02/06/13

Queremos saber da túa opinión


Agradecemos moitísimo a túa asistencia, e queremos corrixir os erros cometidos, así como ter en conta os teus gustos e expectativas. Por iso -se non o fixeche no cine, na sesión de Holy Motors- estamos interesados en coñecer a vosa opinión como espectadores.

No seguinte ligazón da sala de máquinas do cineclube, temos unha enquisa para avaliar a programación do 2012-2013.

Moitas grazas anticipadas polo teu tempo.

Un saúdo da equipa do cineclube

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas…

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».