A programación deste abril ven cargada de simbolismos, indefinidos e embriagados (despois de recuperar felizmente o convenio co Centro Galego de Artes da Imaxe «CGAI») deste xeito, vos presentamos nos «luns de filmoteca», filmes relacionados coa bela arte de pintar;  Para o resto deste mes, establecendo certa analoxía ca pintura de Botticelli «A primavera» e as regras musicais, vos propoñemos unha inxente harmonía de estilos musicais dispares, un concerto co espírito da natureza, con abundancia de elementos, persoaxes e posturas a retratar.
Existe unha convicción xeral sobre a música, sobre o seu poder para aliviar as melancolías dos deprimidos e deter a furia dos violentos. A piques de estrear esta primavera, que ben puidera vir recortarda (neste caso, non polo goberno, senon polas influenzas estacionais e caprichosas do tempo), tentaremos reconducir a mobilización hormonal que nos asexa, ao ritmo duns sons e imaxes incandescentes, un bulebule entre o noso espazo habitual da Biblioteca Pública, e outros espazos (recoñecidos pola súa programación musical) como son, o Café Pop Torgal, Café cultural «El Pueblo» e no Café cultural Auriense (aos cales agradecésmoslle a súa colaboración).
Poderás ollar nestes locais, os avances dun fin de festa espectacular!, que programamos na última semana de abril (na Biblioteca pública, proxeccións todos os día da semana). Atentos pois, porque algún destes filmes inesquecíbeis, só podéranse ver nun único pase.
Aventura o teu corazón a ritmos efervescentes, libera as túas endorfinas co sentido de humor dalgún dos filmes, e que florezan as túas emocións con inéditas imaxes, para dar a benvida a esta «Primavera de música» como se merece e combater -si así fora- o sentimento de impotencia.
 Cartaz da programación de abril 2015, deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
Cartaz da programación de abril 2015, deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
Este programación está libre de hipersensibilidades, mais se tes algunha dúbida, consulta co… farnacéutico; porén, tamén podes seguir as túas propias intuicións, xa deberías saber que, o cineclube, poucas veces defrauda, non si?
Coma sempre no canle de «You Tube», tedes o avance visual [.mp4 • 7'2 MB] deste ciclo e de seguido, os filmes que o compoñen. Agradecemos moitísimo a vosa participación e comentarios. 
 
luns 6 de abril do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 30'1 MB] VOS
 
Título: «Adieu au langage» · Adiós al lenguaje
(Adeus ao Linguaxe) 
Ano: 2014
País: Suiza
Director: Jean-Luc Godard  
Guión: Jean-Luc Godard 
Música: Phill Zagajewski 
Fotografía: Fabrice Aragno 
Reparto: Héloise Godet, Zoe Bruneau, Kamel Abdelli, Richard Chevalier…  
Duración: 70 min.
Producción: Wild Bunch 
Distribuidora: CGAI | Vértigo 
Exhibición: Dixital (BD) · Cor  · Ratio 1.78:1  
Idioma: francés e inglés  · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:
  
Malia a fragmentación do relato, pódese entrever a relación entre unha muller casada e un home solteiro que se aman e peléxanse. Mentres, un can vaga entre o campo e a cidade.
Premios e mencións:
2014 · Festival de 
Cannes: premio do xurado.
Crítica:
 
"O mundo cotián preséntasenos vivo e estraño, mostrado ao través dunha serie de bocetos e composicións dun artista cun ollo excéntrico e infalible…" 
A.O. Scott (
The New York Times)
 
 
 
 
mércores 8 de abril do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 22 MB] VOS
 
Título: «20,000 Days on Earth» · 20.000 días en la tierra 
(20.000 Días na Terra)  
Ano: 2014
País: Reino Unido
Director: Iain Forsyth e Jane Pollard  
Guión: Iain Forsyth e Jane Pollard 
Música: Nick Cave  e 
Warren Ellis
Fotografía: Erik Wilson 
Reparto: Nick Cave, Susie Cave, Warren Ellis, Darian Leader, Kylie Minogue… 
Duración: 95 min.
Produtora: BFI | Film4 | Pulse Films 
Distribuidora: Avalon 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby Dixital   
Idioma: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulada en castelán)
Sipnose:
  
Drama e realidade combínanse en 24 horas ficticias na vida do músico e icona cultural internacional 
Nick Cave. Con ideas sorprendentes e un íntimo retrato do proceso artístico, o filme examina o que nos fai ser, o que somos e celebra o poder transformador do espírito creativo.
Premios e mencións:
2014 · 
Sundance: mellor dirección e montaxe :: Festival Internacional de 
Istanbul, Turquía: premio 
FIPRESCI :: San Sebastián: sección Perlas :: 
In-Edit: filme de clasura.
Crítica:
 
"É tan distinta que nin debería considerarse un documental. (…) Cautivadora visita ao interior dun músico que medita sobre a súa vida e o sentido da súa obra…"
Nando Salvá (
Cinemanía) 
 
 
 
 
luns 13 de abril do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 10'9 MB] VOS
 
   
Título: «Shirley: Visions of Reality» · Shirley: Visiones de una realidad 
(Shirley: Visións dunha realidade)  
Ano: 2013
País: Austria
Director: Gustav Deutsch  
Guión: Gustav Deutsch 
Música: Christian Fennesz 
Fotografía: Jerzy Palacz 
Reparto: Stephanie Cumming, Christoph Bach, Florentín Groll, Elfriede Irrall… 
Duración: 92 min.
Produtora: KGP Kranzelbinder Gabriele Production 
Distribuidora: CGAI | Karma Films 
Exhibición: Dixital (BD) · Cor  · Ratio 1.85:1  
Idioma: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulado ao castelán)
Sipnose:
  
Trece pinturas de 
Edward Hopper cobran vida para contarnos a historia dunha muller que vive unha realidade que non acepta. 
Shirley é unha muller atractiva, carismática, comprometida e emancipada que querería cambiar o curso da historia, unha muller que non acepta a realidade da época que lle tocou vivir: América entre os anos 30 e os 60.
Premios e mencións:
2014 · 
Viennale, Austria: gañadora á mellor fotografía, mellor vestiario e mellor dirección artística.
2013 ·  Festival de 
Berlin: Forum.
Crítica:
 
"Unha impresionante recreación cinematográfica das imaxes e estados de ánimo de 
Hopper, que pon dun xeito máis polémico a obra do realista americano nun contexto social, político e cultural…" 
Deborah Young (
The Hollywood Reporter)
 
 
 
 
martes 14 de abril do 2015
 
 
Título: «The Clash: Westway to the World» 
Ano: 2000
País: Reino Unido
Director: Don Letts  
Música: The Clash  
Fotografías: Pennie Smith, Kate Simon, Caroline Coon, Shiela Rock, Julian Yewdall, Paul Slattery, Bob Gruen e Adrian Boot 
Reparto: Joe Strummer, Mick Jones, Paul Simonon, Terry Chimes, Topper Headon… 
Duración: 79 min.
Produtora: Sony Music | Dorisimo LTD | Uptown Films 
Distribuidora: 3DD Entertainment 
Exhibición: Dixital DVD  · Cor e B/N · Ratio 1.78:1 · Mono e Remasterizado a Dolby dixital  
Idioma: inglés  · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:
  
«
The Clash: Westway to the World» amosa ao lexendario grupo de 
punk-rock, «
The Clash», nunha serie de reveladoras entrevistas reveladoras (moitas exclusivas) mesturando imaxes inéditas ao vivo.
Premios e mencións:
2003 · 
Grammy®: premio ao mellor vídeo de longo formato.
Crítica:
 
"
The Clash sempre tiñan asumido riscos. Grazas a elo, a súa aportación ao 
rock & roll non foi tanto a de mudar o seu rumbo, senón a de renovar constantemente a promesa que sempre estivo presente na súa música: a dunha anomalía que falaba sobre a liberación, que poñía voz a aquelos a quenes lles es negada… " 
Mikal Gilmore (
Rolling Stone)
 
 
 
 
mércores 15 de abril do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 17 MB] VOS
 
Título: «God Help the Girl»  
 
Ano: 2014
País: Reino Unido
Director: Stuart Murdoch   
Guión: Stuart Murdoch 
Fotografía: Giles Nuttgens 
Reparto: Emily Browning, Olly Alexander, Hannah Murray, Cora Bissett … 
Duración: 111 min.
Produtora: Barry Mendel Productions | British Film Company | HanWay Films | Amplify 
Distribuidora: Avalon 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital 
Idioma: inglés  · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:  
Eve, unha moza de 
Glasgow internada nun hospital, escribe cancións para superar os problemas emocionais que a levaron até alí. Un día coñece a 
James e a 
Cassie, dous músicos que, do mesmo xeito que ela, atópanse en plena encrucillada vital. Musical escrito e dirixido por 
Stuart Murdoch, o vocalista do grupo «
Belle and Sebastian».
Premios e mencións:
2014 · 
Sundance: premio especial do xurado :: Festival de 
Berlin: 
Generation 14Plus :: 
SXSW (Austin, Texas): 
Beats Per Second.
Crítica:
 
"O filme afírmase como fantasía musical fora de tempo (entre ecos do 
Free Cinema, a 
Nouvelle Vague e o indie)…"
Jordi Costa (
Fotogramas)  
 
 
 
 
 
venres 17 de abril do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 7'3 MB] VO
 
Título: «I Am Trying to Break Your Heart» 
Ano: 2002
País: Estados Unidos
Director: Sam Jones  
Guión: Sam Jones 
Música: Wilco  
Fotografía: Matthew Clark 
Reparto: Jeff Tweedy, John Stirratt, Leroy Bach, Glenn Kotche, Jay Bennett… 
Duración: 92 min.
Produtora: Bona Fide Productions | Cowboy Pictures | Experience Music Project 
Distribuidora: Inedit producciones 
Exhibición: Dixital BD · Cor e B/N · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital  
Idioma: inglés  · VOSG (versión orixinal subtítulada ao galego)
Sipnose:
  
Documental que amosa o proceso de gravación de «
Yankee Hotel Foxtrot», o cuarto disco da banda de Chicago «
Wilco». Un disco que foi rexeitado pola casa discográfica 
Warner debido a que crían que non tiña atractivo comercial. Curiosamente, o disco acabou sendo editado por «
Nonesuch Records», unha subsidiaria de 
AOL Time Warner, e acabou sendo todo un éxito de crítica e público. Tamén reflicte algunhos conflitos internos da banda, entre eles o abandono de 
Jay Bennett da banda en plena gravación.
Premios e mencións:
2004 · Festival 
Beefeater In-Edit: sección oficial 
 
 
 
 
 
luns 20 de abril do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 22'5 MB] VOS
 
   
Título: «National Gallery» ·  
  
Ano: 2014 
País: Estados Unidos
Director: Frederick Wiseman  
Guión: Frederick Wiseman 
Fotografía: John Davey 
Xénero: Documental 
Duración: 180 min.
Produtora: Gallery Film LLC | Idéale Audience | Canal+ | Le Fresnoy 
Distribuidora: CGAI | Surtsey 
Exhibición: Dixital (BD) · Cor  · Ratio 1.85:1  
Idioma: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulado ao castelán)
Sipnose:
  
A «
National Gallery» de Londres, un dos maiores museos do mundo, alberga 2.400 pinturas que abarcan desde o século 
XIII até fins do 
XIX. Case todas as experiencias humanas atópanse representadas nesas pinturas. En distintas galerías, amosanse ao público os programas educativos e aos estudantes, científicos e restauradores estudando, restaurando e organizando as exposicións da pinacoteca londinense. Tamén analízanse as relacións, entre a pintura e a literatura.
Premios e mencións:
2014 · 
Cannes, Francia: 
Quinzaine des Réalisateurs :: 
New York Film Festival: selección oficial :: 
TIFF: selección oficial.
Crítica:
 
"A combinación perfecta das belas artes co cinema, sempre con ollo crítico, interesado, gozando mentres recoñece cada obra e sentindo a necesidade de ver máis aló do que se amosa…" 
Andrea Fuentes (
www.criticasen8mm.com)
 
 
 
 
martes 21 de abril do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 17'3 MB] VO
 
   
Título: «The Rolling Stones: Sweet Summer Sun from Hyde Park» 
Ano: 2013
País: Reino Unido
Director: Paul Dugdale  
Música: The Rolling Stones  
Fotografía: Brett Turnbull 
Reparto: Mick Jagger, Keith Richards, Charlie Watts, Ronnie Wood, Mick Taylor… 
Duración: 118 min.
Produtora: ERP | JA Digital | Jim Parsons 
Distribuidora: Eagle 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.78:1 · Dolby dixital HD-DTS 
Idioma: inglés  · VO (versión orixinal)
Sipnose:
  
Rexistra a serie de concertos que os «
Rolling Stones» realizaron en 
xullo do 2013 no «
Hyde Park» de Londres, con gallo da celebración dos seus 50 anos da súa carreira artística.
Crítica:
 
"A versión do 
2013 é soberbia, con 
Jagger percorrendo a escea como si tiviese 20 en lugar de 70, e 
Wood lucíndose cada vez máis na primeira guitarra e 
slide. Un dos grandes momentos, é o regreso de 
Mick Taylor (…) para una extensa «
Gimme Shelter», co 
blues de 
Mick na armónica… " 
Claudio Kleiman (
Rolling Stone)
 
 
 
 
mércores 22 de abril do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 23'3 MB] VOS
 
Título: «Sunshine on Leith» · Amanece en Edimburgo 
(Amence en Edimburgo) 
Ano: 2012
País: Reino Unido
Director: Dexter Fletcher  
Guión: Stephen Greenhorn 
Música: Paul Englishby 
Fotografía: George Richmond 
Reparto: Peter Mullan, Antonia Thomas, Jason Flemyng, Freya Mavor, George MacKay… 
Duración: 100 min.
Produtora: Black Camel Pictures | DNA Films 
Distribuidora: Filmax 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital 
Idiomas: inglés  · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:
  
Dous bos amigos, 
Davy e 
Ally,voltan ás súas vidas en Edimburgo, tras cumprir o servizo na guerra de Afganistán. Ambos continúan as súas relacións de parella: 
Ally con 
Liz (
Freya Mavor) e 
Davy con 
Yvonne (
Antonia Thomas). Namentres tanto, os pais de 
Davy, 
Rab e 
Jean están ocupados planeando as súas vodas de prata. Todo vai ben até que unha revelación do pasado de 
Rab ameaza con destruír á familia e separar ás tres parellas.
Premios e mencións:
2014 · 
BAFTA: 4 nominacións :: 
Empire Awards (Londres, Reino Unido): 3 nominacións :: 
London Critics Circle Film Awards: xove artista do ano (
George MacKay).
Crítica:
 
"Carta de amor á preciosa Edimburgo por medio das cancións de «
The Proclaimers», o filme apela a paixóns tan básicas como o amor, a guerra, a familia e até o 
pub… " 
Javier Ocaña (
El País) 
 
 
 
 
venres 24 de abril do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 30'7 MB] VOS
 
Título: «Shut Up and Play the Hits» 
Ano: 2012
País: Estados Unidos
Director: Dylan Southern e Will Lovelace  
Música: LCD Soundsystem  
Fotografía: Reed Morano 
Reparto: James Murphy, Nancy Whang, Pat Mahoney, Al Doyle, Tyler Pope… 
Duración: 108 min.
Produtora: Pulse Films | Killer Films 
Distribuidora: Pulse Films 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS 
Idioma: inglés  · VOSG (versión orixinal subtítulada ao galego)
Sipnose:
  
O 
2 de abril de 2011, «
LCD Soundsystem» deu o seu último concerto no «
Madison Square Garden». No cumio da súa popularidade, unha das máis recoñecidas e influentes bandas da súa xeración decidiu realizar o maior concerto da súa carreira, para despois terminar coa agrupación. Isto foi, en palabra de «
The Guardian», «
un réquiem para o hipster». Esta decisión foi tomada polo líder da banda, 
James Murphy.
«
LCD Soundsystem: Shut Up and Play the Hits» é un concerto narrativo, un documento sobre un momento musical, ao xeito de «
The Last Waltz» e «
Stop Making Sense», e amosanós a 
James Murphy ao día seguinte, enfrontando as secuelas desta decisión.
Premios e mencións:
2012 · CPH:DOX, 
København (Dinamarca): 2 nominacións :: 
Karlovy Vary Film Festival (Bohemia, Chequia): sección oficial :: 
In-Edit Beefeater: sección oficial. 
Crítica:
 
"…Combina con pulso firme os momentos musicais daquel concerto irrepetible cos consecuentes 
porqués que levaron a 
James Murphy a disolver unha das mellores bandas da última década no seu momento de maior soleira creativa… " 
Sergio Del Amo (
PlayGround) 
 
 
 
 
 
luns 27 de abril do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 10'4 MB] VO
 
   
Título: «Paul Cézanne» · Soy Cézanne 
(Cézanne)  
Ano: 1989 
País: Francia
Director: Danièle Huillet e Jean-Marie Straub  
Guión: Danièle Huillet e Jean-Marie Straub 
Fotografía: Henri Alekan 
Xénero: Documental 
Duración: 48 min.
Produtora: Le Musée d'Orsay | La Sept | Diagonale | Straub-Huillet 
Distribuidora: CGAI 
Exhibición: Dixital (BD) · Cor e B/N · Ratio 1.37:1  · Mono  
Idioma: francés e alemán · VOSE (versión orixinal subtítulado ao castelán)
Sipnose:
  
Unha montaxe que inclúe pinturas do artista, material rodado ao pé do 
Mont Sainte-Victoire e escenas dos filmes «
Madame Bovary» de 
Jean Renoir e «
The Death of Empedocles» de 
Straub. O filme é unha homenaxe á luz, á cor, a pintura, a natureza, ao cinema e ao terrible e glorioso mundo da realidade.
 
Título: «Une visite au Louvre» · Una visita al louvre 
(Unha visita ao Louvre)  
Ano: 2003 
País: Francia
Director: Danièle Huillet e Jean-Marie Straub  
Guión: Danièle Huillet e Jean-Marie Straub 
Fotografía: Renato Berta e William Lubtchansky 
Xénero: Documental 
Duración: 44 min.
Produtora: Straub-Huillet | Atopic | CNC | Le Fresnoy | Fondation de France | Ministère de la Culture | Strandfilm | ZDF | RAI 
Distribuidora: CGAI 
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 1.37:1  · Mono  
Idioma: francés · VOSE (versión orixinal subtítulado ao castelán)
Sipnose:
  
Este filme de 
Huillet e 
Straub é o compañeiro de «
Cézanne», que realizasen 14 anos antes. O título do filme fai referencia a 
Dominique Païni, programador do 
Louvre un quindenio atrás. Como en «
Cézanne», o filme baséase no libro de 
Joachim Gasquet adicado ao pintor, especialmente o capítulo titulado «
Lle Louvre», que conta as visitas de 
Cézanne ao «
Louvre», acompañado polo mozo 
Gasquet.
 
 
 
martes 28 de abril do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 11'3 MB] VO
 
Título: «Pulp — The Beat Is the Law: Fanfare for the Common People» · Pulp: The Beat Is the Law 
Ano: 2011
País: Reino Unido
Director: Eve Wood  
Guión: Richard H. Wood 
Música: Pulp  
Reparto: Jarvis Cocker, Nick Banks, Candida Doyle, Richard Hawley, Russell Senior… 
Duración: 91 min.
Produtora: Sheffield Vision 
Distribuidora: Inedit producciones 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.77:1 · Dolby dixital  
Idioma: inglés  · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:
  
Festival de 
Glastonbury en 
1995; Os «
Stone Roses» caen do cartel e 
Rod Stewart non está dispoñible. Substitución de último minuto, 
Pulp toma o escenario para facer fronte a 80.000 persoas. Ofrecen un concerto considerado, como un dos mellores da historia do festival, culminando coa tema dese momento… «
Common People», 
[.mp4 · 38'6 MB]  e catapultanse á vangarda do movemento «
Britpop», un logro que 10 anos atrás parecía un soño imposible.
Eles son o punto de partida e eixo deste documental pero, máis aló de 
Pulp, «
The Beat Is the Law» é, en realidade un documental sobre unha época nun lugar determinado: 
Sheffield (
Yorkshire, Inglaterra). Unha cidade que, durante un tempo, foi un auténtico motor musical consecuencia dunha época, unha economía e un xeito de facer política moi concretos, tristemente semellante aos nosos días. Polo menos eles tiveron un ciclo musical fantástico.
Premios e mencións:
2012 · Festival 
In-Edit: sección oficial 
Crítica:
 
"Excelente (…) convicente… " 
David Buckley (
Mojo)
 
 
 
 
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 38'2 MB] VO
 
Título: «Venid a las cloacas: La historia de la Banda Trapera del Río» · (Vide ás cloacas: A Historia da Banda Trapeira do Río)
Ano: 2010
País: España
Director: Daniel Arasanz  
Guión: Daniel Arasanz e Jaime Gonzalo. 
Música: La Banda Trapera del Río  
Fotografía: Albert Salas, Jordi Clusella e Jordi Clusella 
Reparto: Carlos Carrero, Morfi Grei, Diego A. Manrique, Carles Navales… 
Duración: 90 min.
Produtora: Magoproduction 
Distribuidora: Inedit producciones 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital HD-DTS 
Idioma: castelán e catalán  · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:
  
Unha homenaxe celebrada en Madrid abre a porta á «
Banda Trapera del Río», un dos grupos máis salvaxes do rock español. Estos supervivintes da transición en 
Cornellà narran a súa turbulenta historia e cavilan sobre o que podría ter sido e o quedou de todo aquelo.
Premios e mencións:
2010 · 
In-Edit Beefeater: premios ao mellor documental e do público.
Crítica:
 
"Ofrece un retrato veraz, en ocasións divertido, outras absurdo e a intres patético e doloroso, dun dos mellores grupos de Rock que deu España e o mellor, sen dúbida, que deu unha Cataluña que sigue a criar pombas, rendida aos pes de calquera mediocridade inchada desde os despachos oficiais mentras ignora aos creadores de «
Ciutat podrida». Será que a nadie lle gusta que lle lembren que as cloacas existen, ainda que algunhas non corran baixo a terra e as súas ratas carguen o 
Moët Chandon a nosa conta… " 
Normelvis Bates (
filmaffinity.com/es)
 
 
 
 
mércores 29 de abril do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 19'9 MB] VO
 
 
 
xoves 30 de abril do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 22'9 MB] VO
 
Título: «American Interior» 
Ano: 2014
País: Reino Unido
Director: Dylan Goch e Gruff Rhys  
Guión: Gruff Rhys 
Música: Gruff Rhys  
Fotografía: Ryan Owen Eddleston 
Reparto: Gruff Rhys, Keith Bear, Edwin Benson, Gareth Miles… 
Duración: 88 min.
Produtora: Ie Ie Productions 
Distribuidora: Inedit producciones 
Exhibición: Dixital BD · B/N · Ratio 1.78:1 · Dolby dixital  
Idioma: inglés  · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:  
Gruff Rhys (
Super Furry Animals) busca a 
John Evans, un devanceiro seu que abandonou Gales en 
1972 para procurar unha tribo de indios que falaban galés. 
Rhys refai a súa aventura ao longo e ancho do interior americano por medio da mofa, a fantasía, «
Power Points e 
pop.
Premios e mencións:
2014 · 
IFFLA, 
Los Angeles (California, Estados Unidos): sección oficial :: Festival 
In-Edit: mellor filme internacional :: 
«HotDocs» Canadian International Documentary Festival, Toronto (Canadá): sección oficial :: CPH:DOX, 
København (Dinamarca): sección oficial :: 
SXSW (Austin, Texas): 
Beats Per Second 
Crítica:
 
"Si, é un traballo divertido e ás veces irreverente… " 
David Jenkins (
Little White Lies)
 
 
 
 
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 21'5 MB] VO
 
Título: «Petey & Ginger » 
Ano: 2012
País: Noruega
Director: Ada Bligaard Søby  
Guión: Ada Bligaard Søby 
Música: The Oh Sees  
Fotografía: Adam Nilsson 
Reparto: Petey Dammitt, Ginger Partington 
Duración: 58 min.
Produtora: Beofilm | Silverosa Film 
Distribuidora: Inedit producciones 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital  
Idioma: noruego  · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:  
Petey (traballa nun 
sex-shop, toca no grupo de garaxe «
The Oh Sees») e 
Ginger (ex-moza de compañía, bota o tarot), son pobres como ratas nun país arruinado. Un belo canto á condición humana en pleno apocalipse 
post-crash. Esta é unha historia de redención e supervivencia vista a través dos seus protagonistas. Ámbolos dous viven nunha Gomorra moderna, arrodeados de tristeza, locura, violencia e perdición. Porén hai esperanza no pesadelo americano. Ainda así, nunha sociedade dividida entre millonarios e servos, nun país en bancarrota cheo de xente sóa e desesperada, arranxan para manter a esperanza, verlle o lado bo á vida, conservar os seus soños e querer aos seus amigos. E todo elo seguindo o seu propio camiño.
Premios e mencións:
2012 · CPH:DOX, 
København (Dinamarca): nominación directora :: 
Beefeater In-Edit Film Festival: selección oficial.
Crítica:
 
"O seu maior defecto é a súa curta duración. Moi ben escollidos aos dous protagonistas: ambos levan vidas curiosas… Honesta, divertida, che deixa gañas de facerte amiga dos protagonistas. Fantástica banda sonora…" 
Gorkapv | yavalabala (
filmin.es)
 
 
 
 
 
luns 4 de maio do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 17'8 MB] VOS
 
Título: «Mr. Turner » 
Ano: 2014
País: Reino Unido
Director: Mike Leigh  
Guión: Mike Leigh 
Música: Gary Yershon  
Fotografía: Dick Pope 
Reparto: Timothy Spall, Dorothy Atkinson, Marion Bailey, Paul Jesson… 
Duración: 149 min.
Produtora: Focus Features International | Film4 | Thin Man Films | Xofa Productions 
Distribuidora: Wanda Vision 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS 
Idioma: inglés  · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:
  
Biografía sobre o pintor británico 
Joseph Mallord William Turner, artista recoñecido, ilustre membro da «
Royal Academy of Arts», vive co seu pai e a súa leal ama de chaves. É amigo de aristócratas, visita bordeis e viaxa frecuentemente na procura de inspiración. A pesares da súa fama, tamén é vítima das burlas do público e do sarcasmo da sociedade. Profundamente afectado pola morte do seu pai, decide aillarse. A súa vida muda cando coñece á señora 
Booth, propietaria dunha pensión familiar ás beiras do mar.
Premios e mencións:
2014 · Premios 
Oscar™:: 4 nominacións incluindo mellor fotografía :: Festival de 
Cannes: mejor actor (
Timothy Spall) :: Premios 
BAFTA: 4 nominacións incluíndo mellor fotografía :: Festival de Sevilla: mellor director, mellor actor :: 
NBR: mellores filmes independentes do ano :: Círculo de Críticos de 
New York, Premios do Cinema Europeo: mellor actor :: 
Satellite Awards: mellor fotografía :: 
Critics Choice Awards: 2 nominacións incluíndo mellor fotografía.
Crítica:
 
"…Realizáronse moitos filmes sobre pintores, esquecibles algunhos deles (…) 
Mr. Turner é unha das mellores… " 
Carlos Boyero (
El País) 
 
 
 
 
 
Resumo da programación: 
abril 2015 [.pdf • 221 kB]
Engade a nosa programación ao teu 
calendario [.ics · 397 kB] 
 
Sesións na Biblioteca Pública:
Os 
luns ás 20:30 e 23 
h.* — Cota de sostenemento de actividade, no acceso para socios/as: 2 
€; non asociados/as: 2'5 
€ (+ 
IVE)
Os 
martes e 
xoves ás 20:30 e 23 
h. — Cota de sostenemento no acceso para socias/os: 2 
€; non asociados/as: 2'5 
€ (+ 
IVE)
Os 
mércores ás 18, 20:30 e 23 
h — Cota de sostenemento no acceso para socios/as: 4 
€; non asociados/as: 5 
€ (+ 
IVE)
* Agás o luns 20 de abril, unha única sesión ás 20:30 h.
Bonificacións: os socios e socias teñen reducción dun euro na cota de sostenemento no acceso dos mércores, se asistiron nesa mesma semana, ao luns de filmoteca
Lugares:
Biblioteca pública (casa da Cultura), rúa Concello 11
Café cultural Auriense, praza do Correxedor 11.
Sesións os días 9 e 23 de abril ás 20:30 
h — acceso de balde.
Café cultural «
El Pueblo», rúa Samuel Eiján 1.
Sesións os días 7, 14 e 21 de abril ás 20:30 
h — acceso de balde.
Café 
pop Torgal, rúa Celso Emilio Ferreiro 20.
Sesións os días 16, 17 e 24 de abril ás 20:30 
h — acceso de balde.
Proxeccións en 
VOS (agás cando se indique o contrario) ao castelán e galego; os filmes, polo xeral, non son recomendados para menores de 13 anos. 
Non se permite o acceso ao salón de actos da Biblioteca, unha vez comezada a proxección.
 
 
Lembrade que, temos propostas e liñas abertas á vosa colaboración e participación:
- Animádevos a presentar algún dos filmes programados (lígase despois, bbfff…unha barbaridade…,hai unha chea de recoñecemento social, fanche descontos, entras gratis á sesión, invitamos a unha caña… etc.)
- Queremos por en marcha o Ambigú do cineclube na biblioteca (un espazo de reflexión e debate sobre as películas programadas ou as que hai en depósito na biblioteca)
- Tes ao seguir estas liñas, todo  o espazo do mundo, para comentar, suxerir ou espallar polas redes sociais, aquelo que consideres xusto e necesario. O apreciamos con sinceridade e propósito de enmenda.
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas…
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».