
Mañá, mércores 4 de marzo, o Cineclube Padre Feijoo e mais Cinebox Ourense presentan o filme Camino, de Javier Fesser, gañador de 6 Premios Goya 2009. Os pases, ás 20.30 e 23.00 horas, terán lugar no Cinebox Ourense, no Centro Comercial Ponte Vella; as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario).
Con este filme comeza o quinto ciclo «Estreas en Versión Orixinal», subtitulado nesta ocasión «Aquí e agora». Para o ciclo cóntase coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia, apoiada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, e mais da Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
A historia de Camino está ambientada en Pamplona, en 2001. Camino é unha nena de once anos, que vive os seus derradeiros momentos no cuarto dun hospital. Rodeada de familiares, amigos, sacerdotes e un número inusitado de persoal clínico, dá a todos un exemplo de morte serena e feliz. Nunha atmosfera de santidade, e cando parece que a morte é xa inevitábel, ocorre algo extraordinario no cuarto.
O filme está inspirado en feitos reais, e defínese como «unha aventura emocional en torno a una extraordinaria nena que se enfronta ao mesmo tempo a dous acontecementos que son completamente novos para ela: namorarse e morrer».
Segundo o director, o xermolo do filme foi o coñecemento dun feito real, e «o que comezou sendo un exhaustivo labor de documentación sobre moitos outros casos de “olor de santidade” e sobre o verdadeiro modo de operar do Opus Dei, acabou sendo un apaixonante traballo de investigación en torno aos sentimentos íntimos das persoas». A pesar da polémica causada pola película, Fesser afirma que «nada máis lonxe da intención do filme que marcar un camiño, sinalar a ninguén, ou decidir quen está no certo e quen non».
Camino participou na sección oficial do Festival de San Sebastián 2008, e obtivo tamén diversos dos premios José María Forqué, Sant Jordi e Gaudí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas…
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».