Proxéctase durante o meses de setembro—outubro de 2014 na Casa de Cultura, salón de actos da biblioteca nodal de Ourense (rúa Concello 11) nos seguintes días:
o luns 22 de setembro, unha única sesión ás 20:30 h. e proxección de balde para os socios e socias. ¹
os Mércores: ás 18, 20:30 e 23 h.
Cota xeral de socios de 4 € …
luns 22 de setembro do 2014
 
Ver avance vídeo: 
You Tube [.
 mp4 • 25'1 
Mb] 
VO
 
Título: «Metropolis» · Metrópolis
 
(Metrópole) 
Ano: 1927 
País: Alemaña 
Director: Fritz Lang 
Guión: Thea von Harbou 
Música: Bernd Schultheis e Gottfried Huppertz 
Fotografía: Karl Freund e Günther Rittau 
Reparto: Gustav Fröhlich, Brigitte Helm, Alfred Abel, Rudolf Klein-Rogge, Fritz Rasp… 
Duración: 153 min.
Produtora: Universum Film AG (UFA)
Distribuidora: Kino International Corporation
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital
Idiomas: inglés VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
 
No futuro (ano 2000), na megápoles de Metrópole a sociedade divídese en dúas clases, os ricos que teñen o poder e os medios de produción, rodeados de luxos, espazos amplos e xardíns, e os obreiros, condeados a vivir en condicións dramáticas recluídos no soto dun gueto, onde se atopa o corazón industrial da cidade. Un día 
Freder (
Alfred Abel), o fillo do todoperoso 
Joh Fredersen (
Gustav Fröhlich), o home que controla a cidade, descobre as duras condicións laborais dos obreiros tras namorarse de María (
Brigitte Helm), unha rapariga de orixe humilde, venerada polas clases baixas e que predica os bos sentimentos e o amor. O fillo entón advirte ao seu pai que os traballadores podrían rebelarse.
Premios e mencións: 
2002 · Círculo de Críticos de 
New York: premio especial (pola súa restauración)
Crítica: 
"Obra mestra do cinema e filme capital do expresionismo alemán; trátase dunha visión apocalíptica da sociedade do futuro. No seu día foi unha grande superprodución da potente produtora alemá 
UFA, pero foi un fracaso na billetería."
 (
Film Affinity)
Folla de sala: 
Metropolis [.pdf • 234 kB]
 
 
 
mércores 24 de setembro do 2014
 
Ver avance vídeo: 
You Tube [.
 mp4 • 19'8 
Mb] 
VO
 
Título: «Blade Runner» The Final Cut
Ano: 1982   A montaxe final asinado polo director no 2007 
País: Estados Unidos 
Director: Ridley Scott 
Guión: David Webb Peoples e Hampton Fancher 
Música: Vangelis 
Fotografía: Jordan Cronenweth
Reparto: Harrison Ford, Rutger Hauer, Sean Young, Daryl Hannah, Edward James Olmos… 
Duración: 117 min.
Produtora: Shaw Brothers, The Ladd Company, Run Run Shaw 
Distribuidora: Warner Bros Pictures 
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 2.35:1 · HD-DTS 
Idioma: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
 
A principios do século 
XXI, a poderosa 
Tyrell Corporation creou, grazas aos avances da enxeñería xenética, un robot chamado Nexus 6, un ser virtualmente idéntico ao home pero superior a él en forza e axilidade, ao que se deu o nome de 
Replicante. Estos robots traballaban como esclavos nas colonias exteriores da Terra. Despois da sanguinolenta rebelión dunha equipa de Nexus-6, os 
Replicantes foron desterrados da Terra. Brigadas especiais de policía chamados 
Blade Runners, tiñan ordes de matar a todos os que non houbesen acatado a condena, non era unha execución; o chamaban 
retiro.
Premios e mencións: 
1982 · 2 nominacións aos Oscar
®: mellor dirección artística e efectos visuais :: Nominada ao Globo de Ouro: mellor banda sonora orixinal :: Asociación de Críticos de Os Ánxeles: mellor fotografía.
1983 · 8 nominacións aos 
BAFTA: acadou 3 premios; fotografía, vestiario, dirección artística.
Críticas:
 
"Lembro a hipnótica e tenebrosa «
Blade Runner» por a súa atafegante atmosfera, por o seu lírico sentido da traxedia, pola súa nunca gratuíta violencia, por 
Harrison Ford, hastiado e antigo cazador de 
replicantes (…) por o seu romántico discurso que 
larga¹ o agónico 
Rutger Hauer…."
Carlos Boyero (
El Mundo)
¹ Vídeo: You Tube [. mp4 • 41'9 Mb] VOSE  
 
 
 
mércores 1 de outubro do 2014
 
 
Ver avance vídeo: 
You Tube [.
 mp4 • 24'6 
Mb] 
VOSE
 
Título: «Her» 
Ano: 2013 
País: Estados Unidos 
Director: Spike Jonze 
Guión: Spike Jonze 
Música: Arcade Fire e Owen Pallett 
Fotografía: Hoyte Van Hoytema 
Reparto: Joaquin Phoenix, Scarlett Johansson, Amy Adams, Rooney Mara, Olivia Wilde… 
Duración: 126 min.
Produtora: Annapurna Pictures 
Distribuidora: Vértigo Films España 
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 2.35:1 · HD-DTS 
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
 
Nun vindeiro futuro, 
Theodore, un home solitario a piques de divorciarse, que traballa nunha empresa como escritor de cartas para terceiras persoas, merca un día un novo sistema operativo baseado en intelixencia artificial, deseñado para satisfacer todas as necesidades do usuario. Para a súa sorpresa, crea unha relación romántica entre el e 
Samantha, a voz feminina dese sistema operativo.
Premios e mencións:
2013 · Oscar
®: 5 nominacións (incluíndo o de mellor filme), acadou o premio de mellor guión orixinal :: Globos de Ouro: 3 nominacións, acadou o premio de mellor guión :: 
NBR: mellor filme e director :: 
Critics Choice: 6 nominacións, acadou o premio do mellor guión orixinal ::  
WGA: mellor guión orixinal ::  
LAFCA: 5 nominacións, acadou o premio de deseño de producción e compartíu o de mellor filme :: 
AFI: 
Top 10 mellores filmes do ano :: 
Satellite Awards: 2 nominacións, incluíndo mellor guión orixinal.
2014 · Festival de Rotterdam: filme de inauguración.
Crítica:
 
"Si este filme ten de verdade corazón, é grazas á interpretación de 
Joaquin Phoenix. Acadou o difícil reto de meterse en 
Theodore (…) A pesares da súa enorme interpretación, 
Phoenix non optou aos Oscar
® porén para 
Jonze o actor vai demasiado por libre e iso inflúe…"
Alberto Quintanilla (
elDiario.es)
 
 
 
mércores 8 de outubro do 2014
 
 
Ver avance vídeo: 
You Tube [.
 mp4 • 23'8 
Mb] 
VOSE
 
Título: «Snowpiercer» · Rompenieves
 
(Rompeneves) 
Ano: 2013 
País: Corea do Sur 
Director: Bong Joon-ho 
Guión: Bong Joon-ho e Kelly Masterson 
Música: Marco Beltrami 
Fotografía: Kyung-Pyo Hong 
Reparto: Chris Evans, Song Kang-ho, Tilda Swinton, Jamie Bell, Octavia Spencer… 
Duración: 126 min.
Produtora: Moho Films | Opus Pictures 
Distribuidora: Good Films 
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 1.85:1 · HD-DTS 
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
 
Un errado experimento para solucionar o problema do quecemento global case acabou destruíndo a vida sobre a Terra. Os únicos sobreviventes foron os pasaxeiros do «
Snowpiercer», un tren que percorre o mundo impulsado por un motor de movemento eterno. Adaptación da novela gráfica «
Lle Trasperceneige», escrita por 
Jean-Marc Rochette e 
Jacques Loeb.
Premios e mencións:
2013 · 
Asia-Pacific Film Festival (
APFF): 5 nominacións (incluíndo o de mellor filme), acadou o premio de dirección artística.
2014 · 
Asian Film Awards: 5 nominacións (incluíndo o de mellor filme).
Crítica:
 
"Un filme duro de asimilar, pero tremendamente brillante e que non deixa a ninguén indiferente, sexas da clase social que sexas."
Eduardo Serradilla · 
Film Kino - Canarias Ahora (elDiario.es)
 
 
 
¹
Aquelas proxeccións con aviso de gratuídade para socios e socias, non exime de solicitarlle aos non asociados/as, que liquiden os oportunos custes proporcionais de mantenemento, e da actividade xeral do cineclube, xunto co 
IVE actual do 21
%.
 
Nesta tempada, estímase en 1 
€ para as actividades de balde; un recargo ao prezo do socio nas sesión normais de 50 céntimos para as sesións de filmoteca (2 + 0,50) e 1 euro para as sesións do ciclo (4 + 1).
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas…
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».