Morrerse, non deixa de ser un cruel proceso da vida. Ese proceso inevitable, transita pola maduración con descubrimentos sexuais, namoramentos, frustracións… e un longo engadido de perdas, tan longas e duras, como a distancia que percorremos ata chegar ao noso destino.
 
 Deseño do cartaz: Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
Deseño do cartaz: Iñaki Nóvoa (cineclupePF)A vida, testemuña cíclica dos nosos estímulos, volta alborotada este ano con varias propostas cinematográficas, que como podedes ollar,  alteraranvos o  suficiente para combater os tópicos, abrir prexuízos, e descubrir as perdas da vida, ás escuras e… en silencio. Non permitades perder  as oportunidades  desta primavera
Sesións:
Os 
luns as 20:30 e 23 
h. — Cota de entrada xeral: 2 
€*
Os 
mércores as 18, 20:30 e 23 
h* — Cota de entrada xeral: 4 
€
Sábado 29/03/2014: sesión especial de curtas «Grito curto» as 17 
h. — Entrada de balde. 
* agás o mércores 2 de abril, que será as 18 e 21:30 h.
Os socios e socias que asistan á sesión do luns, na mesma semana, teñen desconto dun euro na sesión dos mércores.
Lugar:
Biblioteca pública (casa da Cultura), rúa Concello 11
Proxeccións en 
VO e 
VOS; filmes non recomendados para menores de 16 anos. Lembrade por favor, que 
Non se permite a entrada unha vez comezada a proxección.
 
Este é o noso programa de oportunidades primaverais:
sábado 29 de marzo do 2014
Sesión especial de curtas
Enmarcado dentro do 
Grito Rock, festival colaborativo e integrado que pretende acadar no 
2014, 400 cidades en 40 países e que por 1
ª vez celébrase en 
Ourense, organizado por músicos e varios colectivos da cidade.
Proxéctase de balde e nunha única sesión, ás 17 horas, 3 curtas cunha duración total de 65 minutos.
 > Ver o detalle das curtas
luns 31 de marzo do 2014
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 • 44'8 MB] VOSE
 
Título: «The Act of Killing» · (O acto de matar)
Ano: 2012
País: Dinamarca
Director: Joshua Oppenheimer e Christine Cynn  
Guión: Joshua Oppenheimer e Christine Cynn 
Música: Karsten Fundal 
Fotografía: Carlos Arango De Montis e Lars Skree 
Reparto: Haji Anif, Syamsul Arifin, Sakhyan Asmara, Anwar Congo, Jusuf Kalla… 
Duración: 115 min.
Productora: Final Cut for Real | Arts and Humanities Research Council | Danmarks Radio  
Distribuidora: Avalon 
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 (16:9) · Dolby dixital 
Idiomas: indonesio e inglés  · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
  
Tras o golpe de estado militar de 
1965, o xeneral 
Suharto ocupou o poder en Indonesia. A continuación chegou o xenocidio: miles de comunistas, reais ou presuntos, foron asasinados polos escuadróns da morte. Unhas décadas despois, o pasado pervive e un relato perpetúase.
Premios e mencións:
2013 · Premios Oscar: Nominado ao Mellor longametraxe documental :: Premios do Cine Europeo: Mellor documental :: Premios 
BAFTA: Mellor documental. 2 nominaciones :: Premios Gotham: Mellor documental
Crítica:
 
Aclamadísimo documental que obtivo unha entusiasta acollida entre a crítica e público. O director 
Werner Herzog declarou ao respecto: «Non vin un filme tan potente, surreal e aterrador na última década». Pola súa banda o director de documentais 
Errol Morris, gañador dun 
Oscar®, dixo dela: «…como todos os grandes documentais, "
The Act of Killing" esixe outro xeito de ver a realidade. (…) Un filme asombroso e impresionante.».
Reseña en 
filmaffinity.com 
 
 
 
 
mércores 2 de abril do 2014
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 • 21'8 MB] VOSE
 
Título: «La vie d'Adèle» - Chapitre 1 & 2 · La vida de Adele  
(A vida de Adele)
Ano: 2013
País: Francia
Director: Abdellatif Kechiche 
Guión: Abdellatif Kechiche e Ghalya Lacroix 
Música: Jean-Paul Hurier 
Fotografía: Sofian El Fani 
Reparto: Adèle Exarchopoulos, Léa Seydoux, Salim Kechiouche, Mona Walravens, Jeremie Laheurte… 
Duración: 180 min.
Productora: Wild Bunch | Quat'sous Films | France 2 Cinema | Scope Pictures | Vértigo Films | RTBF | Canal+ | CNC 
Distribuidora: Vértigo films 
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital 
Idiomas: francés e inglés  · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:  
Adèle (
Adèle Exarchopoulos) ten quince anos e sabe que o normal é saír con rapaces, pero ten dúbidas sobre a súa sexualidade. Unha noite coñece e namórase inesperadamente de 
Emma (
Léa Seydoux), unha moza co pelo azul. A atracción que esperta nela unha muller que amósalle o camiño do desexo e a madureza, fará que 
Adèle teña que sufrir os xuízos e prexuízos de familiares e amigos. Adaptación da novela gráfica «
Blue», de 
Julie Maroh.
Premios e mencións:
2013 · Festival de Cannes: Palma de Ouro (mellor película) e Premio 
FIPRESCI :: Premios 
César: mellor actriz revelación (
Adèle Exarchopoulos) 
Crítica:
 
"Cegadora (…) Poucas veces antes no cine recente filmouse de forma tan frontal, tenra e precisa o sexo, o sexo lésbico. (…) Sobre a pantalla, simplemente unha miragre (…) crúa, brilante e arriscada"
Luis Martínez (
El Mundo) 
 
 
 
 
luns 7 de abril do 2014
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 • 29'2 MB] VO
 
Título: «La nuit d'en face» · La noche de enfrente 
(A noite de enfronte)
Ano: 2012
País: Chile
Director: Raúl Ruiz 
Guión: Raoul Ruiz e Hernán del Solar 
Música: Jorge Arriagada 
Fotografía: Inti Briones 
Reparto: Christian Vadim, Sergio Hernández, Valentina Vargas, Chamila Rodríguez, Pedro Vicuña… 
Duración: 112 min.
Productora: Consejo Nacional de la Cultura y las Artes (Chile) 
Distribuidora: CGAI 
Exhibición: Dixital (DVD) · Cor 
Idiomas: castelán e francés  · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
  
Un vello xubilado que espera a súa inminente morte, a medias temida, a medias provocada, paséase por unha cidade medio real e medio soñada, evocando escenas da súa infancia, ás veces reais, ás veces inventadas, que se moven entre o soño e o pesadelo.
Premios e mencións:
2006 ·  Premios Goya: Nominada ao mellor longametraxe documental :: 49 edición da 
Seminci: 2
º premio na sección «
Tiempo de Historia»
Crítica:
 
"A última película de 
Ruiz é unha das máis grandes do cine, un dos adeuses á vida con máis encanto…" 
Richard Brody (
The New Yorker)
 
 
 
 
mércores 09 de abril do 2014
 
Velo avance do film: 
You Tube [. mp4 • 36'7 MB]
 
Título: «L'inconnu du lac» · El desconocido del lago 
(O descoñecido do lago)
Ano: 2013
País: Francia
Director: Alain Guiraudie  
Guión: Alain Guiraudie 
Fotografía: Claire Mathon
Reparto: Pierre Deladonchamps, Christophe Paou, Patrick D'Assumçao, Jérôme Chappatte, Mathieu Vervisch… 
Duración: 97 min.
Productora:  Les Films du Worso 
Distribuidora: Karma films 
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital 
Idiomas: francés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
  
Verán. Un lago de augas azul turquesa arredor do cal congréganse un grupo de bañistas. Homes que encontran o seu solaz xuntos na súa beira ou no bosque contiguo. 
Franck pasa o tempo entre a amizade (ou amor platónico) co bochudo 
Henri e as aventuras amorosas con 
Michel, adonis escuro e perigoso.
Premios e mencións:
2013 · Festival de Cannes: mellor director (sección «
Un Certain Regard») :: Festival de Sevilla: mellor película e mellor fotografía :: Premios César: mellor actor revelación (
Pierre Deladonchamps)
Crítica:
 
"A pura franqueza de 
Guiraudie sobre o sexo é refrescante cando tantas películas que supostamente son para adultos confórmanse só con insinuar dun xeito cohibido e con timidez… " 
Peter Bradshaw (
The Guardian)
 
 
 
 
 
Lembrade que, temos propostas e liñas abertas á vosa colaboración e participación:
- Animádevos a presentar algún dos filmes programados (lígase despois, bbfff…unha barbaridade…,hai unha chea de recoñecemento social, fanche descontos, entras gratis á sesión, invitamos a unha caña… etc.)
- Queremos por en marcha o Ambigú do cineclube na biblioteca (un espazo de reflexión e debate sobre as películas programadas ou as que hai en depósito na biblioteca)
- Tes ao seguir estas liñas, todo  o espazo do mundo, para comentar, suxerir ou espallar polas redes sociais, aquelo que consideres xusto e necesario. O apreciamos con sinceridade e propósito de enmenda.
Folla de programación: 
2014-04  [.jpg • 7'3 MB]
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas…
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».