mércores 6 de maio, na Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: ás 18, 20:30 e 23 h., cota xeral socios/as de 4 € (non socios/as: 5 € + IVE), o filme
Velo avance do filme: You Tube[.mp4 • 18'5 MB] VOS
Título: «Timbuktu» · Le chagrin des oiseaux
Ano: 2014 País: Mauritania Director: Abderrahmane Sissako Guión: Abderrahmane Sissako e Kessen Tall Música: Amin Bouhafa Fotografía: Sofian El Fani Reparto: Abel Jafri, Hichem Yacoubi, Kettly Noël, Pino Desperado… Duración: 100 min. Producción: Armada Films | Dune Vision | Les Films du Worso Distribuidora: Golem Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS Idioma: árabe, francés, inglés, bambara, songai e tuarague (tamasheq) · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:
Ano 2012, a cidade maliense de Tombouctou caeu en mans de extremistas relixiosos. Kidane vive tranquilamente nas dunas coa súa esposa Satima, a súa filla Toya e Issam, un pícaro pastor de 12 anos. Pero na cidade os habitantes padecen o réxime de terror imposto polos yihadistas: prohibido escoitar música, rir, fumar e até xogar ao fútbol. As mulleres convertéronse en sombras que intentan resistir con dignidade. Cada día, uns tribunais islamistas improvisados lanzan sentenzas tan absurdas como tráxicas. O caos que reina en Tombouctou non parece afectar a Kidane até o día en que accidentalmente mata a Amadou, un pescador que acabou coa vida da súa vaca favorita. Agora debe enfrontarse ás leis impostas polos ocupantes estranxeiros.
Premios e mencións: 2014 · Premios Oscar™: nominación mellor filme de fala non inglesa :: Premios César®: 8 nominacións, 7 premios incluíndo mellor filme e director :: Festival de Cannes: sección oficial longametraxe a concurso :: Festival de Chicago: mellor director :: Satellite Awards™: nominación ao mellor filme de fala non inglesa.
Crítica:
"É o retrato máis arrepiante e con sensación de veracidade que vin sobre o yihadismo (…) É gozoso que este filme o realizou un musulmán tan intelixente como indignado…" Carlos Boyero (El País)
A cota xeral para socios e socias na «sesión de filmoteca» é de 2 €, co resgardo do luns, tes 1 € de desconto nesta semana, na sesión do mércores, non aplicable no caso de sesións con cota de balde; deste xeito tes dous filmes por 5 €.
Para os non asociados/as, a cota xeral é de 2'5 € (+ IVE) os luns, 5 € (+ IVE) os mércores, e non se aplican descontos; xa estás a tardar (moito) en facerte socio/a!
E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións. Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas…
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».