Proxéctase os mércores dos meses de maio—xuño de 2015, na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: 18, 20:30 e 23 h; 
a cota xeral de acceso para os socios/as é de 4 €, non socios/as de 5 € (+ IVE) os mércores, tendo a posibilidade de bonificación dun euro, se asistes nesa mesma semana ao «luns de filmoteca»
 
mércores 6 de maio do 2015
Sesión especial e urxente!
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 18'5 MB] VOS
 
Título: «Timbuktu» · Le chagrin des oiseaux 
  
Ano: 2014
País: Mauritania
Director: Abderrahmane Sissako  
Guión: Abderrahmane Sissako e Kessen Tall 
Música: Amin Bouhafa 
Fotografía: Sofian El Fani  
Reparto: Abel Jafri, Hichem Yacoubi, Kettly Noël, Pino Desperado…  
Duración: 100 min.
Producción: Armada Films | Dune Vision | Les Films du Worso 
Distribuidora: Golem 
Exhibición: Dixital (BD) · Cor  · Ratio 2.35:1  · Dolby dixital HD-DTS 
Idioma: árabe, francés, inglés, bambara, songai e tuarague (tamasheq)  · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:
  
Ano 
2012, a cidade maliense de 
Tombouctou caeu en mans de extremistas relixiosos. 
Kidane vive tranquilamente nas dunas coa súa esposa 
Satima, a súa filla 
Toya e 
Issam, un pícaro pastor de 12 anos. Pero na cidade os habitantes padecen o réxime de terror imposto polos 
yihadistas: prohibido escoitar música, rir, fumar e até xogar ao fútbol. As mulleres convertéronse en sombras que intentan resistir con dignidade. Cada día, uns tribunais islamistas improvisados lanzan sentenzas tan absurdas como tráxicas. O caos que reina en 
Tombouctou non parece afectar a 
Kidane até o día en que accidentalmente mata a 
Amadou, un pescador que acabou coa vida da súa vaca favorita. Agora debe enfrontarse ás leis impostas polos ocupantes estranxeiros.
Premios e mencións:
2014 ·  Premios 
Oscar™: nominación mellor filme de fala non inglesa :: Premios 
César®: 8 nominacións, 7 premios incluíndo mellor filme e director :: Festival de 
Cannes: sección oficial longametraxe a concurso :: Festival de 
Chicago: mellor director :: 
Satellite Awards™: nominación ao mellor filme de fala non inglesa.
Crítica:
 
"É o retrato máis arrepiante e con sensación de veracidade que vin sobre o 
yihadismo (…) É gozoso que este filme o realizou un musulmán tan intelixente como indignado…" 
Carlos Boyero (
El País)
 
 
 
 
mércores 13 de maio do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 15 MB] VOS
 
Título: «Turist» · Fuerza mayor 
(Forza Maior)  
Ano: 2014
País: Suecia
Director: Ruben Östlund  
Guión: Ruben Östlund 
Música: Ola Fløttum  
Fotografía: Fredrik Wenzel e Fred Arne Wergeland 
Reparto: Johannes Kuhnke, Lisa Loven Kongsli, Vincent Wettergren, Clara Wettergren… 
Duración: 120 min.
Produtora: Plattform Produktion | Swedish Film Institute | Film I Vast | Essential Filmproduktion 
Distribuidora: Golem 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby Dixital  HD-DTS 
Idioma: danés, noruegués, francés  e sueco  · VOSE (versión orixinal subtítulada en castelán)
Sipnose:
  
Unha familia pasa as vacacións de inverno nos Alpes. O sol brilla e as pistas están magníficas, pero mentres comen nun restaurante, prodúcese unha avalancha que asusta aos clientes. A nai chama ao seu marido para que a axude a salvar aos seus fillos, pero el fuxiu para salvar a súa vida. A avalancha detense diante do restaurante, sen ocasionar danos, pero o universo familiar xa rachou. 
Tomas (
Johannes Kuhnke) buscará desesperadamente recuperar o seu lugar de pai de familia.
Premios e mencións:
2014 · Premios Globos de Ouro: nominación ao mellor filme de fala non inglesa :: Premios do cinema Europeo: 2 nominacións, incluíndo mellor filme :: Premios 
Guldbaggen (Estocolmo): 6 premios incluíndo mellor filme e director :: Festival de 
Cannes «
Un Certain Regard»: premio do xurado :: Festival de Sevilla: Xiraldillo de ouro ao mellor filme e mellor guión :: 
Independent Spirit Awards: nominación ao mellor filme estranxeiro.
Crítica:
 
"Esta brilante e brutalmente divertida derriba da compracencia burguesa, os estereotipos e suposicións de xénero e a ilusión golpea na fraxilidade humana de xeito tan implacable como calquera película de 
Michael Haneke."
Stephen Holden (
The New York Times) 
 
 
 
 
mércores 20 de maio do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 10'3 MB] VO
 
Título: «Negociador» 
  
Ano: 2014
País: España
Director: Borja Cobeaga  
Guión: Borja Cobeaga 
Música: Aránzazu Calleja 
Fotografía: Jon D. Domínguez 
Reparto: Ramón Barea, Josean Bengoetxea, Carlos Areces, Melina Matthews … 
Duración: 80 min.
Produtora: Sayaka Producciones Audiovisuales | Telecinco Cinema 
Distribuidora: Avalon 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS 
Idioma: castelán  · VO (versión orixinal)
Sipnose:  
Manu Aranguren, un político vasco, exerce de interlocutor do goberno español nas negociacións con 
ETA. En lugar de asistir, tal como esperaba, a un acto solemne e calculado, pronto verá que as casualidades, os erros ou os malentendidos marcan o diálogo entre ambas partes e que a relación persoal entre os negociadores será clave para a resolución do conflito. Comedia baseada nas negociacións entre o presidente do 
PSE—
PSE vasco, 
Jesús Eguiguren e 
ETA en 
2005 e 
2006.
Premios e mencións:
2014 · Festival de San Sebastián: 
Zinemira-Zabaltegui e premio 
Irizar (cinema Vasco). 
Crítica:
 
"Unha obra que non busca a risa sempre e custe o que custe, aínda que atope incluso a gargallada, senón un humor dointe, negrísimo, brilante, tráxico e atroz (…) «Negociador» é un triunfo."
Javier Ocaña (
El País)  
 
 
 
 
mércores 27 de maio do 2015
 
Velo avance do film: 
You Tube [.mp4 • 33'4 MB] VOS
 
Título: «Pride» · Orgullo 
  
Ano: 2014
País: Reino Unido
Director: Matthew Warchus  
Guión: Stephen Beresford  
Música: Christopher Nightingale 
Fotografía: Tat Radcliffe 
Reparto: Ben Schnetzer, Monica Dolan, George MacKay, Bill Nighy… 
Duración: 120 min.
Produtora: Calamity Films 
Distribuidora: Golem 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS 
Idiomas: inglés  · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:
  
A finais de 
1984, sendo primeira ministra 
Margaret Thatcher, o Sindicato Nacional de Mineiros (
NUM) convoca unha folga. Durante a manifestación do orgullo gai en Londres, un grupo de lesbianas e gais dedícase a recadar fondos para axudar ás familias dos traballadores, pero o sindicato non acepta o diñeiro. O grupo decide entón poñerse en contacto directo cos mineiros e van a unha aldea de Gales. Empeza así a curiosa historia de dúas comunidades totalmente diferentes que xúntanse por unha causa común.
Premios e mencións:
2014 · Globos de Ouro: nominación mellor filme comedia ou musical :: Premios 
BAFTA: mellor debut dun escritor, director ou productor británico.
Crítica:
 
"Un filme feito para gustar ao público, no mellor sentido (…) «
Pride» non é sutil cando sinala os seus propósitos, porén por desgraza, son temas que aínda necesitan sinalarse… " 
Peter Travers (
Rolling Stone) 
 
 
 
 
mércores 3 de xuño do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 19'7 MB] VO
 
Título: «Mr. Kaplan» · Kaplan 
  
Ano: 2014
País: Uruguai
Director: Álvaro Brechner  
Guión: Álvaro Brechner 
Música: Mikel Salas 
Fotografía: Álvaro Gutiérrez 
Reparto: Héctor Noguera, Néstor Guzzini, Rolf Becker, Nidia Telles… 
Duración: 98 min.
Produtora: Baobab Films 
Distribuidora: Avalon 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital 
Idiomas: castelán · VO (versión orixinal)
Sipnose:
  
Trala 
II Guerra Mundial (
1939—
1945), o vello xudeu 
Jacobo Kaplan fuxiu a Sudamérica. Descontento co seu novo rabino, a súa comunidade, a súa familia e a súa vida e temendo morrer e non ser recordado, con case 80 anos decide, coa axuda dun policía retirado, dar un envorco á súa vida. Emprende entón unha aventura singular: capturar a un vello alemán, dono dun restaurante, porque está convencido de que é un antigo oficial nazi. O seu obxectivo é levalo a Israel. Así contribuirá a recuperar o orgullo e a dignidade da comunidade xudía.
Premios e mencións:
2014 ·  Premios 
Goya® e Premios Ariel
® (México): nominación ao mellor filme hispanoamericano :: Festival Internacional de Cine de 
Mar del Plata (Arxentina): selección oficial (competencia Latinoamericana) :: Festival de 
La Habana (Cuba): selección oficial longametraxes a concurso.
Crítica:
 
"Non é difícil adiviñar cara a onde se dirixe esta comedia de humor negro, pero toma un camiño divertido.… " 
Leslie Felperin (
The Hollywood Reporter) 
 
 
 
 
mércores 10 de xuño do 2015
 
Velo avance do film: 
You Tube [.mp4 • 18'6 MB] VOS
 
Título: «Mita Tova» —The Farewell Party— · La fiesta de despedida  
(A Festa de Despedida) 
Ano: 2014
País: Israel
Director: Tal Granit e  Sharon Maymon  
Guión: Tal Granit e Sharon Maymon 
Música: Avi Belleli  
Fotografía: Tobias Hochstein 
Reparto: Ze'ev Revach, Aliza Rosen, Levana Finkelstein, Raffi Tavor… 
Duración: 95 min.
Produtora: 2-Team Productions | Pie Films | Twenty Twenty Vision Filmproduktion 
Distribuidora: Caramel films 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS 
Idioma: hebreo  · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:
  
Nunha residencia de anciáns, un grupo de amigos constrúe unha máquina para practicar a eutanasia co fin de axudar a un amigo doente terminal. Pero cando se estenden os rumores sobre a máquina, outros anciáns pediranlles axuda, o que lles suscita un dilema emocional e implícaos nunha aventura disparatada.
Premios e mencións:
2014 · Festival de Venecia: premio do público :: 
Seminci: Espiga de Ouro (mellor filme) e mellor actriz (
Aliza Rosen).
Crítica:
 
"Unha conmovedora e provocativa dramedia (…) Cun ideal elenco de talento septuaxenario, un sentido visual finamente pulido e unha magnífica sincronización de comicidade irónica e diálogo… " 
Alissa Simon (
Variety)
 
 
 
 
Lembrade que non se permite a entrada unha vez comezada a proxección e os filmes do ciclo non son recomendables a menores de trece anos.
E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados para este ciclo, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moitísimo os vosos comentarios. Agardamos que gocedes e sexades partícipes do cineclube, sen vós non somos nada.
¹
Aquelas proxeccións con aviso de cota de acceso de balde, para os socios e socias, non exime de solicitarlle aos non asociados/as, que liquiden os oportunos custes proporcionais de mantenemento, e da actividade xeral do cineclube, xunto co 
IVE actual do 21
%.
 
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas…
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».