ás 20:30 h, no salón de actos da Biblioteca Pública (rúa Concello, 11, Ourense), proxectarase o filme documental A fala do cacique (Brasil-Alemaña, 2007), de Márcia Gomes de Oliveira Suchanek e Norbert Gregor Suchanek, autores de diversos documentais. Ambos estarán na sesión para presentar o filme e falar co público.
A fala do cacique expón a situación dun dos pobos indíxenas do Brasil, os guarani mbyá. Tradicionalmente nómades, viven na rexión da Mata Atlântica. Nos últimos 30 anos, o Goberno brasileiro construíu dúas centrais nucleares (Angra 1 e Angra 2) no seu territorio, ao sur do Rio de Janeiro, sen comunicárllelo aos guarani mbyá. Actualmente, no ano 2008, o Goberno está a construír outra central nuclear (Angra 3) neste mesmo lugar. Este documental mostra a aldea guarani mbyá, chamada Sapukai, situada preto das centrais nucleares brasileiras. O cerne do filme é a fala precisa do cacique guarani mbyá Verá Mirim, de 94 anos, sobre a súa aldea, sobre a ecoloxía e sobre a enerxía nuclear. A intención deste documental é dar voz aos pobos indíxenas esquecidos do Brasil.
A actividade esta organizada por Amarante e Verdegaia, coa colaboración do Cineclube Padre Feijoo.

2 comentarios:

  1. Noraboa pola programción do último trimestre do ano pasado, foi unha gozada ver a sala 8 do cine Box chea. ¿Haberá nova programación para esta nova tempada?

    ResponderEliminar
  2. Ola! Grazas polos parabéns. Si, estamos a traballar na programación para este ano, que esperamos comezar ao longo do mes de febreiro. Informaremos convenientemente desde esta mesma web

    ResponderEliminar

Por favor teña en conta estas pautas…

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».