Corremos para non perder o futuro, pero… que pasa co noso presente, non estaremos a perdernos algo con tanta velocidade?
Invitamosche a desfrutar sen presas deste ciclo, que dimos por chamar «Branco e Negro» (ou «Black & White»), unha posición auténtica de forza ou manifesto polos novos cineastas e que pretende ser tamén unha postura implícita de reflexión perante as nosas aceradas vidas.
 
 Deseño do cartaz: Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
Deseño do cartaz: Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
Os filmes propostos amosan emocións pola textura cromática das imaxes, van a contracorrente nos movementos de cámara, no uso dos efectos especiais, recuperando as esencias da nouvelle vague, ou free cinema británico, cun ton de negrura semellante ao cinema indie americano dos anos 70 e no que encaixaría bastante ben, calquera tema do californiano Tom Waits para ambientar esta descarnada negrura, ainda que inocentemente apostamos polo vigués Leo de Ondas Martenot, para presentarche o avance visual [.mp4 • 8'2 MB]  do «ciclo B&W» para estas semanas de maio—xuño.
Sesións: 
*  
Os 
luns ás 20:30 e 23 
h. — Cota de entrada xeral: 2 
€
Os 
mércores ás 18, 20:30 e 23 
h — Cota de entrada xeral: 4 
€
Os socios e socias que asistan á sesión do luns de filmoteca na mesma semana, teñen desconto dun euro na sesión dos mércores.
Lugar:
Biblioteca pública (casa da Cultura), rúa Concello 11
Proxeccións en 
VO e 
VOS; filmes non recomendados para menores de 16 anos.
Lembrade por favor, que 
NON se permite a entrada unha vez comezada a proxección e a utilización de móbiles.
 
Así pois, do 14 de maio ao 11 de xuño, os mércores en duas cores (branco e negro) e os luns de filmoteca, a todo cor. Agardamos que gocedes connosco tanto, como o pracer que tivemos ao escoller obras tan excelsas da cinematografía actual, sede felices! e grazas pola vosa asistencia e comentarios neste blogue e nas redes sociais nas que participamos.
mércores 14 de maio do 2014
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 · 26'3 MB] VOSE
 
Título: «Frances Ha» 
Ano: 2012
País: Estados Unidos
Director: Noah Baumbach   
Guionistas: Noah Baumbach e Greta Gerwig 
Música: George Drakoulias, Britta Phillips  e Dean Wareham 
Fotografía: Sam Levy  
Reparto: Greta Gerwig, Mickey Sumner, Adam Driver, Michael Esper, Grace Gummer… 
Duración: 86 min.
Productora: Scott Rudin Productions | RT Features | Pine District Pictures 
Distribuidora: Avalon Distribución Audiovisual 
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · B/N · Ratio 2.35:1 (16:9) · Dolby dixital 
Idiomas: inglés  · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:  
Frances (
Greta Gerwig), unha moza de 27 anos, decidiu, a pesar da súa idade, cumprir o seu sono de ser bailarina nunha compañía de danza de 
New York. Vive cunha amiga e goza da vida con alegría e despreocupación, a pesar de que desexa moito máis do que ten. Unha fábula moderna sobre a xuventude, a amizade, a ambición, a lealdade e o optimismo.
Crítica:
 
"Deliciosa (…) sería mezquino resistirse ao livián encanto desta carta de amor dun cineasta á súa musa."
Antonio Weinrichter (
ABC) 
 
 
 
 
luns 19 de maio do 2014
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 · 8'3 MB] VO
 
Título: «Vikingland (Terra de vikingos)» · Vikingland 
Ano: 2011
País: España
Director: Xurxo Chirro  
Guión: Xurxo Chirro
Música: Seném Outeiro 
Fotografía: Luís Lomba 
Reparto: Luís Lomba (O Haia) e Manolo González (Bulina)  
Duración: 99 min.
Productora: Filmika Galaika 
Distribuidora: CGAI · Circuíto Cine Independente 
Exhibición: Dixital (DVD) · Cor · Ratio 1.33:1 (4:3) · Dolby dixital 
Idiomas: galego  · VO (versión orixinal)
Sipnose:
  
Transposición de «
Moby Dick» a través de imaxes recolleitas dun diario filmado dun mariño mercante galego, que traballa entre Dinamarca e Alemaña.
Crítica:
 
"Nuns mundos, os da práctica e análise da creación, nos que dúas das eivas máis graves —a submisión e a carencia de humor— se manifestan constantemente, é moi de agradecer en 
Vikingland."
José Manuel Sande (
A Cuarta Parede) 
 
 
 
mércores 21 de maio do 2014
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 · 25 MB] VOSE
 
Título: «Oh Boy»  
Ano: 2012
País: Alemaña
Director: Jan Ole Gerster 
Guión: Jan Ole Gerster 
Música: The Major Minors e Cherilyn MacNeil 
Fotografía: Philipp Kirsamer 
Reparto: Tom Schilling, Marc Hosemann, Friederike Kempter, Justus von Dohnányi, Michael Gwisdek… 
Duración: 83 min. (2ª parte) 
Productora: Schiwago Film | Chromosom Filmproduktion | Hessischer Rundfunk | ARTE 
Distribuidora: Surtsey Films 
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · B/N · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital 
Idiomas: alemán  · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:  
Niko (
Tom Schilling) é un mozo vinteañeiro que abandona a universidade e acaba vagando polas rúas de Berlín. Celebrada ópera prima, en branco e negro, que trata sobre o desexo de participar na vida e a dificultade para atopar un lugar no mundo.
Premios e mencións:
2013 · Premios do Cine Europeo: premio 
Discovery; 3 nominacións, incluído mellor filme :: Festival de Sofía: mellor filme.
2012 · 6 Premios do Cine Alemán: incluíndo mellor filme, director e guión.  
Crítica:
 
"Unha peculiar e áxil película indie alemana que entusiasmará aos fans das primeiras obras de 
Jim Jarmusch."
David Parkinson (
Empire) 
 
 
 
luns 26 de maio do 2014
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 · 20'9 MB] VOS
 
Título: «Nichnasti pa'am lagan» —Once I entered a garden— 
Ano: 2012
País: Israel
Director: Avi Mograbi 
Guión: Avi Mograbi  
Música: Noam Enbar 
Fotografía: Philippe Bellaïche 
Reparto: Ali Al Azhari, Avi Mograbi, Yasmine Al Azhari, Aysha Taybe… 
Duración: 97 min.
Productora: Dschoint Ventschr Filmproduktion AG | Les Films d'Ici | AMP 
Distribuidora: CGAI Circuíto Cine Independente | Epicentre Films | Doc & Film 
Exhibición: Dixital (DVD) · Cor 
Idiomas: arabé i hebrea · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
  
Mentres a escalada de violencia no medio Oriente recrudece a niveis insospeitados, o novo filme de 
Avi Mograbi amosa que houbo unha época, non tan afastada, na que a rexión non estaba dividida por motivos étnicos nin relixiosos e que ese diálogo entre xudeus e palestinos aínda hoxe é posible.
 
 
 
 
mércores 28 de maio do 2014
 
Velo avance do film: 
You Tube [. mp4 · 18'7 MB] VOSE
 
Título: «Much Ado About Nothing» · Mucho ruído y pocas nueces (Moito ruído e poucas noces)
Ano: 2012
País: Estados Unidos
Director: Joss Whedon  
Guión: Joss Whedon 
Música: Joss Whedon 
Fotografía: Jay Hunter 
Reparto: Amy Acker, Alexis Denisof, Nathan Fillion, Clark Gregg, Reed Diamond… 
Duración: 108 min.
Productora: Bellwether Pictures 
Distribuidora: Alfa Pictures 
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · B/N · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital 
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
  
Dous xoves, 
Beatrice e 
Benedick non creen nos poderes do amor, pero 
Hero e 
Claudio obstínanse en facerlles mudar de opinión. Desencantados e recelosos, os protagonistas convirtense en vítimas dunha maniobra que tentará unilos para sempre.
Premios e mencións:
2013 · 
National Board of Review (NBR): 
top ten de filmes independentes.
Crítica:
 
"O golpe crave de 
Whedon está simplemente en dirixir unha versión moi boa da obra. Ten bo oído para a comedia, abandona de xeito estratéxico os gags que non funcionan e ten man hábil para as bufonadas e o afán de usalas" 
Peter Bradshaw (
The Guardian)
 
 
 
 
luns 2 de xuño do 2014
 
Velo avance do film: 
You Tube [. mp4 · 21'6 MB] VO
 
Título: «Verano» (Verán)
Ano: 2013
País: Chile
Director: José Luis Torres Leiva 
Guión: José Luis Torres Leiva  
Son: Roberto Espinoza  
Fotografía: Inti Briones 
Reparto: Rosario Blefari, Francisco Ossa, Julieta Figueroa, Ignacio Agüero… 
Duración: 93 min.
Productora: La Ventura 
Distribuidora: CGAI · Circuíto Cine Independente 
Exhibición: Dixital (DVD) · Cor 
Idiomas: castelán  · VO (versión orixinal)
Sipnose:
  
Durante un caluroso día de verán, cousas pequenas ocorren aos visitantes e traballadores dun antigo balneario no sur de Chile. 
Julieta, Francisco, Isa, Rodrigo, Ignacio, Mariana, Muriel, Gabriela, Eliseo, Norma, Alejandra e 
Claudio experimentarán as longas horas de vacacións na natureza, durmindo ao sol, aprendendo a conducir, limpando a casa, bicándose por primeira vez, nadando na noite ou simplemente camiñando e falando, mentres que o día irá desvelando pequenos fragmentos de felicidade e descubrimento.
Premios e mencións:
2011 · Festival de 
La Habana: sección oficial longametraxes a concurso.
 
 
 
 
mércores 4 de xuño do 2014
 
Velo avance do film: 
You Tube [. mp4 · 6'3 MB] VOSE
 
Título: «Ida» —Sister of Mercy— 
Ano: 2013
País: Polonia
Director: Pawel Pawlikowski  
Guión: Pawel Pawlikowski e Rebecca Lenkiewicz 
Música: Kristian Selin Eidnes Andersen 
Fotografía: Lukasz Zal e Ryszard Lenczewski 
Reparto: Agata Kulesza, Agata Trzebuchowska, Joanna Kulig, Dawid Ogrodnik, Jerzy Trela… 
Duración: 80 min.
Productora: Opus Film | Phoenix Film 
Distribuidora: Caramel films | Baños films 
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · B/N · Ratio 1.37:1 · Dolby dixital 
Idiomas: polaco · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
  
Na Polonia de 
1960, unha novicia nova que está a piques de facerse monxa, descobre un escuro segredo de familia que data da terrible época da ocupación nazi.
Premios e mencións:
2013 · Festival de Toronto: premio 
FIPRESCI :: Festival de 
Gijón: mellor filme, actriz (
Agata Kulesza), guión e dirección artística :: Festival de Londres: mellor filme :: Festival de Varsovia: mellor filme.
Crítica:
 
"Cada imaxe está meticulosamente composta e medida para engarzarse nunha cadencia orgánica que remite á voz do gran cine." 
Daniel De Partearroyo (
Cinemanía)
 
 
 
 
luns 9 de xuño do 2014
 
Velo avance do film: 
You Tube [. mp4 · 11'3 MB] VOS
 
Título: «Holy Field Holy War» 
Ano: 2013
País: Polonia
Director: Lech Kowalski  
Fotografía: Lech Kowalski 
Xénero: documental 
Duración: 107 min.
Productora: Revolt Cinema 
Distribuidora: CGAI · Circuíto Cine Independente 
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital 
Idiomas: polaco · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:  
Lech Kowalski aúna na súa imprescindible carreira o prestixio internacional (premiado en Venecia por «
East of Paradise») coa actitude punk, sendo como é autor de filmes como «
D.Ou.A» ou «
Born to Lose»; algo que se deixa ver neste filme, pois 
Kowalski considera aos granxeiros o novo 
underground. De volta unha vez máis, ás súas raíces polacas e desafiando ao sistema: mirando de fronte ás aterradoras consecuencias que deixa a invasión das grandes corporacións no campo polaco, empozoñando a auga e a vida das súas xentes.
 
 
 
 
mércores 11 de xuño do 2014
 
Velo avance do film: 
You Tube [. mp4 · 11'5 MB] VOSE
 
Título: «Nebraska» 
Ano: 2013
País: Estados Unidos
Director: Alexander Payne  
Guión: Bob Nelson 
Música: Mark Orton 
Fotografía: Phedon Papamichael 
Reparto: Bruce Dern, Will Forte, Stacy Keach, Bob Odenkirk, June Squibb… 
Duración: 115 min.
Productora: Bonafide Films 
Distribuidora: Vértigo Films | Baños Films 
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · B/N · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital 
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
  
A 
Woody Grant, un ancián con síntomas de demencia, comunícanlle por correo que gañou un premio. Cre que se fixo rico e obriga ao seu receloso fillo 
David a emprender unha viaxe para ir cobralo. Aos poucos, a relación entre ambos, rota durante anos polo alcoholismo de 
Woody, tomará un cariz distinto para sorpresa da nai e do triunfador irmán de 
David.
Premios e mencións:
2013 · Premios Oscar
™: 6 nominacións, incluíndo mellor filme e director :: Globos de Oro: 5 nominacións, incluíndo mellor filme e director :: Festival de Cannes: mellor actor (
Bruce Dern) :: Premios 
BAFTA: 3 nominacións, incluíndo mellor actor (
Bruce Dern) :: 
Critics Choice: 6 nominacións, incluíndo mellor filme :: 
National Board of Review (NBR): 
top ten mellor actor principal e secundario.
Crítica:
 
"Gran parte de «Nebraska» é prosa ordinaria, pero os seus mellores partes son poesía cómica narrada sinxelamente." 
Michael Phillips (
Chicago Tribune)
 
 
 
 
 

 
Engadir a programación no teu 
calendario [.ics · 16 kB]
Lembrade que, temos propostas e liñas abertas á vosa colaboración e participación:
- Animádevos a presentar algún dos filmes programados (lígase despois, bbfff… unha barbaridade…, hai unha chea de recoñecemento social, fanche descontos, entras de balde á sesión, invitamos a unha caña… etc.)
- Queremos por en marcha o Ambigú do cineclube na biblioteca (un espazo de reflexión e debate sobre os filmes programados ou ben, os que hai no depósito na biblioteca)
- Tes ao seguir estas liñas, todo  o espazo do mundo, para comentar, suxerir ou espallar polas redes sociais, aquelo que consideres xusto e necesario. O apreciamos con sinceridade e propósito de enmenda.
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas…
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».